Branca Villares: E que me contáis de como iban vestidos os Reis? Por arriba e por abaixo.
Manuel Aira "Roque": Os Reis.
Branca Villares: Podéis contarme.
Manuel Aira "Roque": Daquela eu penso que irían, claro eso xa non naceu con nós, nós copiamos o que viña de vello.
Manuel Blanco: Si.
Manuel Aira "Roque": Deixaron.
Manuel Blanco: O uniforme.
Manuel Aira "Roque": Ou guardado no caixón, eu que sei.
Manuel Blanco: Aqueles traxes, o paño que decían que era de seda, non sei se era de seda, se non, pero eran bonitos, ahora xa non se vein paños deses; o sombreiro, había que dar voltas pra conseguir o sombreiro dos Reises, si, si, que non había. Despois houbo unha casa en Lugo que os tiña. Si, si.
Roberto Raposo: Eu o que nunca, sempre me chamou muito a atención, como os Reis levaban un mantón de manila, que máis ben é do sur de España. Sempre me chamou, sempre tuven, ese origen, por que non levaban, bueno, pois, menos o Carantoña que levaba, estes últimos anos levaba, os mantelos que aínda siguen conservando.
Manuel Blanco: O Carantoña.
Roberto Raposo: Pra volver salir. Eh!
Manuel Aira "Roque": O Carantoña era un personaje especial.
Roberto Raposo: Claro.
Manuel Aira "Roque": Era unha estrella distinta.
Manuel Blanco: Si, si.
Manuel Aira "Roque": Era algo, algo divino. E como divino se portou.
Roberto Raposo: Sigue, sigue habendo, os mantelos siguen estando esperando (Incomprensíbel) Carantoña.
Manuel Blanco: O Carantoña vestía con roupa da zona máis ben.
Branca Villares: Igual é que os Reis levaban o máis fino i o máis apreciado do, do momento, i no seu momento.
Manuel Aira "Roque": Ao seren Reis.
Branca Villares: Serían os mantós de Manila. Non?
Manuel Aira "Roque": Ao seren Reis, digo eu, sería por aquelo.
Manuel Blanco: Mais o Rei Maior, éralle o traxe, tiña, ou sea.
Manuel Aira "Roque": Tiña que ser.
Manuel Blanco: Distin/ Un pouco distinto.
Manuel Aira "Roque": Un pouco diferenciado
Manuel Blanco: O mismo género pero con un pouco de.
Branca Villares: O Rei Maior tiña que ir diferente.
Manuel Blanco: Diferente, si. Si, si.
Manuel Aira "Roque": Con colores ou o que fose pra que, tiña que saberse que era o jefe.
Branca Villares: Que máis diferencias había entre o Rei Maior i os outros tres?
Roberto Raposo: O mantón de Manila.
Branca Villares: I no cantar?
Manuel Blanco: Bueno, pero o do Rei.
Branca Villares: Quen abría o cantar?
Roberto Raposo: El.
Manuel Aira "Roque": O Rei Maior.
Branca Villares: E logo se organizaban de dous en dous para contestar.
Manuel Blanco: De dous en dous.
Manuel Aira "Roque": Bueno, o que cantaba co Rei Maior xa tiña que.
Manuel Blanco: Sa/ salían os dous á misma vez, o Maior i o acompañante. I os outros dous contestándolles. Si, contestando porque claro a canción tiña as súas estrofas.
Manuel Aira "Roque": Tiña que, o que estaba de, o que estaba, digamos co Rei Maior, tiña que estar atento.
Manuel Blanco: Mui atento.
Manuel Aira "Roque": Pa cuando el arran/ fose fa/ salir. Non salir a destempo.
Autor/a da transcrición: e~xenio