Xunto á porta dunha choza vella
estaba Xoana
abrazando o fillo que lle iba
moi triste pra a Habana
Aflixida e queixosa decía
con triste gracexo
meu filliño querido da ialma
nunca más te vexo
Meu neniño, por Dios, no me deixes
volve pra a casiña
teu paiciño morreu e tu vaste
e eu quedo soliña
Anque teña que andar eu sin roupa
e non teña un carto
irei sola cun fol á limosna
pra verte ben farto
Ricardiño, polo que máis queiras
volve que eu toleo
virxen santa do Carme me vaia
e os santos do ceo
Miña nai, por Dios, cale e non chore
de veras llo pido
pola ialma que en gloria estea
de meu pai querido
Esas bágoas que verte vostede
queixosa e rendida
son coitelos que o peito me cravan
e quítanme a vida
Anque lonxe me vou non a deixo
siquiera un momento
levareina a canda min gardada
no meu pensamento
Pido a Dios e aos santos benditos
pola sorte miña,
pra tornar a abrazala contento
e adiós, miña naiciña
A probiña da nai quedou sola
berrando "Ricardo,
meu filliño si morro e tu volves
no ceo te agardo"
Oh, maldita emigración (incomprensíbel)
(incomprensíbel)
porque acabas cos corazós nobres
destas mais galegas
Pouco fan eses cartos que mandas
aquí nada chega
pra pagar tanta sangre que bebes
á patria galega!
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro
Poema da autoría de Caetano Arias López (1881-1952) tío da recitadora.