- Según me contaba un irmao meu e contáballe a súa avoa, o sea, había un cego andaba por aí pedindo e co seu violín e tal e entonces pois foi á Touza e na Touza había un a cada barrio que non era o Ramos, que en paz descanse (incomprensíbel) e chegaron alí e non lle deron casa cuberta. Entonces veu por aí adiante e arrancou cara, cara o rego. Na (incomprensíbel), que conocemos os que somos de aquí, había unhos pasos que non había carretera nin había nada. E que pasou? Pasou os pasos e levaba o violín, e non sei se levaba o lazarillo ese ou o cadelo pero bueno, pasou o paso e veu a enchenta e viu a enchenta e os que vivimos aquí que é unha isla alí, chámanlle a isla, bueno a isla (incomprensíbel) meu abuelo , aí o enterraron, porque? Porque pa tapar todo a xusticia, cando viñera a xusticia aí está enterrado, según me contou meu irmao que lle contara a abuela, e á abuela contoullo a mai da abuela, osea que esto vén de moi lonxe... e nada máis.
- Vese que estar cos veciños asusta porque o conto non acababa así. Ao parecer cando fai aire non sei que pasa aí nese sitio.
- Bueno non sei, eu xa non me acordo.
- Díxome, díxome e cando fai aire as, as ,as pólas dos, dos árboles parece que tocan como o violín.
- Exactamente. Non me acordaba ho,
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro