Branca Villares: Algo se facía eiquí ao chegar o mes de maio ou xa máis ben cara ao San Xoán. Vos lembrades algo desto de enramar?
Manuel Pérez González "O Lamego": Ah, si, enramar as casas.
Branca Villares: Eso era cando?
Manuel Pérez González "O Lamego": Enramar as casas era o vintecuatro, era o vintetrés de,e,e junio, o víspera de San Juan.
Branca Villares: Como enramabais?
Manuel Pérez González "O Lamego": Pois poñían sanjuais destos que, e bantieiros que lle chamamos nosoutros.
Branca Villar: Bantieiros...
Interveniente: San Juan, piornos.
Manuel Pérez González "O Lamego": Si. E poñíano en todas as, as ventás i as portas casa. Miña mai decía que era un pouco de meigo daquela, contra as meigas e contra, pra que non entraran os, o sea, había que enramar as casas pre, que tuveran protegidas.
Branca Villares: Pero dos animales que decías ahora?
Interveniente: Non. Dos animales que os bañaban tamén pra que...
Manuel Pérez González "O Lamego": Os porcos, o día de San Juan, metíanos onde había auga para bañalos.
Branca Villares: Ai, si!
Manuel Pérez González "O Lamego": Si.
Branca Villares: Para que foran ben...
Manuel Pérez González "O Lamego": Si,i,i.
Branca Villares: E vós tamén vos metíais o día de San Juan?
Interveniente: Nosoutros deixábamos unhas rosas con auga, e lavábamonos ca auga aquela.
Manuel Pérez González "O Lamego": E levábana, as facendas levábanas a bañar cuando estaba todo mollao, que había a orballada aquela, e sacábanas todas pre, porque decían que aquelo era, que,e,e i as protegía para todo o ano.
Branca Villares: Claro, claro.
Manuel Pérez González "O Lamego": Si.
Branca Villares: E de noite non se facía nada, logo, na noite de San Xoán?
Manuel Pérez González "O Lamego": De noite facían verbenas, facían como de juerga, o que pasa que como nin había luz, daquela non había luz nin nada, cuando coincidía que había unha noite de lunar, eilí a discoteca no pueblo non facía, eilí non ibas ao baile a outro lado, había, xuntábanse, e mira que eran poucos, pero si era unha noite de lunar, xa tiñamos a discoteca segura porque era a luz que había.
Branca Villares: Si señor.
Manuel Pérez González "O Lamego": Si.
Branca Villares: Si señor.
Interveniente: Non había luz.
Branca Villares: Pois eu escoitara o de enramar, non tiña claro si era polos maios porque me falaron, tamén, de engalanar, incluso, co que xunguían os bois, de engalanalo todo i enramalo todo.
Manuel Pérez González "O Lamego": Si, si. Poñíanlle ás, ás, ás molidas, que lle chamaban ao que iba na cabeza dos bois, tamén. Eso tamén...
Branca Villares: Poñíanlle as flores, tamén? Enramábono tamén.
Manuel Pérez González "O Lamego": Enramábanos tamén.
Branca Villares: I eso era no San Xoán logo?
Interveniente: Nós, en Porcís, no.
Branca Villares: En Porcís, non. Eu...
Manuel Pérez González "O Lamego": E eso, o que se miraba de poñer siempre eran pieles de perros pra que taparan as, as xogas que se, que aguantaban o xugo aos cornos das vacas, entonces pre tapar aquelo poñían, andaban as pieles dos perros máis buscadas porque pra tapar pra que non se mollara...
Branca Villares: Si, si, si.
Manuel Pérez González "O Lamego": Pra que non se mollaran as, as, as xogas que facían de, de, de piel de vaca tamén e deso.
Branca Villares: Si.
Manuel Pérez González "O Lamego": E na miña casa non quedou ni uno, nin un, mira que había ferramentos e todo eso, pero como marchamos todos pra Barcelona, e despois, miña ma/ miña madre, meu padre pois déronos e levou, algunha cousas as levou miña irmá pr'a Freita e outros, deuas, algunhas malvendéronas por cuatro chavos. Non, non quedou nada. Si, non lle daban importancia, a aquelo non lle daban importancia ningunha.
Branca Villares: Si señor.
Manuel Pérez González "O Lamego": Si. Eu, inda hai, na, na casa dos meus padres no Pando, inda hai un carro, un carro destos que poñían ás vacas, feito por meu pai. O fixo el.
Autor/a da transcrición: e~xenio