Se refire, pois bueno, a unha aldea que eu non sei se coñecedes a Breva, a praia da Breva. Hai alí mui cerquiña hai unha praíña que se chama Alegrín, un areal, un pequeno areal, anque bueno, mais ben un pedregal hoxe. I alí fai varios centos de anos había pois un pobo que vivían todos mui felices, de aí o nome Alegrín. Vivían...pero que pasa que non permitían que ningún estranxeiro formara parte do seu círculo.
Un bo día, unhos mariñeiros saían a primeira hora da mañán i atoparon alí na praia, un home, alí pois bueno, alí tirado, medio morto i o home suplicoulle axuda. Eles temerosos, claro, era un estranxeiro, que fixeron? Pois, nada, a estes non lle damos nin auga nin nada o que temos é que afastalo para que non nos...traiga o mal aquí para, para o pobo. Entonces colleron unha barca e hai un illote que se chama Gaveira, que queda a menos de media milla alí da costa e levárono para alí, alí o abandonaron.
Bueno, volveron, pero esa noite algo nunca visto, porque alí nunca pasaba nada sempre era bo tempo e todos felices pois unhas treboadas que vamos que nin os nenos sabían o que era iso. A xente, medoñenta, empezou a pechar as fiestras, a meterse dentro, a ir ás casas i con isto sentiron un estrondo enorme, un estrondo enorme tamén, o mar nunca o producira, viña do mar. Empezaron a asomar alí detrás da fiestra i unha gran ola que sae do illote de Gaveira vén i arrasa a praia. Disque, pois que non se sabe mui ben si o que causou o fenómeno era Santiago ou Santo André, hai dudas non? Hai dudas. O certo é que desapareceu o pobo i hasta hoxe. Hai un cementerio, un lugar mellor dito que se chama a Couga que queda alí moi pretiño, i desto os veciños xuran que é certo, e...que era o antigo cementerio dos habitantes de Alegrín.
Pois din que cando chega a semán santa pois tódalas noites sinten as badaladas da campá, pois bueno, como moitas campás que hai esparexidas por Galicia é o seu laído, o seu choro polo que aconteceu.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro