Branca Villares: Vouche preguntar unha cousa.
Manuel Blanco: A ver logo.
Branca Villares: Esta, esta careta de coello coa que eu te conocín de dónde a sacache, cóntame? Esa careta de coello que levabas.
Manuel Blanco: Si, si. Si, si, si. Déixama ver máis de cerca porque hai varias caretas. Si.
Branca Villares: É unha foto pequena, perdona.
Manuel Blanco: Si. No, non, non. Si, si, si.
Branca Villares: Levabas, ibas con muitas cousas. Levabas unha rama de xardón.
Manuel Blanco: Si.
Branca Villares: Levabas unha careta de coello.
Manuel Blanco: Si.
Branca Villares: Levabas un mandil de picote. Verdá que si? Un mandil de mostra así (Incomprensíbel) non sei, levabas
Manuel Blanco: Unha falda i un, i un.
Branca Villares: E saia.
Manuel Blanco: I un, i un mandil por riba.
Branca Villares: I unha man/
Manuel Blanco: Unha manta é o que lle chamabamos o mantelo aquí.
Roberto Raposo: Eran, eran tres mantelos.
Branca Villares: Eso.
Manuel Blanco: Si.
Branca Villares: Que me contas deso que levabas?
Manuel Blanco: Pois mira, ahora aquelo, aquel género dos mantelos xa non quedan aquí, non hai liño nin casi la, que era do que facían as tecedeiras, si. E,e,e i había que buscalo onde as mulleres que o tiñan, non sabes, que non en todas as casas había. I,i,i e o ramo este de xardón, chamounos a atención a Guardia Civil unha vez. Era prohibido cortar os xardós. Ah, mira, estamos todos. Si, si.
Branca Villares: Por que levabas un xardón?
Manuel Blanco: Porque todo eso vén do que eran os Reiseiros de antes. E levaban ese ramo, O Carantoña, levaba o ramo como decindo, aquí vamos, pre que desde lejos che viran os ramos i era como un anuncio, e o ramo tiñan que seguilo os Reis que viñan detrás.
Branca Villares: Tú ibas diante.
Manuel Blanco: Diante. I o mochilero detrás (coño) o mochilero era o que levaba os, os dones. Si. I a estes dous que tamén que eran Reis, tamén iban detrás máis os outros dous compañeiros deles. Entonces a xente que xa salía ás portas a esperarnos: Pois aí vein. Vían o ramo: Aí vein. Si. Pero, non quedein, así de portar o ramo, non quedein mui contento. Chamábanme o Feo porque o ramo, O Carantoña tiña mala conduta, mui mala conduta, que pegaba á xente, que pegaba aos nenos, que pegaba ás nenas, que pegaba ás mozas, e mala conduta pois co feo que é, como levaba a cara tapada, como levaba todo, i eu eso muito me mancaba, que me chamaran o Feo, eh! Pero como bon compañeiro anduvemos cinco anos, así que por feo non me deu, non me deu pega.
Branca Villares: Pero ti non falabas?
Manuel Blanco: No, eu nada máis facía brrr e se trouguera o cepillo diríache ahora, que tú recordas, claro.
Branca Villares: E por que non falaba o Carantoña logo?
Manuel Blanco: Pois pra que non o conoceran. Un dos puntos fuertes é que non conoceran no Carantoña nos pueblos que ibamos. Aquí, nesta casa, comemos dúas ou tres veces e pra comer eu quitábaa, quitaba a carauta, o mantelo non, pero a carauta si. E,e,e entonces, despois cando comiamos, acabábame de fastidiar, especialmente estos dous compañeiros. Oh, Carantoña, O Carantoña non tiña que ser tan feo como eres tú, o Carantoña! I eu daquela tamén inda era algo novo, a medias, avergozábame, eh, porque eu sempre fuin enemigo que me chamaran feo, inda hoxe non me gusta, eh. Inda hoxe, inda hoxe gústame muito que me digan: Pareces un mozo pra os anos que teis! Pero o que che dixen antes, os anos escon/ escondo unha parte deles, si, comparándome cas mulleres, que eu, gustoume sempre compararme cas mulleres, e gustáronme as cousas das mulleres, todo, pero,o,o as mulleres nunca me chamaban feo, siempre eran, siemp/ eran os mismos compañeiros, despois sentían envidia, todos querían ser Carantoñas anque me chamaban o Feo.
Manuel Aira "Roque": Chamabámoslle feo por envidia.
Branca Villares: Claro, claro, claro.
Roberto Raposo: Ás mulleres facíalles el as cóxegas.
Branca Villares: Pero como pode ser que te fixeras entender sin falar? Porque eras ti quen da/ pedías o permiso (na casa) pero sin falar.
