Boas noites rapaciños
e xente da miña idade
eu vos poño a Manuela
para que lea o que eu escrbiín
que eu me poido enganar
e aquí moita xente me pode marmurar
eu son unha muller que
nin canto, nin bailo
nin toco a guitarra
solo veño a falar
da miña vida privada
espero que o pasedes ben
que esa é a miña intención
anque non o creades
fágoo de corazón
A miña vida ten unha historia
que deu moito que falar
aínda que os que non o sabedes
agora vola vou contar
A miña crianza foi esta vestida
como me vedes, máis ben mal amañada
aínda que despois de todo
hoxe non traigo a roupa rachada.
Vou empezar pola escola
porque se vou máis atrás
teño moito que contar
Teño dous irmáns máis novos
que xa os tiña que coidar
levantábamonos pola mañá
que xa nos chamaban a tempo
para (incomprensíbel) o toxo ás vacas
e comer o desayuno
que por norma era
unha taza con papas
E saíamos correndo pasando polo Cordal
e Deus nos libre que non soubéramos falar
que á xente habíaa que saudar dicindo
"alabado seas santísimo sacramento do altar"
e chegábamos á escola
co catecismo na man
cansados de estudiar
e moitas veces co medo
non podíamos nin falar
Presentábase o maestro
coa vara encima da mesa
para o que non obedecera
rompíalla na cabeza
En canto chegaba o verán
os homes emigraban a Castilla
as mulleres queimábamos a roza
e arreglábamos a máis vida
Cando empezaba o mes de agosto
comezábamos a sega
e despois depurar a herba
e a continuación as mallas
con tanto polvo e tanto traballo
eramos moi esclavas
Pasa o mes de San Martiño
deixo moitas cousas sin dicir
que por falta de tempo
non as puiden escribir
En canto chegaba o inverno
viña a nosa diversión
coa roca para fiar
e as (incomprensíbel) para cargar
e un pucheiro de leite
para despois poder cear
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro