Meu amor non vén,
o tempo é fero
como vai vir
Corazón toliño
acouga e
non me fagas sofrir
Noite agoreira
unha imaxe serías do meu penar
se os olliños do meu ben
me deixaran de mirar
El virá porque o amor que me ten
non é engañoso
anque me fai recear
ao velo tan caviloso
Pola banda de Grixoa,
zuan saraibas e ventos
e nas entranas da fraga
ouvean lobos famentos
No refuxio do meu leito
paseime a noite velando
i atopoume a luz do día
sen saber porqué, chorando
Viñeron días e días
amenceu e anoiteceu
fun á ventá moitas veces
i o meu amor non volveu
nin volverá que o abade
leu o domingo os pregós
do treidor que me engañaba
coa vinculeira d'Arbós
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro