Vouvos esplicar unha historia
que ocurriu en Noceda:
Tiñan unha bestia sola
i a bestia púxose enferma
Era a bestia do caseiro
jubilárona por enferma
ahora arrastra (Incomprensíbel)
convertiuse nun problema
Pero o pueblo de Noceda
sonche todos mui unidos
dicen que un burro que chega
pre entre todos os veciños
E foron onde o Navarro
pre que lles vendera un
pero eilí non o compraron
porque non tiña ningún
Quedaron mui fastidiados
facíalle muita falta
ahora andan mui buscados
os burros de cuatro patas
Verginia escuita os veciños
e dícelles mui contenta:
temos qu'ir a Villeriños
eilí hai un burro en venta
Entonces, foi o Rosón
e a Verginia de Santín,
i o burro xa llo venderan
ao Copas de San Martín
O Copas fixo de maneira
e trouxo o burro de ramal
e perdeuse na morteira
foi a dar ao pastizal
Quixo aforrarlle o trasporte
ao Eduardo de Campillas
e chegou cas patas gastadas
hasta cerca das rodillas
Os de Noceda seguiron
e foron hasta Balboa
eilí si que o conseguiron
ahora están de en hora boa
Un burro de boa masa
i estaba mui equipado
i antes de chegar á casa
xa lle venderon o carro
O burro veuche por Porfís
e saliulle unha ocasión
Avelino pra asestir a burra
pensou que estaba marón
I o burro vén preparado
pra casi todos os labores
pero non vén preparado
pre ter relaciones
O burro ten boa presencia
e fixeron mui bon trato
pero se lle queren descendencia
eso si que vai pre rato
Foiche mui ben recibido
i o burro chegou en paz
eilí estaba Segundino
fixo sonar as campás
A Maruxa e a Carmiña
estaban mortas de risa
xa que sonan as campás
pudiamos botarlle unha misa
O Pepe do Caseiro dice
que non lle gusta o color
que si o burro fora blanco
sería muito mellor
O Rosón dice ni hablar
que o blanco que non lle mola
se o pudera pintar
cos colores de Guardiola
Entonces dice Senén
deixa xa en paz o burro
déixalle o color que ten
o burro non xoga ao fúbol
Verginia ten a maior parte
pero non lla van a dar
porque un burro si se parte
xa non vale pra sucar
I o burro é mui familiar
e quere ir ver a Verginia
e como quere atallar
vai por donde os da cociña
Quen o estrenou foi Alberto
foi pra sucar as patacas
a segunda foi a Lupe
foi pre plantar remolacha
I o burro traballa ben
está mui ben enseñado
i o último foi Senén
e teno eilí aparcado
I o burro é mui familiar
e quere ir ver a Verginia
e como quere atallar
vai por donde os da cociña
De paso pódalle as flores
e busca de merendar
o burro sabe abrir as portas
e non as sabe cerrar
Un burro con tanta suerte
non o houbo nunca en Noceda
ahora pode andar ás soltas
ten parte en todo Noceda
O problema vaio ter
quen queira burro prestado
é mui difícel saber
quen é o verdadeiro amo
I é mui difícel saber
quen é o verdadeiro amo
Autor/a da transcrición: e~xenio