Sempre dixen que Galicia
ten de todo e do mellor
é un lugar moi fermoso
tranquilo e acolledor
As frores daqueles toxos
as amouras das silveiras
que comín cuberto
cun mandil feito polas costureiras
As fontes bótanlle auga
saben que vimos suando
pa que bebes un ratiño
e que sigas traballando
Carballos e castiñeiros
que tanto oxíxeno dan
pa que poidamos vivir
traballar e come-lo pan
Cando atraveso polos prados
cheiro moitos olores
miro arredor de min
e tópome rodeado de flores
Abelaíñas e abellas
que non me deixan andar
parece coma se algo
me quixesen ensinar
Non hai forasteiro ningún
despois de nos vir visitar
que non lle sentise dicir
que pra o ano ían voltar
Bo leite e boa manteiga
chourizos e bos xamós
e un laconciño con grelos
mira que che están moi bos
Sen falar dos freixós
da chacheira, do repolo
das castañas e das orellas
que volven a un tolo
Como non ían voltar
os turistas e os estranxeiros
pois pa enche-lo bandullo
Galicia, o mellor do mundo enteiro
Iso sin falar das romerías,
das festas e das foliadas
as verbenas e as tabernas
onde se fan moitas trouladas
Cando nos xuntabamos todos
nas casas dos veciños
pa espallar no millo, fiar na lá
e come-lo touciño
Ao carón dunha lareira
quentaban ben os tizós
mentres uns debullaban o millo
outros quentaban os rexós
recordo aquelas cantigas
que algúns vellos canturriaban
as vellas regueifas
e os contos que relataban
Todo con boa intención
era pa pasa-lo tempo
as noites eran moi longas
escorrentábamos o aburrimento
A pesar dos traballos
que antes pasabamos
estabamos desexando
chegar á noite e xuntarnos
Agora a xogar a partida
o tute, a escoba, a veces a brisca
aínda que (incomprensíbel)
anque perderan a vista
daquela non había colchós
como os que hai hoxe en día
eran (incomprensíbel) recheos de folla
de lá, ou do que había
Picábache todo o lombo,
daba igual que rascaras ou non
as mantas eran de estopa
e a almofada (incomprensíbel)
As colchas e sabas tecíanse no tear
daquela facíanse na casa
de trapos, de (incomprensíbel) ou de liño
que a tea andaba escasa
E que dicir do panciño,
esos bolos tan feitiños
coa fariña da nosa cosecha
a tosta e a empanada de touciño
o que veña coñecernos
leva unha boa sorpresa
atopa boa xente
e un bon plato na mesa
Xa o dicía miña nai,
unha cousa ben certa
alí por onde vaias e veñas
deixa sempre a porta aberta
Galicia é miña terra
terra que me viu nacer
e quixera, cando Deus o mande,
nela puidera morrer
Todo o que aquí escribín
non o deixo como aguinaldo
déixoo para quen o lea
por se lle serve de algo
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro