Lois Pérez: Que vos chamou,u,u a atención nesa época,a,a despois de do da Fala dos brañegos, que que que che chamou a atención, que vós chamou a atención, que trazo do que recollestes, ou que aspectos vos chamaron especialmente a atención?
Mercedes Salvador Castañer: Que nos, nos chamou a atención deles?
Lois Pérez: Si.
Mercedes Salvador Castañer: O cambio de actituz que i o orgullosos que se sentían despois de de contarnos cousas, do esforzo que facían por por recordar as cousas tal como eran, e ademais decían: «Non era así, ho, era deste xeito!». O sea, entre eles facíanse,e,e pícabanse uns aos outros para para que o conto quedara o máis completo posible.
Antonio Reigosa Carreiras: Como na,a,a como na vida.
Mercedes Salvador Castañer: Si.
Antonio Reigosa Carreiras: Quero decir, nunha conversa natural pasan esas cousas.
Mercedes Salvador Castañer: A facilidade coa que despois de tempo podías chegar a eles. Era unha familiaridade tan cercana como podía ser alguén da túa familia. Era era estupendo, era,a,a...
Antonio Reigosa Carreiras: Pero sabes unhas unha das descubertas fantásticas, polo menos pra min, eles dirán, descubrir que o que estábamos recollendo, en moitos caso ademais era primicia, era novidade, era,a,a única versión de o que se, porque eso máis ou menos controlábamolo do que se levaba publicado das recollidas de Galicia, pero descubrir que toda esa literatura formaba parte dunha literatura universal.
Mercedes Salvador Castañer: Universal.
Antonio Reigosa Carreiras: Catalogada, e logo vas avanzando na investigación etcétera, e vas descubrindo que se conta en Arxentina, en Rumania, en Rusia, que xa o contaban os chineses...
Mercedes Salvador Castañer: En India, na India, hai referencias.
Antonio Reigosa Carreiras: Etcétera, etcétera.
María Ofelia Carnero Vázquez: Repítense os contos.
Mercedes Salvador Castañer: Eso pa nós foi marabilloso descubrir eso, que dende aquí o que os a nosa xente contaba era o mesmo que se podía estar contando noutra punta do mundo, é impresionante, é algo que non nos...
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Bueno, por outra parte.
Mercedes Salvador Castañer: Hasta que nos metimos realmente non nos, non non imaxinábamos.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Hai outro fenómeno que e,e,e a literatura de tradición oral naquel momento non tiña a valoración que ten hoxe, non? O sea, con...
Mercedes Salvador Castañer: Si.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Sucesos como que foi que se lle dedicase,e,e o Día das Letras Galegas ás cantareiras e coa puxanza que acadou a música tradicional etcétera. Naquel momento estaba infravalorado todo ese conxunto, e non había a idea xeral de que eso era unha parte importante do patrimonio, non? como a veces tampouco é pois esta igrexa na que estamos, se a tiramos dá igual, facemos unha nova, non? E,e,e e e con esto pasaba un pouco o mesmo. Nestes anos houbo unha evolución, tamén na escola se traballou moito, creo que incluso os nosos propios materiais serviron pa traballalo na escola, e axudaron a que haxa unha valoración mellor de todo este,e,e conxunto de,e,e patrimonial.
Antonio Reigosa Carreiras: Tamén temos que dicir que, e hai que presumir algo desto porque é así, nas poucas publicaciós que fixemos como Equipo Chaira, que esto tivo derivas noutros traballos que fixemos, á marxe, digamos, do Equipo Chaira, que fomos os primeiros nas nosas publicaciós que identificamos, sobre todo os contos pero tamén o romanceiro, e,e,e coas referencias dos catálogos internacionais, que isto aquí nin se fixera...
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Bueno, fixérao,o,o a Xeración Nós en Terra de Melide.
Antonio Reigosa Carreiras: Bueno, empezaron a facelo, é certo.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: E,e,e despois.
Antonio Reigosa Carreiras: Empezaron a facelo, pero era unha pequeno,o,o...
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Manexaban os tipos de Aarne-Thompson daquela altura.
Antonio Reigosa Carreiras: Da primeira.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Pero despois deixouse de facer.
Antonio Reigosa Carreiras: Da primeira,a,a publicación de Aarne-Thompson.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Do Seminario de Estudos Galegos.
Antonio Reigosa Carreiras: É dicir, sabían que existía eso e sabían que era o camiño, pero tampouco lles deu moito tempo a a facer grandes progresos.
Pero logo nós, xa no,o,os nos traballos que publicamos tanto de, que hai que falar da segunda parte logo do Equipo Chaira, porque se non tanto do,o,o da Pontenova como de,e,e de Abadín, por exemplo, todos os contos van identificados co número que lles de tipo que lle corresponde no catálogo internacional igual que o romanceiro vai identificado con referencias fundamentalmente a a Valenciano, i a,a,a outras publicaciós que había feitas naquel entón. Hoxe, afortunadamente, hai moitas máis, (Incomprensíbel). O Catálogo tipolóxico do conto folclórico hispánico non está completo pero está mui avanzado, cousa que daquela non había.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: O galego, que hoxe esiste.
Antonio Reigosa Carreiras: O catelo/ o galego que hoxe esiste, que daquela non esistía, é do 2010 a publicación.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Si, e e moitos dos nosos contos serviron de exemplo para tipificar e,e,e algún tipo de conto, como exemplo que manifesta este é este conto, entón non valía aquelo que decía é que está todo recollido, oiga, todo non, que este conto non se recollera nunca, é decir, e eu estou convencido de que hoxe vas facer traballo de campo i aínda atopas contos que non se recolleran, e contos marabillosos, non un conto de animais dese que sabe todo o mundo, no, contos complicados, longos de,e,e...
Antonio Reigosa Carreiras: Os chamados marabillosos.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: E e e e con un...
Antonio Reigosa Carreiras: Máis complexos.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: E con unhas secuencias complicadas pra lembar, no? Entón ese,e,e é un valor do traballo que fixemos, no?
Autor/a da transcrición: e~xenio