Era un vello setentón
de nombre tiña Guillermo
ententou buscar no vrao
unha muller pro inverno
Recordóuselle unha moza
tiña trinta anos maduros
vivía sola na casa
allá cerca de (Feugos)
E pro domingo siguiente
púxose de traxe fino
e marchou ver a rapaza
montado no seu pollino
Chegou, deulle as buenas tardes
felices llas contestou
e prendeu o pollino á porta
por xunto dela entrou
Que bonita estás Pepiña
quen me dera poder
darche un bico i un abrazo
pre saber si eras muller
Un vello tan arruscado
non o vin na miña vida
como ha de facer tal cousa
se ten a fuerza perdida
Guillermo xa de enfadado
botoulle a mao a unha teta
i aínda non quedou conforme
botoulle unha (rebinqueta)
Pepa sin ter que decir
xa empezou a chorar
e Guillermo mui mansiño
empezou a contemplar
Non chores, Pepa, non chores
ao meu lado non teñas pena
que se me queres de veras
cásome contigo, nena
Querereino por marido
se sabe corresponder
e se se casa conmigo
ben contento o hein de ter
E seguiron mui animados
brinco abaixo e brinco arriba
tres meses e tres semanas
sin perder siquiera un día
I o día seis de sitiembre
casáronse nun convento
entonces foi cuando o vello
notou que cansara os turmentos
E aos tres días de casado
pegoulle unha polmonía
pegoulle o día nove á noite
xa morreu pro o outro día
Morreu Guillermo, morreu
Pepa a gusto quedou logo
sin trazas de ter familia
i o vello deulle pra un novo
Autor/a da transcrición: e~xenio