Somos do Porto Alegre
preto dos (Farellós)
donde hai percebes moitos
e moitos mixilóns
Lonxe, mui lonxe
foise meu pai
Chora que chora
quedou miña nai
Somos as orfas
de emigración
quen nos abate
non ten corazón
Somos fillas de a plaia
ollando sempre o mar
por ver se as súas ondas
nos traen que contar.
E cando sopla o vento traidor
ninguén se agacha porque hai valor
no hai que poñerse di o refrán
cos mariñeiros de san Ciprián.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro