Manuel Blanco: Foramos ao filandón a casa de Isidro, e estaba teu pai no filandón, estaba Manuel do Forno, tamén. Bueno, que anque os pueblos están cerquiña, bueno, pois, xuntabámonos, e a maestra empezamos a falar, a contar contos, alí na casa que estabamos no filandón, a contar contos, e dixo, e falamos das cóxegas. Tú as cóxegas enténdelas con outro nombre, non?
Branca Villar: Cosquillas.
Manuel Blanco: I estes tamén, cosquillas. Si, eso.
Branca Villares: As cóxegas.
Manuel Blanco: Porque daquela aquí por cosquillas case non se entendía.
Branca Villares: Claro.
Manuel Blanco: Todo cóxegas. Si. E logo dixo, a maestra estaba sentada xunto de min, así como tú i eu ahora, i o cura, o cura era, era Vítor, era don Vítor, daquela que estuvo como estuvo, si, casi siempre estaba en Veiga de Forcas, estaba sentado do outro lado da maestra, e no lume había unhos cañotos gordos i un lume do demo e non facían máis que fumo e cinsa aquelo, veña a caer cinsa encima de nós, pero era cada día, e entonces foi a ama da casa, Esperanza de Isidro, e dixo, no, dixo a maestra: Oí: ¿Qué son las cóxegas? ¿Qué son las cóxegas? E díxolle a ama da casa: Dille aí a Manolo que che diga, por min. Manolo dime que son las cóxegas. Eu non me atrevía, eh, a decirlle! Pero non sei, pero. Manolo, por favor, dime. E vai a ama da casa e: Dille, Manolo. E pra decirlle como eran as cóxegas, a verdá, é que ahora teño o vaso na mau, empecei a tocala cas dúas maus, que ela tal risa lle deu, pero de verdá, non penséis que, tal risa lle deu, ou lle fixo gracia, déronse todos en rir i ela tamén, que caemos os dous, era nun escano, así, un escano desos estreitos, entre o lume i onde estabamos sentados, e non vai o cura que estaba ao lado dela, ela, eu puxen así os codos pra non me apoiar nela, eh, pra non a mancar nin, en canto non nos levantabamos, i vai o cura e déitase enriba de min, e cas maus polos lados tamén apalpando nela. También se las hagho yo, as cóxegas, también se las hago.
Branca Villares: O filandón!
Manuel Blanco: Ai, o filandón era mui bonito que acabouse.
Autor/a da transcrición: e~xenio