Manuel Aira "Roque": Ten, o que pode contar algho.
Branca Villares: Mira.
Manuel Aira "Roque": O que máis pode contar é este.
Branca Villares: E pódoche preguntar outra cousa? Despois desque pasaban os Reis, estamos mui cerca do Entroido. Non seguía a falcatruada, non?
Manuel Blanco: Non, non. O Entroido aiquí chamábaselle ai, ho, ahora non me sale o nombre que tiñan no Entroido.
Manuel Aira "Roque": Eu tampouco non me acordo.
Manuel Blanco: Si, si, porque os Reis xa era nos días dos Reis.
Branca Villares: I acabouse.
Manuel Blanco: I acabouse.
Branca Villares: Ajá.
Manuel Blanco: I, e despois o Entroido era, oi, non me sale ahora o nombre que levaban, pero non.
Branca Villares: Foliqueiros, folixeiros.
Manuel Blanco: Dábaselle en cada zona un nombre, pero aiquí tiñan outro nombre, o do Entroio, a verdá, é que non tiña.
Branca Villares: Non tiña.
Manuel Blanco: Non tiña ésito. No, no. Nin, igual, igual era un día ou dous días, e cada pueblo no seu pueblo. Ou salían ao pueblo inmediato pero non, non como os Reis que. Claro. Si, si.
Manuel Aira "Roque": Como o refrán, non?
Manuel Blanco: Si, si.
Branca Villares: Como é?
Manuel Aira "Roque": O Entroido coas túas mulleres, i a Pascua por onde puderes.
Autor/a da transcrición: e~xenio