Manuel Blanco: Os que aprendín no filandón se os, se os tuvera todos no recuerdo, e teño memoria, eh, pra a edá que teño, pero había contos bonitos, contos malos, (aciosidades) que sempre salía alguén mancado, si, si, había de todo, de todo.
Roberto Raposo: (Incomprensíbel) Debaixo da palla na malla na de Carmiña.
Manuel Blanco: Bueno.
Roberto Raposo: Cando che iba pegando a patada (e tú) debaixo da palla.
Branca Villares: Anímaste a contarnos unha, e logo lles pregunto a eles.
Manuel Blanco: Que o conte Roberto! Esplícamo a min.
Branca Villares: Roberto non ten o micro.
Manuel Blanco: Esplícamo a min. Ah, bueno! Resulta que era esto, era polo vrau, xa non era no filandón do inverno, fomos mallar alí a un pueblo, xa cando había máquinas de mallar, que antes aquí non había, había que mallar co pau, e,e,e fomos alí a un pueblo e,e,e así, á tardiña, cando se acabou de mallar naquela casa, quedara muita palla, así, ciscasda, por alí, había catro ou cinco mozas alí, e empezaron a loitar comigo, a loitar, o caso é que caemos todos na palla. Había, un deles o padre de Roberto, agarrou brazados de palla e tirou enriba de nós; outro que lle chamaban Benito, tamén. E cheghou o padre dunha das mozas, i era a moza máis nova, eh, que eu sentino por ela. Chegou o padre das mozas e deuse cuenta que algunha moza, había dúas baixo da palla, fillas del, entre máis, eran unhas catro ou cinco, (iba) a palla tamén encima de min, e chegou o padre das mozas, eu non sei se pensou que me daba as patadas a min, ás fillas que el sabía que as fillas estaban baixo da palla, pero non, non lles quería petar, empezou a dar patadas así, así, e deulle a unha das fillas catro ou cinco patadas: Ai, ai, ai, ai que me mancáis, ai! I o padre das rapazas que pensaba que me daba as patadas a min, e dáballas á filla. I ahora Roberto siempre m'está con eso, i eu non era o da culpa, eh. Eu non era o da culpa, a culpa foi do padre de Roberto que nos tapou de palla, i outro que lle chamaban Benito que tamén lle axudou.
Roberto Raposo: Benito decíalle: Si souperas que é a túa filla, non lle dabas a patada. E o que estaba debaixo da, da palla facía o que podía.
Manuel Blanco: Eu escapaba ben de gana d'alí, eh. Si, antes que me deran patadas.
Manuel Aira "Roque": Anque as canelas estén como están negras, non hai nada que estrañar.
Roberto Raposo: É o que hai.
Manuel Blanco: E naqueles mundos, eses contos eran, eran bonitos. Era, eses, de todo clase de contos, o que non era tan bonito que siempre salía alguién chorando, siempre, si.
Manuel Aira "Roque": Mancado.
Manuel Blanco: Mancado.
Manuel Aira "Roque": (Incompensíbel) recibías as patadas porque eras un home duro que se non tamén chorabas.
Autor/a da transcrición: e~xenio