Lois Pérez: Ofelia e Mercedes e,e,e precisamente un pouco ao fío da,a,a desta escolla deste ano da,a,a pra as Letras Galegas, claro, dunha banda, poesía popular ou patrimonio inmaterial de tradición oral e, doutra, e,e,e protagonizada por por mulleres.
E,e,e desde a vosa esperiencia como,o,o integrantes do,o,o de o Equipo Chaira, do traballo que fixestes, e,e,e bueno como como valorabades na,a,a nesas recollidas o papel o papel delas, ou ou ou que protagonismo tomaban nas nas recollidas, ou como eran esa convivencia cos cos cos homes?
Mercedes Salvador Castañer: Normalmente, nunha proporción mui amplia as mulleres son as que re/ as que tiñan máis retentiva, sobre todo en dos romances e,e,e e das cantigas porque aínda que nós no,o,on non publicamo,o,os así, si que había cantiga recollida, i eso as mulleres recordábano porque elas eran as que os aprendían para cantarlle a os nenos, para cantar en casa
María Ofelia Carnero Vázquez: (As foliadas).
Mercedes Salvador Castañer: I elas eran participaban moito nese sentido. Que pasa? Ao mellor, cando había unha reunión mui grande, o,o,os homes tomaban máis protagonismo á hora de contar os contos, e as mulleres quedaban un pouco máis, pero cando ibas polas casas, as mulleres eran as que realmente tiñan, bueno, o exemplo está en Dolores i en outras mulleres que,e,e
María Ofelia Carnero Vázquez: Pero ao principio, pero o principio os os que falan sempre son eles, hasta que non teñen un pouco de confianza, elas non non interveñen, esperan a que fale el, e si el dice que si, pois p'adiante. E tampouco á hora á hora de preguntar tampouco, eu non solía sempre preguntar, sempre preguntaba Antonio porque era como se lle deran máis confianza que preguntara el, que que fai esta rapaza eiquí, mira tu! Claro, daquela era mui nova. E si, ao principio o que preguntaba era Antonio (contaban) e tal, eu despois interviña e tal, pero sempre era il primeiro. I ao principio os que falaban sempre eran eles, despois si, unha vez que tiñas confianza xa daba igual, xa che contaban, pero ao principio,o,o costaba,a,a que elas participaran, si, pero bueno, despois de varias visitas e tal.
Mercedes Salvador Castañer: Si, bueno, eu tamén que estou estaba influenciada polo que recollera con María Castaña, e as mulleres eran as que se botaban a cantar e,e,e i as primeiras que salían a bailar, aínda que os homes eran os que dirixían o baile, elas (recordábanlle): «Pero ti non te recordas que facías esto así?». Eran elas as que tiñan a memoria; o que pasa é que bueno eles despois querían figurar e,e,e os homes eran os que dirixían o baile, pois aquí igual.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: O patriarcado.
Mercedes Salvador Castañer: Á hora de falar cando había unha reunión, os primeiro en falar eran eles.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Superada esa barreira inicial, as que saben son as mulleres.
María Ofelia Carnero Vázquez: Son elas.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: É decir, os repertorios máis amplos i a e o papel de trasmitir correspondeulles.
Mercedes Salvador Castañer: Sempre.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Case sempre, ás mulleres. É decir, esto non quere decir que non haxa homes que saben moito, que trasmitisen, pero normalmente eran as mulleres os que o facían e, polo tanto, a fonte,e,e máis importante desta información.
Mercedes Salvador Castañer: Aprendían os contos...
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: É a miña opinión.
Mercedes Salvador Castañer: Para contarlle aos fillos, aos netos.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Tamén falo da miña esperiencia, a min, os primeiros contos, as primeiras cantigas, os recitados:
—Buxato, buxato, que levas no papo?
—Leite callado.
—Quen cho callou?
—A miña madriña cando se casou.
Quedoume pa toda a vida. Eso quen mo,o,o recitou foi a,a,a a miña bisavoa no? e a miña avoa. Hai unha intervención direta da muller, tamén como recurso educativo, dende a súa presunta,a,a ignorancia cultural nos parámetros establecidos, non? Pero é que e,e,e a sabiduría dunha persoa destas iletrada ou que escasamente foi á escola, e sabe ler malamente, ou non, porque a miña bisavoa era analfabeta, pero tiña na memoria unha cantidade de sabeduría que moita xente letrada non a ten por moito que se esforce, non? Entón, ese papel da muller, eu téñoo claro.
Autor/a da transcrición: e~xenio