Foi unha pailaniña pa Madrid e cando veu, viña de Madrid e claro viñan no coche e díxolle o home: colle esa garrafa pa levala, pa levarlle viño! Entonces viñeron polo camiño adiante e chegaron aquí donde lle pareceu que había bon viño e, e nesto a pailaniña iba durmida e despertou e veu que, que había así un furado nun monte e díxolle: Para, para, para que aí hai unha bodega! E entonces, claro, o coche foi parar lonxe e a pailaniña colleu a garrafa corre, corre, corre pa meterse dentro. E, e non fixo caso nin leu letreiros nin nada. Métese dentro e dice, chega a un mostrador pequeniño e dice: señora, aquí se trabaja después de las doce de la noche. E a pailaniña está alí. E ves, a pailaniña sigueu vivindo alí. Que che parece?
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro