Lois Pérez: Quen lembrades daquela,a,a, daquel daqueles anos, dese período,o,o non sei o 92-95 ou de ou dalgún outro posterior, lembrades algú,ú,ún algunha persoa en especial?
María Ofelia Carnero Vázquez: Eu son mui mala pa os nomes.
Lois Pérez: Ou algún lugar?
María Ofelia Carnero Vázquez: Eu lémbrome do que nos contara os contos marabillosos de alí da,a,a...
Antonio Reigosa Carreiras: Da Pontenova.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Ángel.
María Ofelia Carnero Vázquez: Da Pontenova. Daquel señor, aquel aquel era era...
Antonio Reigosa Carreiras: Ese é un caso estraordinario.
María Ofelia Carnero Vázquez: Era fantástico.
Antonio Reigosa Carreiras: Ángel Rivas Veiga.
Lois Pérez: É o do documental de,e,e,e...
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Si.
Lois Pérez: De Almodóvar?
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: É o do documental.
Antonio Reigosa Carreiras: Ese, ese, ese. Bueno.
Lois Pérez: O dos ollos das (Incomprensíbel). Os ollos da (Incomprensíbel)
Antonio Reigosa Carreiras: E que che conten eles doutra señora da Pontenova que ese é un caso tamén.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Si.
Antonio Reigosa Carreiras: Estraordinario.
Mercedes Salvador Castañer: Dolores.
Lois Pérez: Dolores.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Dolores Mar/ Marqués Villarino, parroquia de san Pedro de Bogo, A Pontenova.
Mercedes Salvador Castañer: Era marabillosa.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: O día que chegamos á súa casa, chegamos porque tíñamos un mediador, estiven con el o outro día, (Juanín) cada vez que o vexo, vive en Lugo e párase a falar
María Ofelia Carnero Vázquez: Ah, que era que era.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: O que nos levou.
María Ofelia Carnero Vázquez: Era bedel de,e,e...
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Si, que estuvo en.
María Ofelia Carnero Vázquez: Si, si, si, si. Téñoo visto, téñoo visto.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: E,e,e entón nós íamos a gravar ao home da casa.
Mercedes Salvador Castañer: Ao home da casa.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Que era.
Mercedes Salvador Castañer: Marcelino
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Marcelino Morado Lombardero, que era un home que sabí.a
Mercedes Salvador Castañer: Moito.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Moito.
Mercedes Salvador Castañer: (Moitísimo).
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: E,e,e pero,o,o non especificamente contos, como decía a muller: «Este,e,e». Houbo un momento que o desplazou e dixo: «Este non sabe nada, este é un palimoco. Agora empezo eu».
Mercedes Salvador Castañer: Un palimoco. Si.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Pero, entre coñecelo, e que a muller lle chamase palimoco, e,e,e o home contaba unhas cousas tan ben contadas, é decir.
Mercedes Salvador Castañer: Mui ben. Falaba mui ben.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Cousas de caza, de por alí, pola neve, tal, ou de cesteiros, que era o oficio daquela zona, de como ían pola noite a recoller.
Mercedes Salvador Castañer: E dos traficantes
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: As (pólas), encontraban moito estraperlo.
Mercedes Salvador Castañer: Moito estraperlo.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: I como facían carbón no monte, é decir, todo.
Mercedes Salvador Castañer: (Era) interesantísimo.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Cun luxo de detalles e cunha lingua viva i (estraordinaria), cunha entonación, cun saber contar, non? E,e,e como aquel outro señor de Conforto que nos estaba contando as cousas cunhas lendas do Camiño de Santiago e,e,e fabulosas.
Mercedes Salvador Castañer: Si,i,i.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: I a súa filla, que era unha muller xa dunhos cincuenta anos.
Mercedes Salvador Castañer: Cincuenta anos, si, (por aí).
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Estaba escoitando aquelo, dixo: «Nunca lle escoitei esto na miña vida». A filla estaba descu/ descubrindo todo o que sabía o pai.
Mercedes Salvador Castañer: O pai. Non tiña nin idea.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Que se puxo a falar de todo, de aparecidos naquela casa, de,e,e avisos de morte, de un que estaba na emigración pero viuno pasar abrindo a cancela da casa e ao día seguinte morreu en en Buenos Aires.
Mercedes Salvador Castañer: Si.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: É decir, eso non cho contan así de boas a primeiras. E aquel home contaba. E bueno, imos a Dolores.
Mercedes Salvador Castañer: Dolores era.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Dolores dixo un momento: «Quita de aí que ti es un palimoco. Agora empezo eu». I empezou, e creo que temos, dar a cifra esacta,a,a neste momento,o,o
Mercedes Salvador Castañer: (Incomprensíbel).
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Uns sesenta romances.
Mercedes Salvador Castañer: De a súa cabeza.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Da súa cabeciña, non? E,e,e e,e,e incluíndo un que é un romance que está nun pliego de cordel do século XVII, hoxe é fácil encontrar ese tipo de material en Internet, daquela non tíñamos esa facilidade, as vodas de Marcos de Cabra, i entón a a a señora empezou a recitar, pero eso son oito ou dez folios de romance, eh! e,e,e do pliego de cordel porque numera un banquete e,e,e no que se empeza a comer e cómese de todo, coellos, perdices, i aceitunas en vinagre se acababa.
Mercedes Salvador Castañer: Si,i,i.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: E,e,e. Y vino de no sé dónde! (Tal, tal).
Mercedes Salvador Castañer: Pero ese empezouno varias veces porque.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Empezouno varias veces e interrunpíao porque pero despois recitáballo á sobriña.
Mercedes Salvador Castañer: Si,i,i.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: I a sobriña ía anotando hasta que conseguiu completalo, e xa nos fixemos coa versión completa.
Por certo, coincide e,e,e mui certeiramente con algún prego destes de cordel que localicei, i estache contando eso mesmo cunha memoria prodixiosa. E despois, romances vellos e,e,e de,e,e do romanceiro vello que non son doados de encontrar, que son en castelán, pero de pronto, os interlocutores que dialogan, porque o romance é narrativo, falan en galego ou algús falan en galego i outros en castelán, que si o romance...
Mercedes Salvador Castañer: Si,i,i.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Da Mala sogra, que si o de Santa Iria. Tal. Entonces.
Mercedes Salvador Castañer: E despois ela chegara a,a,a sabía perfectamente cales eran os que más nos interesaban.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Claro.
Mercedes Salvador Castañer: E despois decía: «Bueno, agora vouvos contar un que lle comprei a un cego». O sea que ela xa.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: As historias dos cegos.
Mercedes Salvador Castañer: As historias dos cegos.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Que dice: «Claro, estas comprábamolas nas feiras, ibamos a lindar as vacas e aprendíamolas».
Mercedes Salvador Castañer: I eu aprendíaas de memoria.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: De memoria, pero era con papel, i o outro ao mellor o aprendera dun cego.
Mercedes Salvador Castañer: Claro!
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: —Porque aquí facíamos cegadas! —E eso que era? —Pois eran unhas festas que lle pagábamos a un cego que viña cun violín, e subastábamos unha mazá i entonces estábamos alí toda a noite bailando co violín e,e,e escoitando,o,o e,e,e romances ou cantigas, e cantando—. I entonces, eran cegadas, as foliadas con cegos, que por certo naquela parroquia houbera unhas cegas.
Mercedes Salvador Castañer: Unhas cegas.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Propias de alí, pero eles debían traelos, debían traer ao mellor ao de,e,e Mondoñedo.
Mercedes Salvador Castañer: Si porque falaban.
Antonio Reigosa Carreiras: O Roso.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: O Roso, que falaban del.
Mercedes Salvador Castañer: (Dun) de Mondoñedo.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: I algún outro, proba/ probablemente Flo/Florencio que tamén era.
Mercedes Salvador Castañer: Era da Fonsagrada.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Era daquela zona. Eso.
Antonio Reigosa Carreiras: O,o,o o Roso ese, que non era cego, por certo, e,e,e e do seu acompañante que se chamaba O Mangante, contáronnos historias, das cegadas, que é como lles chaman por alí na Pontenova, ás ás fías logo con cegos, e,e,e que que son do Lazarillo, son historias do Lazarillo de Tormes; eso non quere decir que as copiaran do Lazarillo, é ao revés, é que o Lazarillo se inspirou en temas populares pra,a,a escribir.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Son...
Antonio Reigosa Carreiras: Determinados.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Unha sucesión de cuentecillos tradicionales, eso estudiouno mui ben Chevalier, é decir, O Quijote, e,e,e as obras máis importantes da literatura do século de Ouro, todo o,o,o o xénero picaresco, son sucesiós de contos tradicionais, é decir, con/ chistes, anécdotas dese tipoloxía de conto que se van encadeando hasta formar un corpus, non? E e eso está mui estudiado.
Antonio Reigosa Carreiras: Nós coñecemos en Abadín a unha señora, a Elba Requeijo, Miguel acordarase perfectamente.
Lois Pérez: Que é Mestra da Memoria tamén.
Antonio Reigosa Carreiras: Tamén Mestra da Memoria, que esta muller, que aínda vive, que,e,e e,e,e ela non tiña con que nin na casa lle com/ lle daban pa comprar as historias da feira de Gontán entón comprábaas ao parecer un veciño, deixáballa eh! e na tarde mentres iba coas vacas aprendía de memoria e xa non lles esquenceu nunca máis.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Que esa señora sabía unha versión do Xerineldo, que é un dos romances máis coñecidos, pero mui boa porque o Xerineldo ás veces aparece soldado a outros romances, pero ás veces aparece só, a historia de Xerineldo hasta aí, que os descubre coa espada no medio, na cama, tal; e,e,e pero, despois, esta señora decía: «Es que se declararon las guerras entre non sei quen (Incomprensíbel), e alá vai Xerineldo. No? I que entonces xa nos está contando outro romance que é o da Voda estorbada, porque se van a casar a súa,a,a moza vai casar con outro, i entonces el e,e,e estorba a voda porque comparece por alí, no? i entonces. É que cada peza é un mundo, i a medida que te metes nel, bueno, aparte de de disfrutar moito, e,e,e pois gústache máis e queres máis.
Autor/a da transcrición: e~xenio