Branca Villares: Vou ter que volver outro día cunha pandeira, mira que boba son, non se me ocurriu traela.
Manuel Pérez González "O Lamego": É que a pandereta ahora non ma, ahora non, perdín a costumbre
Branca Villares: Bueno, xa co que marcaches na mesa, xa vexo que si que ben sabes como vai o conto, sabes. I tú tocabas a pandeira?
Interveniente: No, eu, no. Eu, a pandereta, no.
Manuel Pérez González "O Lamego": I os que tiñamos que tocar a pandereta eramos os tolos.
Branca Villar: Eu, o que me chama a atención, porque eu, según tiña entendido, case sempre eran mulleres, ou non? Eran todos.
Manuel Pérez González "O Lamego": Casi todos eran mulleres as que tocaban a pandereta; poucos homes había que tocaran a pandereta.
Interveniente: O Luís de Villanova tócabaa mui ben tamén. Había, había varios.
Manuel Pérez González "O Lamego": No, pero había, había máis mulleres que tocaran a pandereta tamén que os homes.
Branca Villares: E tiñas tú pandereta?
Manuel Pérez González "O Lamego": Eu, nosoutros faciámolas nós, quitabámoslle o pellejo aos años cuando morrían, cuando no inverno que morrían os años e pelabábamos a piel e faciamos a pande/ e poñiámola a curar, e eso, hasta que, e despois había que clavala con clavillos e todo arredor dunha pandereta feita, facíaa meu pai que era, meu pai era mui curioso tamén.
Branca Villares: E de ferro que lle poñíais?
Manuel Pérez González "O Lamego": Facíalle ferreñas. Poñíalle unhas ferreñas así de, de chapas cortadas cunha tixeira, e todo eso, facíalle o furao no medio, e os remaches poñía, meu padre, meu padre era mui curioso.
Branca Villares: Mira, mira. Así que faciais pandereta. Mira, mira, mui ben.
Manuel Pérez González "O Lamego": Pero feita, non comprada, non.
Branca Villares: No, no. Claro, claro, claro.
Manuel Pérez González "O Lamego": Había que facela, e se non, tocabamos nunha lata, e se non, onde fora, con dous palitroques como se fora. Si, o caso era facer ruído.
Branca Villares: I, o caso, gaita non sempre había.
Manuel Pérez González "O Lamego": Gaitas non, eu nunca aprendín, nunca, nunca fun capaz de sacarlle unha nota a un, a unha, a unha palleta facíalle tocar pero non había maneira, e despois inda, inda comprei un punteiro, inda teño un punteiro, pero ahora xa non toco.
Branca Villares: Pero eu preguntaba, gaita nas festas de todos os días, nas festas máis comunes, non había siempre, algunha vez, non?
Manuel Pérez González "O Lamego": (Aínda teño) un punteiro pero ahora xa, ahora xa non toca a palleta porque está mui seca.
Branca Villares: Claro.
Manuel Pérez González "O Lamego": Pero o punteiro este, regaloumo a miña nora, a que morreu, en paz descanse, porque ela foi a Saudade en Barcelona e aprendeu, e sabía tocar a gaita. E despois foi meu cuñado desde que se jubilou, tamén era mui aficionado á gaita pero non sabía, fui, fui eilí a Saudade, i aprendeu algo a tocar a gaita. E despois a miña nora, un día, regaloume a, o punteiro, e despois aprendera a tocar a muñiera de Lugo, algo, así, e,e,e pero,o,o sin ir a ningún lao, meu cuñado si que fora aí á escuela a que lle aprenderan, e tal. E o meu cuñado facíase cruces porque me aprendera el a tocar dúas ou tres, dúas ou tres piezas: a muliñeira de Lugo e o Manolo mío, e tocaba o (Incomprensíbel) ou como se chama esto, cancións desas, tamén a aprendera a tocar, i a Saia da Carolina, (aprendera eu que decía eu): Botei eu máis de cuatro anos pra aprender eso i eu, decíame el, Abel tiña unha capacidá pra, pra enseñar o que sabía el, tiña unha capacidá bárbara meu cuñado, non sabía el tampouco porque sabía pouco, porque foi desde que, desde que se jubilou cuando foi empezar i a aprender a tocar a gaita, e eso, o que pasa que eiquí non tiñamos quen, non, non había.
Branca Villares: I aquí non acordais logo ningún gaiteiro de por eiquí cando erades mozos cando inda estabades aquí.
Manuel Pérez González "O Lamego": Eu conocía, eu conocía un de,e,e que [es]tá en Barcelona que era da Oucella, se chamaba (Dervín), (Dervín) de, d'eiquí...
Branca Villares: I xa tocaba aquí cando (Incomprensíbel) ou aprendeu a tocar alá?
Manuel Pérez González "O Lamego": E un que se chama Balbino, que era d'eiquí dunha casa que se chama a casa da Casanova, que ahora ten unha, ahora me parece, viñéronse pre, pra Baralla, me parece, e tal. E despois hai un de,e,e, de Castelo de Frades, que ese si que, ese (inda) incluso sale, (é o Eduardo) ese xa tocaba eiquí.
Autor/a da transcrición: e~xenio