Galicia, xardín de frores
como dixo un emigrado
(incomprensíbel) dá feito
no vrau do ano pasado
Era inglés, moi ben parcido
alto, ghordo e moi robusto
falei con el e contoume
cousas que me deron gusto
Díxome: a vosa terra
se hai alguén que di mal dela
é porque non a conoce
porque nunca veu a ela
pois hai casas escondidas
no medio dos arboriños
como está nosa señora
no medio dos anxeliños
Esa faliña galega,
tan doce, tan cariñosa,
(incomprensíbel) cada palabra
a folliña dunha rosa
Eses prados, esas veigas,
mares, lagos e montañas
montes cubertos de pinos
castiñeiros con castañas
Risoños campos froridos
cheios de herbiñas e frores
son envidia de estranxeiros
Galicia dos meus amores
loureiros verdes nas hortas
arbres cubertos de frores
onde alegres cantan sempre
xilgueiros e ruiseñores
Donde hai froitas de mil clases
de sabores verdadeiros
que pagan máis que ningunhas
nos mercados estranxeiros
Ceo azul de estrelas cheio
e ventos tan suaviños
fontes d'auga pura e clara
ríos que corren mansiños
Noitiñas de luar craro
mañás con frescos orballos
(incomprensíbel)
sombras frescas dos carballos
Galicia ten praias vellas
ten poetas, ten cantores,
e nenas tan bonitiñas
que encantan cos seus amores
(incomprensíbel)
(incomprensíbel) i atrevido
(incomprensíbel)
tanto encantiño reunido
Galicia, xardín aberto
tan seguro de (incomprensíbel)
que te fillo Dios adrede
por recreio dos seus ollos
Díxenll'eu: razón che sobra
mellor non podes falar
pro fáltalle á nosa terra
o peñón de Xibraltar
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro
Poema da autoría de Caetano Arias López (1881-1952), tío da recitadora.