Manuel Blanco: Mira, estou mui orgulloso, mui orgulloso por cumplir noventa o outro día.
Branca Villares: Cumpliches xa noventa!
Manuel Blanco: Noventa. Si, si, si.
Branca Villar: Estás como de ochenta e nove.
Manuel Blanco: Mira, íbache quitar dez. Se fo/ pero están estes dous aquí, e despois rinse de min, rinse de min. Mira, cuando eu era mozo e cando fun á mili, íbase por quintas, aos vinte e un ano, aos vintedous anos había que ir á mili, eu fuin ao vinte e un porque nacín no último do ano, e logo, eramos aquí no noso concello noventa e dous dunha, da misma quinta.
Branca Villares: Caray!
Manuel Blanco: Había muita familia (aquela) nas casas, muito, si. E sabes que hoxe solo quedamos seis daqueles? Marcharon non sein pra donde. Un, aquí o pai de Manolo, contentos porque estamos os dous, fomos amigos desde chavaliños, dígoo polo padre aquí de Roque. Logo, quedamos: el, o teu pai logo; eu, dous; o de Fontevedra, tres; oye, ahora onde, hai un en Louzarela, no?
Manuel Aira "Roque": O de Louzarela, non, o de Louzarela xa falleceu o ano pasao. O de Villaverde.
Manuel Blanco: O de Villaverde.
Manuel Aira "Roque": (Incomprensíbel).
Manuel Blanco: (Incomprensíbel), si. Bueno, non me salen ahora pero somos seis de noventa e dous que eramos. Por que sería eso? Marcharon, logo de noventa e dous quedamos seis. Marcharon ochenta e seis ou por aí. Non sabemos pra dónde. Igual algún, igual vai no Brasil porque non escribiron, eh!
Branca Villares: Vai cara, vai cara a correspondencia.
Manuel Blanco: Pero contentos porque quedamos os seis.
Branca Villares: Correcto.
Manuel Blanco: Quedamos, de momento estamos aquí.
Manuel Aira "Roque": Quedastes os mellores.
Manuel Blanco: No, igual nos chaman en cualquera momento.
Branca Villares: Entonces xa sabemos hai cantos anos naciche, pero aínda non sabemos donde naciche, nin en que casa. Contános.
Manuel Blanco: Si,i,i. A casa chámase de Lousada, o pueblo Veiga de Forcas, i a min chámanme todos o Lousada. E preguntei fará como un mes por que me chamaban o Lousada, e que me dixo a persona que me contestou a eso? Dixo: Porque ao meu abuelo chamábanlle o Lousón. E a meu padre despois chamárono polo nombre, pero a min non me chamaron Lousón, témosche que che chamar o Lousada, i é o nombre da casa.
Branca Villares: Quedou aí, quedou aí.
Manuel Blanco: Si, si, si.
Branca Villares: Quedou aí.
Manuel Blanco: E quedou aí. E ahora a ver os que veñan detrás de min, como lle chaman. Se lle volven chamar Lousón, Lousadiña. E aparte de que estoun contento por ter, acordo muitas cousas da nosa zona por anos, porque non é o caso do, do demo que decían que sabía muito por demo, eu sei por vello, o pouco que sein é por vello.
Autor/a da transcrición: e~xenio