Branca Villares: Hai, hai, nas familias que se canta normalmente, pois se canta siempre; cántase en navidá, cántase, non sei si, si, si cos mozos do pueblo, ou así, cando erades máis novos facíais outra cousa ou ibais cantar polas casas.
Manuel Pérez González "O Lamego": Nosoutros eiquí, eiquí era, como eramos mui pouquiños porque nós, eu era dun pueblo que e,e,e da miña edá eramos dous, o sea, da miña quinta era/ habíamos dous, e porque ahora hai dous vivindo no pueblo namais que daquela inda había, inda había xente, que inda había, pero da misma edá, misma, éramos dous na[da] máis. Despois cantaban, canta un, cada un cantaba e,e,e o que, o que lle parecía.
Branca Villares: O que lle parecía.
Manuel Pérez González "O Lamego": O que si que se cantaba muito, eso é verdá, porque iba de un pueblo pra outro, de unha casa pra outra, no mismo pueblo, iban cantando.
Branca Villares: Iban a cantarse a casa dun e logo a casa doutro.
Manuel Pérez González "O Lamego": Ahora si encuentras un cantante así, parece que esté mal da cabeza. Antes, antes había máis miseria ca ahora, e a xente estaba máis contenta, non sei. Había, incluso, eu non sei, ao millor cantaban hasta pra, pra apartar os problemas, ou o que fora, porque tamén había quen decía: Cuando un español canta, ou está jodido ou pouco lle falta. Porque, porque a veces tamén cantaban pra disimular os problemas, ou o que fora.
Branca Villares: Claro, claro, claro.
Manuel Pérez González "O Lamego": Pero si que se cantaba muito canciois, así da, d'eiquí do, eiquí máis que nada se cantaban, muito era a estilo asturiana, así unha mezcla que non era muita asturiana tampouco, nin. Se cantaban, había.
Branca Villares: Ao xeito de aquí, claro, claro. Asturianada pero ao xeito d'aquí.
Manuel Pérez González "O Lamego": Si. Si, si.
Branca Villares: Si se lle ocurre, si non, non pasa nada. Eu, era por saber si tiñan costumbre de facer algo así polo, polo Nadal.
Manuel Pérez González "O Lamego": Si, no.
Branca Villares: Ou polo ano novo?
Manuel Pérez González "O Lamego": Era, era por, normalmente o que se facía era tocar baile e bailaban muliñeiras e,e,e i a jota, o sea, bailable ca (pataleta), e tal, que eu non tocaba apenas a nada pandereta, e facíanma tocar a min, o sea, que.
Branca Villares: En serio? Vouche por unha, eh!
Manuel Pérez González "O Lamego": No,o,o. Que va!
Branca Villares: Eu non sabía que tocabas pandereta. Que fata son que non se me ocurriu, eh!
Manuel Pérez González "O Lamego": No, no, no, que non sabía tocar a pandereta, eu tocaba, eu tocaba un pouco a muliñeira así de, tiña que ser coas dúas maus.
Branca Villares: A dúas maus, si?
Manuel Pérez González "O Lamego": Cas dúas maus, e así, ca pandereta cas dúas maus.
Branca Villares: Vouche por unha ahora mismo.
Manuel Pérez González "O Lamego": Pero, no,o,o que va! Que ahora xa...
Branca Villares: Ti recordas algún?
Manuel Pérez González "O Lamego": Ahora xa se me (cae).
Branca Villares: Algún soniquete da muliñeira?
Manuel Pérez González "O Lamego": Entonces cantabas a muliñeira e cantabas, por ejemplo, había estrofas que lle cantabas que:
Canta ben o bailadora
Baila ben o bailador
e millor a bailadora.
Se non me equivoco, baila fulano, poñíalle o nombre que querías e poñíaslle, así de,e,e de cousas, inventos que se cantaban, pero si, había muita variación e eso. Pero bueno, que eu deso, si, tocaba muitas veces a pandereta cuando iba eilí ao, porque non había, non había, había pouca xente que tocara, incluso equí nesta zona, a gaita, gracias a esta remesa, gracias, porque a min sempre me gustou muito a gaita gallega. Eu, ademais, como estuven afora, non sei si se aprecia máis aínda porque,e,e eu sentir a gaita gallega, ao millor, así nun programa que empezaba, eilí, ao Lonxe da terra, en Barcelona, o Manolo Valdés, eilí facía un programa, i a min poñíanseme os pelos de punta cuando empe/ cuando sentía a gaita gallegha.
Branca Villares: Claro.
Manuel Pérez González "O Lamego": Si, si. A min me gustaba muito bailar tamén, pero non volvín a bailar desde que me casei, practicamente. E despois tampouco, tiña que traballar muitas horas tamén, e tampouco, non ibamos a, pero si a min o baile, eu iba á provincia de León aí a un pueblo que se chama Teixeira, que hai cuatro horas andando desde o meu pueblo, iba cuatro horas andando.
Branaca Villares: Telita!
Manuel Pérez González "O Lamego": Cuatro horas de día que de noite aínda iba máis despacio inda che podía levar máis. E polo monte, que non había, era un carreiro.
Branca Villares: Ibas ao baile.
Manuel Pérez González "O Lamego": Si, para ir ao baile. O baile, si. I aiquí tamén, desde onde nacín eu, ao pueblo donde se criou ela, tamén tela porque hai cuatro quilómetros desde eiquí e pra riba hai seis.
Autor/a da transcrición: e~xenio