Xan de Vilar: Na fraga maior qu'hai de/ desd'eiquí, a fraga maior que hai desd'eiquí hasta, hasta o cimo do Caurel, está antes do Boi, en Campodola, por aquela fraga marchaba a línea, e saltei eu do (pico) da línea, viñamos vintecinco no teito da línea, e dos lados tiña un latón, muito máis alto qu'esta mesa, p'amparere, arriba cheo de vultos e viñamos vintecinco, i a línea, o chófer inda vive, [es]tá aí abaixo á direita, e non tiña carné p'a línea. Na fraga maiore, iban, iban, iban todos a, quedaban todos en pedazos, non hai fraga más mala desd'eiquí a, a Pedrafita, e despois, foi o ano sesenta, o dez de agosto.
Lois Pérez: Que pasou, que pasou?
Xan de Vilar: E viña miña mai diante tamén, abaixo. Non sei si viña sentada ou de pé, porque viña de pé, tamén, abaixo. Viñan así com'as sardiñas. E saltei por riba do latón, que leva dos lados para parar os vultos que leva, saltein á carretera estaba chea de coios, grava; púxenlle tres calzos, os calzos estaban na punta do muro, i eu tiña que, a línea víñame encima, e tiña que coller o coio, parar a línea, e no terceiro fíxena parare, pero leva/ levaba doble roda d'atrás, pero a roda d'afora e a pizarra xa estaban colgando; se leva unha roda sola, xa non para. Pero como levaba dúas rodas d'atrás, estaba a tapa/ a tapadeira do muro, ao muro poñíanlle unha tapadeira de pedras grandes, e estaba así pa fo/ xa inclinada pa baixo a tapadeira, e na terceira foi o santo del cielo, parou, na terceira calzo fíxena parare.
Lois Pérez: Menuda desgracia puido ser.
Xan de Vilar: Tiña a miña mai dentro tamén. E comigo arriba viña un, un chaval, así, máis novo que eu, xa morreu en Barcelona, pero,o,o houbo un que dixo que salvara muitas vidas, e logo? cando foi en Campodola o coche da línea, e dixéronlle os rapaces: Si, que saltache tú da linea pa calzar a línea. Quen eras tú pa saltar pa calzar a línea, saltar por encima do latón (Incomprensíbel) da carretera? Se me descolgo, xa, xa non, xa non a calzo. Saltei en (crudo), viña miña mai dentro, e se non vén ela, fágoo igual, íbao facer igual.
Lois Pérez: Xa.
Xan de Vilar: Así que.
Lois Pérez: Oíche Xan?
Xan de Vilar: Nunca, nunca, nunca subo nin baixo que non se me veña á cabeza ese día. I o cobrador é un, é un chaval d'aí de cerca, veu jubilado non sei por onde anduvo. Eu tiña,a,a nacín o 42, tiña dazaoito, non? Ou, i o cobrador tiña dous anos menos ca eu, tampo/ tampouco non se, non se lle borrou da cabeza, pero il baixou pola escaleira, pola escaleira da cube/ da li/, da cubierta.
Autor/a da transcrición: e~xenio