Antonio Reigosa Carreiras: O o da,a,a o da Pontenova foi un traballo, ademais o da Pontenova, aparte de,e,e de facer un traballo intensivo,o,o por todas as parroquias, con tratar con moitísima xente etécetera, etcétera, houbo satisfaciós colectivas como por exemplo, cando, bueno, se decidiu que estaba o traballo,o,o rematado, o traballo de campo, eh! e,e,e bueno, animamos ao alcalde a que convocara os veciños a unha,a,a á casa de cultura a,a,a a unha reunión pa dicirlles como fora o traballo, seleccionamos as persoas que nos parecían máis significativas, e,e,e actuaron alí i aquelo foi unha das sesiós máis impa/
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Aquelo estaba cheo, i empezaron a contar cousas alí.
Antonio Reigosa Carreiras: Alí.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Algunhas que non as tíñamos recollidas.
Mercedes Salvador Castañer: Si.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Algunhas eran novas i outras as que xa tíñamos, porque dicen: «Bueno, e,e,e tu vai alí e conta aquelo». Pero no, empezaron a contar o que lles daba a gana, i tal. Aquelo era!
Antonio Reigosa Carreiras: En Arroxo foi unha a única sesión, unha noite de néboa e medo e frío porque alí facía de todo, aquelo, non sei como atinamos pra volver pa casa aquelo era malo porque si, pero foi unha sesión que nos axudou a organizar un rapaz d'alí, Antonio, e,e,e na que estaba a televisión galega. (Incomprensíbel). Non sei pa que.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Foron, fixeron unha pequena reportaxe e marcharon.
Antonio Reigosa Carreiras: Si, pero...
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Pero nós seguimos.
Antonio Reigosa Carreiras: Nós seguimos i i i bueno eso publicouse, eso está publicado. E logo en Chantada si que fixemos moitas máis reuniós, pero todas na mesma casa, que era na casa da Fonte.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: A Casa da Fonte.
Mercedes Salvador Castañer: Da Fonte.
Antonio Reigosa Carreiras: De da parroquia, que non me acordo (ahora) mui ben.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Esmeriz.
Antonio Reigosa Carreiras: Esmeriz. Na casa dunhas señoras, dunha familia,a,a bueno, ben coñecida por alí
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Das irmás do,o,o do escultor e,e,e Rodríguez Osorio.
Antonio Reigosa Carreiras: Rodríguez Osorio (e) irmás, bueno, que tamén temos un material, ademais ese xa se gravou con con minidisc, é dicir, en calidade dixital, xa deixáramos o o casé i o bic de dar voltas, deixáramolo atrás, e pasamos, de feito boa parte da Pontenova tamén se gravou así, que ten unha calidade,e,e grande, agora o problema é,é,é reproducir eses minidiscs, pero bueno, é o que hai, non? I e,e,e publicamos nese período o libro este d,a,a,a polavila na Pontenova, que é unha parte, bueno.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Unha selección.
Antonio Reigosa Carreiras: Pero,o,o.
Mercedes Salvador Castañer: Unha selección, si.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Boa e amplia, pero hai moitas máis cousas.
Antonio Reigosa Carreiras: Si, si. Pregunta que tu estás aquí pra preguntar.
Mercedes Salvador Castañer: Si porque dos contos que nos contaba,a,a Dolores, botaba o marido fóra.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Claro.
Mercedes Salvador Castañer: Porque dice: «Ti sal fóra que non...». e a ti tamén
(Incomprensíbel)
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Si, pa pa contar algunha cousa a min queríame botar fóra porque tiña máis confianza contigo, debían ser temas escabrosos.
Antonio Reigosa Carreiras: Que te botou fóra, claro. Botoute fóra a ti.
Mercedes Salvador Castañer: Eran os contos colorados.
Autor/a da transcrición: e~xenio