José María Núñez: Sempre fun simpatizante da monarquía. E a d'aiquí era unha demo/ unha monarquía d'aquí porque era por aclamación. Todos os Reies non eran de dinastías raras, eran de aclamación e saían do pobo co cual eran casi como, pois máis republicanos que naide. Entón, eu sempre, formei parte dese, dese apoyo monárquico porque os reies eran nosos.
Branca Villares: Si señor.
José María Núñez: E nós estábamos orgullosos deles. I os Reies tiñan sempre unha, unha característica que era, eran artistas i aiquí sempre se fixo o arte, non se iba a ver os, os, os filmes nin os teatros a outros lares, facíase o teatro aiquí, dentro da, da modestia e do que había pois sempre se estaban hilvando maneiras de distraerse e de, de facer a vida i os Reies eran, pois eran unha, unha, unha manifestación clara do sentido artístico e teatral que sempre houbo nesta montaña e, particularmente, neste pueblo.
Autor/a da transcrición: e~xenio