Lois Pérez: Como vedes co paso do tempo, porque estades decindo tamén, nalgún momento saíu esto, que non lle daban valor que na, Antonio ao principio dixo que na dende a universidade e,e,e ou dende algún ámbito
Antonio Reigosa Carreiras: Si, si.
Lois Pérez: Da universidade non se lle confería,a,a valor ningún a esa cuestión que soa un pouco ao que se escoita tamén hoxe,e,e,e en día nalgunhas voces que e,e,e veñen a dicir que, dalgún xeito, carece de sentido,o,o. Efectivamente, naquel tempo foi importante recoller e,e,e eses testemuños, non? pero hoxe é como que se quere negar que que ese traballo teña,a,a certa vixencia ou utilidade.
Que que opinades desta,a,a desta corrente negacionista do,o,o do noso patrimonio,o,o inmaterial?
Antonio Reigosa Carreiras: O peor, desde o meu punto de vista, é negarlle a,a,a que sexa e,e,e digamos, parte identitaria dunha cultura, non? Porque eso é, evidentemente unha,a,a, probablemente, nalgúns casos é desde un punto, unha concepción elitista do concepto de cultura por tanto que no,o,on se considera a cultura popular en xeral como non e,e,e merecente de chamarse,e,e cultura, e por outro lado eu creo que é consecuencia, nun porcentaxe alto, de asoluto descoñecemento cando non de prexuízos que aínda é peor, non? con respecto a,a,a se o saber da xente, teoricamente pra algúns, que non está,á,á cultivada, que é analfabeta que no sé que, que eso teña rango de de cultura cando a realidade é que é o o sustrato sobre que asentan toda a cultura, independentemente de que logo veña detrás alguén que,e,e pois é poeta, e,e,e elabora, digamos, unhas composiciós dunha calidade, a que sexa, non? Pero tamén hai poetas populares que probablemente miden os versos moito peor, ou fan rimas un pouco máis tal, pero estase espresando, esactamente e coas mesmas ferramentas, que a,a,a un creador de cultura, e,e,e bueno, máis elaborada ou máis refinada ou como se queira, non?
I é perigoso, eso pasou este ano con respecto ao tema das cantareiras i ao Día das Letras, houbo xente, bueno, coñecida do sistema,a,a literario galego que non se cortou en dicir publicamente: «Inda ha de haber —dixo un, eh!— quen pense que a literatura galego son esas cousas desas vellas». Claro, aí hai!
Lois Pérez: Onte un artigo decía,a,a que que que que resultáballe resultáballe incomprensible a lingua das esa estraña lingua das pandeiretas.
Antonio Reigosa Carreiras: Bueno, pois ou ten problemas de oído ou ten problemas de de doutro tipo, pero,o,o eu creo que se non entendes, ademais, tal como está a lingua, en que situación está o galego en canto a uso social etc. se non entendes que aquí foi onde,e,e asentou a lingua e,e,e e,e,e traspasou os séculos pa chegar ata nós, se non entendes eso, non sei que entendes logo. É que é,é,é mui complicado. A a min parece/ e,e,e e de feito eu creo que todos aprendemos moitísimo falando coa xente, escoitándoos e,e,e tratando de saber que era o que nos contaban, como se encadra dentro dun contesto máis amplo universal etcétera etcétera, pero sobre todo que trascribimos oíndo, aí, cintas e veña cintas e veña cintas, se aprendemos algo mui potente, é a nosa propia lingua; oíndo e escoitando a xente falar e,e,e o seu vocabulario, o seu lésico etcétera, máis alá do conto ou do romance, hai u,u,un unha riqueza lésica, unha capacidade espresiva que eso é fantástico. Esa capacidade non a ten máis que determinada xente que ten, porque non todo o mundo é capaz de espresarse con esa calidade, pero había unha serie de xente que si, i con naturalidade i i i i i i ensinándonos a todos, bueno, o máis elemental do que é unha comunicación oral, no? Porque falar dos recursos que hai xa dentro de cada,a,a narración, de cada conto, de cada romance, que hai recursos espresivos mui potentes, cando te dás conta das reiteraciós de de ca/ as pausas, un montón de elementos que forman parte dunha comunicación oral.
Autor/a da transcrición: e~xenio