
Polafía: Vilar de Santos (Ourense)
Lugar: Museo da Limia
Data: 24 de novembro de 2007
Informante/Intérprete: José Novoa
Idade no momento da gravación: 75 anos
Xénero: Muiñeira-vals
Clasificación tipolóxica: Melodía instrumental de baile.
Gravado por: Ollo de Vidro
Editado por: Enxeño
O tocador amece dúas pezas diferentes que non identificamos pero os xéneros musicais son moi claros. É unha peza curiosa en que as frases melódicas teñen pouca cuadratura, segundo as tipoloxías usuais.
Na comarca da Limia chaman "vals" a ese xénero de baile que noutras zonas de Galicia (a provincia de Pontevedra, por exemplo) chaman valse.
Asesor musical: Juanjo Fernández