Manuel Blanco: Ó bon entendedor, poucas razós. Eh! Si. Ao bon entender, ao bo entendedor hai que entendelo tamén con pouquiñas razós. Si, si. E eso tamén vén do Carantoña. E claro, entonces o do ramo, claro, ahora xa se me vai olvidando tamén a canción, que xa eu, casi non a sabía daquela, estos si que eran os que a cantaban. Pero,o,o claro o ramo decía, ai, non me sale ahora! El ramo que nos guía.
Manuel Aira "Roque": A estrella que nos guía.
Manuel Blanco: A estrella que nos guía. I a estrella que nos guía viña, chamaba, así, ao ramo, tamén, a estrella que nos guía, si, pero o ramo tamén era o que guiaba. Si.
Branca Villar: E que outros Carantoñas acordas antes de chegar a ser tú Carantoña?
Manuel Blanco: Ui, acordo varios. Si. Porque antes salían casi todos os anos, casi cada ano polos Reis, os Reis dalgún pueblo ou dous pueblos en unión, un pueblo co outro. Entonces, pero daquela, os que eramos novos, chavales, como eu acordein varios Carantoñas sendo chaval, tiñámoslle medo, porque o Carantoña a verdá é que era feo. Eh! I eu por eso, por eso quixeron que eu fora de Carantoña, por feo. Mira, acordo Reis en Santalla; aquí, en Cuterces, qu'está aí ao lado; no Hospital, varios anos; en Pacios, e como decía o voso compañeiro Carrete, en Vesuña.
Manuel Aira "Roque": En Rabaceira.
Manuel Blanco: Ai, en Rabaceira dous anos, acordo.
Manuel Aira "Roque": Claro, que salira (Incomprensíbel) en paz descanse, e non sei quen eran os outros.
Manuel Blanco: Amiliano de (Pol), Hermindo.
Roberto Raposo: Benjamín.
Manuel Blanco: Benjamín fora o Carantoña un ano.
Manuel Aira "Roque": (Carantoña) era o noso tío.
Manuel Blanco: Efetivamente.
Branca Villares: Era o voso tío.
Roberto Raposo: Si.
Manuel Blanco: Si.
Branca Villares: E tiñan mala?
Manuel Aira "Roque": Bueno, tiñan, eles. Dille que diga a verdá que non conte a medias, realidá todos lle tíñamos envidia ao Carantoña.
Roberto Raposo: Non rascaba ás vellas pero ás novas.
Branca Villares: O traxe era o máis chulo que era o que tiña máis capacidá de.
Roberto Raposo: De manejo.
Manuel Aira "Roque": El co cepillo.
Manuel Blanco: Eu estaba esperando que me fixeras a pregunta. Pra que levabas o cepillo?
Branca Villares: Pa que levabas o cepillo, Manuel? Pa que levabas o cepillo?
Manuel Blanco: Bueno, o cepillo valía muito pra acariñarse cas mulleres. Eh! Eso, muito, muito. Ese era un dos puntos fuertes, o cepillo. Pra que deran algo había que acepillar. Eh! Si, si. O que tuven muita suerte, que siempre levamos o mismo mochilero os cinco anos, e o mochilero nunca se me adelantaba, porque si é un mochilero curioso igual se adelantaba a Carantoña, e non, era mui covarde, sempre detrás. Portaba mui ben o fardo que levaba.
Roberto Raposo: Iba mui avisado.
Manuel Blanco: Home, avisado, si. Avisado tiña qu'ir. Pero non, se é un Carantoño pillo adelan/ un mochilero, digo, mochilero, sabes, o portador.
Branca Villares: Si, si, si. O mozo que levaba.
Manuel Blanco: Efetivamente.
Branca Villares: Os chourizos.
Manuel Blanco: Era o que portaba o.
Branca Villares: E logo os cartos dábanllos ao mochilero ou dábanchos a ti?
Manuel Blanco: Ao Rei.
Branca Villares: Porque carto tamén había.
Manuel Blanco: Ao Rei Maior siempre. No, ao Rei Maior ou ao Carantoña. Despois entre o Rei Maior e O Carantoña, ao acabarse o día, xuntabamos o diñeiro. Si. Oi, pero, en buena hora, nunca tuvemos problema por eso, porque houbo Reises que tuveron desconcordia polo diñeiro, e nós, non. Que va! Non. Mira que en cinco anos é muito, muito non ter desconcordia. Non. Si, si.
Branca Villares: E que día salíais, Manuel?
Manuel Blanco: O día de Reis. O día de Ano Novo.
Branca Villares: O día de Ano Novo empezabais.
Manuel Blanco: Hasta, hasta, empezar hasta día de Reis acabar. O día de Reis acabábase. Eran os cinco ou seis días que, que estabamos.
Branca Villares: E salíais seguido. Salíase seguido?
Manuel Blanco: Bueno, algunha vez igual tiñamos un día de descanso.
Branca Villares: Si.
Manuel Blanco: Igual unha vez, igual non era seguido, non. Si. E eran os cinco días, bueno, o día de Reis acababamos. Si, si.
Autor/a da transcrición: e~xenio