Eu sempre lle teño escoitado ós maiores da parroquia que a Pena do Encanto, situada despois da Pena de (incomprensíbel), unha vella subida na cabeza fiando unha roca de lá. Foi colocando as pedras unha a unha enriba da outra, e cando rematou converteuse nunha meiga e de aí a lenda do encanto que subía / o que subía alí (incomprensíbel) despois enmeigaba e alí quedaba.
Eu conozo dous rapaces que subiron alí, eu conozo...non se sabe en que prenderon, cando quixeron baixar tiráronlle da chaqueta e víronnos a demostrar que era certo, porque eles baixar baixaron pero levoulles moito tempo.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro