Roberto Raposo: Cada un foise presentando o que quería ser, eh, como quería ser, i a min non me tocou non ser Rei, sin embargo sempre estuven e,e,e o das culpas, na organización, organizando un pouco o tema, e ver todos os anos os errores que se cometían. Non era, sempre se cometían muitos errores, e intentar mellorar os errores aqueles que cometiamos que moito era, era pola prisa que levabamos. Unha loucura cos coches, dun lado pra outro, si podiamos facer, nada, que ao final houbera sido muito millor ir muito máis lento, eh, muito máis lentos e,e,e porque o bo de todo era o, o que vivía a xente, non era, non eramos nós. Tanto os grupos, os Reis, Carantoña, os grupos de, de música, era vivir un pouco o que vivías en todas as casas, a, a forma que tiñan de, de recibirnos. Era mui, mui familiar e todo, claro. Que pasaba? Que foron cincuenta anos, como decía Manuel, que foron castigaos, dunha forma ou doutra, que logo, sobre todo a xente maior era a que máis trasmitía. A xente canto máis maior, máis trasmitía.
Manuel Blanco: Porque máis, máis conocer conocer os Reis. Claro, os novos non sabían o que eran os Reises. No, no.
Roberto Raposo: Que pasa? Que a juventú tira unha vez sola. En? A juventú pasa. I eles, cando miran cincuenta anos atrás, eran novos, e volverlle revivir todo o que era o tema dos Reis, pra eles era mui sinificativo. E despois a forma de, dos amos da casa, de como se presentaban, como se comportaban co Carantoña. Ao Carantoña gustáballe muito máis as mozas. Eh! D'aí vén o dichoso cepillo de Manuel.
Branca Villares: Logo o do cepillo foi cousa de Manuel. Antes de Manuel.
Roberto Raposo: No, no. O cepillo houbo toda a vida. Era de toda a vida, pero despois, claro, a mau izquierda do Carantoña pois era un pouco eso. Eh! Do cepillo.
Manuel Blanco: Bueno, Roberto di, manejar o cepillo.
Branca Villares: Claro, claro.
Roberto Raposo: Non acepillaba igual ás vellas que ás novas. Eh!
Branca Villares: Home, claro. Home, claro.
Roberto Raposo: Hai que decilo todo. O Carantoña pois era O Carantoña.
Autor/a da transcrición: e~xenio