Branca Villares: E dónde nacestes i en que ano si queréis. Podéis mentir tamén, que se pode mentir.
Manuel Aira "Roque": Non vai, non vai na nosa religión o mintir, tampouco temos por que.
Roberto Raposo: Eu chámome Roberto, todo o mundo me chama Raposo por apellido, e anque non nacín eiquí, síntome d'eiquí, e os meus orígenes son en, por, por terras de Ponferrada, pero namás costa no carné de identidá, no resto eu son d'aiquí, por circunstancias da vida, nacín aiquí. E eso. Pásolle a palabra ao sighiente logo.
Manuel Aira "Roque": En que ano naciche?
Roberto Raposo: No 56.
José María Núñez: Antes de Cristo ou despois?
Manuel Blanco: Mira que naciche antes, Roberto!
José María Núñez: No ano 56, antes de Cristo ou despois de Cristo?
Roberto Raposo: Despois de Cristo. Como manda a Santa Madre Iglesia.
Manuel Blanco: Eu xa lle dixen que non decía a verdá porque se non eres tú, eso non o dice.
Roberto Raposo: Claro.
Manuel Blanco: Roberto si que esconde algo. Eh! Escondes algo, si.
Manuel Aira "Roque": Éche ighual.
Roberto Raposo: Claro.
Manuel Aira "Roque": Eles están aí.
Manuel Blanco: Eu, como me chamaba, penso que non che dixen antes que máis Carañtoña vai, Carantoña vén. Mira, o nombre é Manuel pero agradezo máis que me chamen Manolo. E tamén me gusta Manolito. Eh! Si. Tamén me gusta Manolito. Ahora.
Branca Villares: O Lousada de Veiga de Forcas.
Manuel Blanco: O Lousada de Veiga de Forcas. Si. Si, si. Si. Ahora se me chaman Manolo, chámanme o nombre dun vello, e Manolito é un chaval, claro. Claro, si. Pero.
Branca Villares: E José María, que nos conta?
José María Núñez: Pois e como me chamaches José María, non teño máis que reconocer que me chamo José María, si ben de pequeno chamábanme, tiña tres motes. Chamábanme Peneirín, que era o cernícalo, ese paxaro.
Manuel Blanco: Si. O peneirín, si.
José María Núñez: E chamábanme tamén Tatá porque debía pronunciar, así, bastante ben esas dúas sílabas.
Manuel Blanco: Si.
José María Núñez: E tamén me chamaban Gorila, non sei, sería polo, polo, polo medo que, que, que impoñía porque pola corpulencia, non. E nacín no ano 51 despois de Cristo, e mil novecentos anos máis.
Branca Villares: Correcto.
Manuel Blanco: Ah!
Branca Villares: I en dónde?
José María Núñez: Pois non o sei esatamente porque nacín ou aiquí, nesta casa, ou na outra porque estas dúas casas eran de meus pais.
Manuel Blanco: Si.
José María Núñez: Entón, esta chamábase a obra nova porque a fixera meu pai, bueno, a miña mai no ano cincuenta, cuarentanove, cincuenta.
Manuel Blanco: Si.
José María Núñez: Entonces, probablemente, como era a obra nova, i había xa dúas habitaciós, pois, probablemente, elixiran que eu nacera, xa, nunha especie de suite, e na casa matriz, pois, pode ser, calquera das dúas casas.
Branca Villares: Do Cebreiro, vamos!
José María Núñez: Si. Do Cebreiro, sempre.
Branca Villares: E Roque, que nos falta.
Manuel Aira "Roque": Ten unha historia tamén mui corta. Eu pasoume como a Roberto, anque son d'aquí, non nacín aquí. Eu tamén nacín en Ponferrada. Nacín, dicen que nacín, en Granja las Piedras non sei si existe (xa). Nacín no 1960 en abril. De todos modos, non lle teño antipatía ao Bierzo, pero eu ser, son gallego.
Manuel Blanco: E quixémolos como galegos, que non os tiñamos que querer.
Manuel Aira "Roque": E de nombre, dicen que me chamo Manuel, e téñoo no carné de identidá, que naide me chame por el que non respondo. En todos os sitios son Roque, o que me chame Roque sab/ sei que é por min, o de Manuel pode ser polo Carantoña, e como tamén sinto algunha envidia hacia el, pois non me dou por aludido.
Branca Villares: Polo cepillo, claro.
Manuel Aira "Roque": Claro, polo cepillo. Ou polo cepillar!
Autor/a da transcrición: e~xenio