Branca Villares: Queríades, quereríadesme contar, vouvos pedir que pensedes cada un, cousa diferente, eh, o recordo, a anécdota máis bonita que se vos ocurra ou máis graciosa ou máis sentida de que cando andabades nesta historia dos Reis. Pensádeo un segundo, que empece quen queira, pero un recordo bonito que gardaráis ou simpático ou así, de toda esta historia que compartistes estes anos, ou dos Reis que houbo antes ca vós, do recordo máis bonito que teñáis.
Manuel Blanco: Bueno, dos d'antes recordamos pouco, recordamos que salían os Reis casi cada ano dun pueblo ou outro, e a veces de dous pueblos ou tres, pero daquela eramos mui chavaliños que habíalle muito medo ao Carantoña, o que vos dixen antes, si, i tamén é un recuerdo, que era bueno pero menos que daquela levaba pouco cepillo, non había co que comprar o cepillo. Quen, quen compraba o cepillo naqueles mundos? Pero si, era, e despois había outra cousa que non, que non fomos estes Reis, daquela o que recaudaban, por ejemplo, o día de Reis, facían o baile, un baile ca orquesta que levaban ou con outra, cun gaitero, co que fora, e solo iban á comida os amigos; un invitaba aquel amigo, outros a outra xente non, donde agora foi todo dios que quixo. Había o asado, o único que non os foi, foi José María que nolo merecía muito, pero fuches comer o asado con nós.
José María Núñez: Non estaría.
Manuel Blanco: Non, algún día estuveches con nós un pouquiño pero chegouche a hora de.
José María Núñez: Pois eu así.
Manuel Blanco: Alí no Hospital.
José María Núñez: De anédotas, por ejemplo, pra ver a importancia que tiñan eses reinados, eiquí chegaron a cantar un ano, estaba Roque, estaba Pipas.
Manuel Blanco: Si.
José María Núñez: Bueno, un equipo que había daquel ano.
Manuel Blanco: Si.
José María Núñez: Por certo, despois hei de contar unha anédota do Pipas que me gustou muito, e índa, inda a teño memorizada. Era un home ocurrentísimo que eu non sei si falleceu, si.
Manuel Aira "Roque": Falleceu. Falleceu.
Manuel Blanco: Si. Si.
Branca Villares: Falleceu. Si.
José María Núñez: E non sei se habrá, se terá algún sucesor.
Manuel Aira "Roque": Ten un fillo na casa e outro en Barcelona. Tres fillos, dous fillos e unha filla.
José María Núñez: Pois eran unhas congregaciós que eran, pois eso, pra generar o teatro i a, a dramaturgia i o cinema desde abaixo pra riba, non viña d'arriba pra baixo.
Manuel Blanco: Non viña d'arriba pra baixo.
José María Núñez: Que é o que sempre me gustou a min.
Manuel Blanco: Si.
José María Núñez: I o sentido do lúdico do traballo porque aquí moitas veces tiñamos a costumbre de ir ás faenas, a recoller a herba e todo, e era xogando. Estábamos ao mellor angazando i aproveitabamos pra facerlle unha broma ao que iba ao lao, e tirarlle pois un, unha mañiza d'herba ou calquera cousa. O sentido lúdico do traballo i a generación da diversión a partir da base, do pueblo mismo.
Branca Villares: I do Pipas?
José María Núñez: E o Pipas, bueno, pois o Pipas pre, pra ver tamén como se trasmitía a cultura, e que non sone mal esto, decía, eu acórdome dunha cantiga que cantaba el, e decía: Una novia tuve yo. Eu non a canto porque entonaría fatal pero decía:
Una novia tuve yo
todas las efes tenía.
Era fea, flaca y floja,
fregona, frágil y fría.
Manuel Blanco: Era mui simpático o Pipas.
Branca Villares: Cantaba mui ben.
Manuel Blanco: Mui ben.
Branca Villares: Mui ben.
Manuel Blanco: Que había unha voz nel. El e Roque xuntos había unha voz que non hai.
José María Núñez: Xa o dice a palabra, era pra pasalo pipa, tes que ir a conocer o Pipas.
Manuel Blanco: Si, si.
José María Núñez: Era pasalo pipa. Sempre estaba.
Manuel Blanco: Ao lado del pasábase mui ben. E na casa del eramos todos amigos.
Branca Villares: Contade, contade o ano que ascendeu a Rei Maior, que fixo? Dónde fixo a festa?
Manuel Blanco: Si. Si, si.
Branca Villares: Foi o ano que arreglou as cortes, nos sei si vos acordades. E deixamos de facer a festa na iglesia, e fomos facer a festa ás cortes novas, recén arregladas do Pipas.
Manuel Blanco: Si, si, si.
Branca Villares: E puxo alí un cartel na entrada que poñía: Taberna do Pipas. E tremenda festaza que fixemos alí.
José María Núñez: I aquí os Reis cantaran na iglesia do Cebreiro.
Manuel Blanco: Si, si.
José María Núñez: O sea, era coma unha parte máis de coro.
Manuel Aira "Roque": (Incomprensíbel) Evangelio, cantámolo nós. Na iglesia cantouse a copla enteira, foi ande máis, ande máis público tuvemos. A verdá é que tampouco, o público, agradecémoslle muito que nos escoitara, que nos aguantara, pero no sombreiro non se podía, poñía pero tamén, o detalle foi mui pequeno.
Branca Villares: Home, ibas alí, que esperabas, carto alí na iglesia?
José María Núñez: Si poñíais o sombreiro, facíades a competencia co eclesiástico.
Manuel Aira "Roque": Home, claro. Pero eu pensei que íbamos por eso.
Roberto Raposo: Eu te/ teño algunha que era o, os enfrentamentos que tuvemos entre nós, e eran sempre positivos, pa millorar. Eh? I hai unha anédota mui chula, que foi o segundo ano, que cada vez que quería bailar o padre Mato, mandabámoslle parar os gaiteiros. E (lle) decía: Ahora que empeza (o baile), paran de tocar!
Autor/a da transcrición: e~xenio