Xacobe do Armadoiro
e mais Pepa da (Anellada)
foron vender un conexo
á feira que houbo en Lousada
Xacobe foi vender ovos
e Pepa quedou co cesto
e vén pra comprarlle o bicho
Farruco do Corcoesto
Canto ques polo cabrito
no é cabrito que é conexo
non llo conoce nos ollos?
Eu os ollos non llos vexo
Pois mira aquí ten un atrás
e o outro teno deste lado
e si quer verlle o máis guapo
Con perdón
ten que levantarlle o rabo
Farruco pilla o conexo
coas pernas carpeando
e deixouno cego dun ollo
e do outro quedou chorando
Farruco tirou con forza
o conexo contra a xente
berrou: aparten quen vén
que este bicho vai doente
e foille batir a unha vella
que estaba no chao sentada
e parteulle un cesto de ovos
e mais tiroulle a dentada
Enriba dun croio grande
que a vella tiña alí ao lado
e deu en berrar a vella:
quen foi ese disgraciado?
E nesto chégase Pepe
buscando no conexiño
e deulle a vella un couce grande
e espateloulle o fuciño
I as mulleres do meu conto
van pra a casa sin parar
Xacobe fixo unhas papas
(incomprensíbel) de cenar
Xa hai no pote (incomprensíbel)
acaban (incomprensíbel) de ferver
Xacobe (incomprensíbel)
e as papas foinas comer
Dous cazolos que tiña
que trouxera de Momán
que levaban sete cuncas
das máis grandes que se fan
E seique lles botache grasa,
dixo Pepa da Anellada
a min moito me souperon
e encontrei unha tallada
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro