Manuel Blanco: Fixeramos a cena no (Poio), e tú quixeche vir ao Cibreiro i nos dixeche a min i a Carrete, que viñamos contigo, vamos ir ao Cibreiro que mañá neva, Roberto traballaba, traballabas no túnel en Pedrafita? Si, si, e dixéchesnos que deixaras aquí. Que deixaras aquí? As cadenas do coche, e se nevaba, (en outro día) necesitábalas pra ir ao traballo. Bueno, entonces, non o vou levar todo, todo a feito non, que tería moito que decir, a el tampouco non lle gusta a Roberto; Roberto gústalle muito decir o da Carantoña, pero que digan o del. Bueno, o coche non se nos foi á coneta, pero unha mociña i un mocín, aquí do Bierzo, fóraselle o coche á coneta, que viñan diante de nós, non eran compañeiros nosos, eles viñan no deles, e poñémonos a sacar o coche, e chegou a Guardia Civil, e,e,e chegou a Guardia Civil, e Roberto deu en berrar pola Guardia Civil. Roberto conocía a un dos guardias, ao outro non, e resulta que o que conocía Roberto coincidiu que alí non iba, i eran outros dous. E deche en berrar: Blas, aluma! Que o guardía traía linterna, un deles. Blas aluma aquí, Blas. E Blas non che contestaba, non era Blas. Pero contestouche o sargento, que era o compañeiro de Blas se fora Blas, e como che dixo? Díxoche: Oi, bebiche algo? E tú dixeche: Aluma pr'aiquí e atende a sacar, axudar a sacar o coche. Que che importa o que bebín eu! Díxolle o sar/ e este non bebera, eh, que va! Non bebera, no, no. É que, aquel día non viña/ mira aí, eu aínda traía máis viño aquel día comigo que o que teño ahora no fondo da copa, do que non bebera logo. E logo,o,o e,e,e como foi?
Roberto Raposo: Dixéchelle, dixéchelle, dixéchelle tú: Atende ao que estás que estás facendo.
Manuel Blanco: I axuda a sacar, efetivamente, i axuda a sacar o coche, coche da coneta. E neste momento foi o sargento e díxoche dond'eras.
Roberto Raposo: Claro.
Manuel Blanco: Xa non lle ulías ben, non sei por que, eh. Parecíalle que igual ulías ao alcol, e non, non. E,e,e dond'eres? O sargento solo levaba uito días aquí na nosa zona, había pouquín que viñera, e díxenlle eu, que tú non contestaban namais ao que querías. Díxenlle eu: É aquí dun pueblo que se chama Os Casares. E donde é eso? Dixo o sargento. E díxenlle eu: É un pueblín que hai aí da parroquia de Zanfoga, igual se pode vir por Veiga de Forcas pra vir pr'aquí, que ir salir a Rubiais i a Pedrafita. E díxolle o compañeiro ao sargento: Si, si, é d'aí. Si, ese pueblo está aí. Oie, había, que sei eu, cinco centímentros, máis de cinco, de hielo na, na calzada. Eh. Pero hielo duro, duro.
Roberto Raposo: No, pero cóntao a feito. Díxolle Carrete: Levante o vuelo non saber donde están Os Casares.
Manuel Blanco: Efetivamente. Eres ben tolo, carallo, non saber que Os Casares que é xunto de Rabaceira. Oi, neste momento, o, o, qu'era un dos Reis, tamén, o que lle dixo eso ao sargento, derraparon os dous encima do hielo, o sargento, e baixaron máis de dez metros a rastro, caeron no hielo, coma se foran dúas troitas no río, e desque se levantaron, vai Roberto e lle di ao sargento: Eu pensein que había que sacar a navalla e irche quitar a piel, que pensei que non, pensei!
Autor/a da transcrición: e~xenio