Bueno a historia é que como todos ben coñecedes existe San Andrés de Teixido alá en Cedeira, pero que ocurre, antiguamente pois aquí, preto de aquí no lugar de / hai un lugar que se chama Teixido, da parroquia de Lousada do concello de Xermade. Entonces alí había unha capela donde existía o Santo San Andrés, que todavía hoxe da nombre á misma parroquia.
Aquelo, aqueles lugares todos eran propiedá dunhas marquesas pero tras unha indisposición co crego que había naqueles tempos cabreouse e aquela noite desapareceu san Andrés, entonces a partir de aí pois pasou a San Andrés o outro Teixido, pero dice unha prima miña que non é unha lenda, que é verdade que San Andrés foi de aquí de Lousada i despois o roubaron e o levaron pa Cedeira i jodeunos un gran negocio que cos cartos que (incomprensíbel) seríamos afortunados todos.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro