Iban os nenos pá escuela e pasaban por cabo dun velliño que oía moi mal e dicíanlle: alabado santísimo sacramento. E el non os oía e non dicía nada. E pensaba: eses nenos moi sinverguenzas son que non me dan o alabado, pois heillo dicir aos pais pa que os, pa que os eduquen. E bueno, o velliño foi cabo dos padres e díxolles:
- Os vosos fillos son mui sinverguenzas porque pasan por xunto de min e non me dan o alabado.
E viñeron pa a casa e os pais reñéronlles:
- E vosoutros non lle dades o alabado ao tío Agustín!
- Ai, damos, damos, pero el non nolo contesta. Ai mira como lle foi leva-la chivatada sin ser verdá, pois agora cando pasemos hoxe habémoslle berrar a el. E pasaron, pasaron un fato de nenos e dixéronlle:
- Alabado santísimo sacramento tío Agustín. Ai, engañeime. Que o leve o demo, tío Agustín!
- Para siempre amigas, para siempre!
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro