Esto é sobre unha competición entre dous peixes. Como nós temos romerías e festas, os peixes tamén teñen romerías mariñas e nunha destas pois, bueno, alí se xuntaron pois entre bonitos, cabalas, chicharrós, maragotas todos estes peixes que hai na nosa costa toda non? E había un deles que era moi fachendoso e chamábanlle a Toliña. A toliña sempre dice, dicía que era a máis rápida, a que corría máis e todo esto. Nadaba máis rápido que naide. Outros peixes coma o bonito dicía que, bueno, que tamén teñen moita velocidá e que podían tamén competir con eles. Pero naide se atrevía a competir precisamente ca toliña porque bueno, todos sabían que era moi rápida. Hasta que nese, nesa reunión pois saleu d'alí un sargo destes vellos que hai nas rochas que xa levan anos alí metidos nas covas e dixo, pois eu, eu non estou de acuerdo contigo, eu creo que os sardos somos máis rapidos que as toliñas. Todos se quedaron asombrados dicindo: esto é imposible, como vai ser un sargo como vai ser máis rápido que unha toliña e tal, entón pois bueno pois decidiron pois facer unha competición entre o sargo e mas a toliña.
Entón como este, estes peixes pois dixeron, bueno, vamos poñer un día, vamos poñer un sitio para salir e outro para chegar. Así o fixeron e como estamos falando da península ibérica eles o que decidiron foi unha competición o que é ao redor da península. Empezar no cabo (Pachichaco) e acabar no cabo de Creus. Asi o fixeron, puñeron un día e puxéronse os dous na salida desta, desta competición. Deron o pistoletazo de salida e aí saliron. A toliña saleu, bueno ho!, disparada pero o sargo deu media volta e meteuse nunha cova que era o seu sitio. A toliña, bueno, corría que se mataba. Pasou Pachichaco pasou/ chegou a Peñas e tiñan, eles tiñan unha, habían quedado en que según iban pasando polos cabos o que primeiro chegaba dicía "aquí estou". Efectivamente, cando chegou alí a toliña dice: tolina va! E saleu o sargo do furado e díxolle sargo está. E dixo coño este anduvo, xa está aquí antes que a min.Sigueu pa diante, sigueu pa diante chegou a estaca e ortegal: tolina va! E dice o sargo: sargo está. A toliña sigueu chegou a Fisterra pasoulle o mismo, pasou toda a costa de Portugal e dixo a toliña: nada, aquí na costa de Portugal que va, uf, co mal tempo que hai, o sargo vaise quedar a medio camiño, chegar eu aló a San Vicente e xa, xa lle teño gañado! Pero chegou ó cabo de San Vicente alí a baixo ((sinala un punto no mapa)) pasa a tolina: toliña va! Saleu o sargo: sargo está!
E entonces xa a toliña estaba reventada. Bueno, pasou o estreito, Tarifa, o cabo de Gata, Palos, la Nau, pasoulle o mismo. A verdá é que xa desconfiaba, xa dicía a toliña aquí algo raro pasa porque eu cada vez que paso o sargo xa está. Efectivamente, chegou a, ao final ao cabo de Creus e dice a toliña: toliña está e dice o sardo: ai eu aquí estouche esperando, xa estou aquí tamén. E así se acaba o conto. Eu diríavos que o conto é porque a toliña é un peixe, un mamífero que vai e ben, é dicir, que non é un peixe estacional. Polo tanto, hoxe vémola aquí mañá noutro sitio. Pero o sargo está todo o ano e está en todas as rochas nosas. Polo tanto é un peixe que sempre vive na rocha por eso dice cando pasaba a toliña dice: o sargo está. E nada máis, moitas gracias.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro