Branca Villares: Perdonade que volva ao do Nadal. Pero é que me interesaba esto porque eu escoitei alghunha cousa, por exemplo, que se facía en fin de ano en Degrada no ano novo. A noite de,e,e de, de fin de ano a ano novo. Que facíades aquí? Cando era pa cambiar dun ano pa outro.
Interveniente: Disfrazabámonos, disfrazabámonos, ibamos dun pueblo a outro disfrazados. Pasábamolo mui ben tamén.
Manuel Pérez González "O Lamego": Pero eso era no Carnaval. Eso era no Carnaval.
Branca Villares: Había quen no facía no Carnaval, e había quen o facía en...
Manuel Pérez González "O Lamego": Eso era no Carnaval.
Branca Villares: En, en, no Nadal.
Manuel Pérez González "O Lamego": Si.
Branca Villares: Eu teño escoitado eso tamén, así na Noitevella.
Interveniente: Faciámolo. Nosoutros fomos varias veces a Villanova, disfrazados, e pasábamolo mui ben. Queriamos que non os conoceran.
Branca Villares: Claro.
Manuel Pérez González "O Lamego": Si. Nosoutros fomos unha vez, fomos á Oucella, fomos oito, i eu era chaval, e valíame a roupa das mulleres, e as mulleres levaban a miña. I o,o,o outro, outro quinto meu tamén levaba a, a, a, a das miñas irmás. E foramos oito, levábamos os homes as, as saias i as, i as mulleres levaban, e non os conoceron a ningún. E eilí, despois, facían baile e querían que nos quedaramos eilí, e facilitáronnos unha habitación eilí para que entraramos eilí e nos cambiaramos todos de roupa, e despois preguntábanos: E quen era aquel que, quen era aquel? Porque non nos conoceran a ningún, e conocíannos a todos.
Branca Villares: Claro, claro.
Manuel Pérez González "O Lamego": E eso.
Branca Villares: E o ano que fostes vós disfrazados?
Interveniente: Pois tamén pasou igual. A algún, conoceran a algunha, pero non.
Branca Villares: Colliades cousas simplemente para que non vos conoceran, ou tamén ibades cambiados?
Manuel Pérez González "O Lamego": A roupa, nosoutros levabámola cambiada, pero a cara tapada cunha caran/ cunha carantoña feita por nós tamén.
Interveniente: Si.
Branca Villares: Máscaras, carantoñas.
Manuel Pérez González "O Lamego": Máscaras, e tiznadas, o sea, a veces tiñámolas con, con rotuladores, o sea, faciámoslle unha...
Interveniente: Si. Cantos máis garabatos millor pra que non os conoceran.
Branca Villares: Claro.
Manuel Pérez González "O Lamego": E a min unha vez arrancáronme (aínda) así un cordón que lle metiamos un cordón na, no cartón, que eran de cartón, e, e pegáronlle un tirón i arrancouse, e unha señora viume a cara e dixo: Anda vinlle a cara e non o conozo. I era, era miña tía. Era a tía Manuela, e meu irmau deulle un coscorrón nos dedos porque ela foi quen me rompeu pa destapar. E dice: Anda, destapeille a cara, e ahora non o conozo. (E dérame nos dedos)
Branca Villares: Que bueno!
Autor/a da transcrición: e~xenio