Lois Pérez: Despois de neno, mais a/ un pouco máis adiante, como foron os, os teus anos mozos, que lembras desa, desa época?
Xan de Vilar: Eu, eu nunca fun d’ir a festas mui lexos. I as festas máis grandes eran: Folgoso, na carretera, Santa Eufemia, Forxán onde se fai a pisa de castañas, esas eran as festas máis grandes do Caurel; en (Incomprensíbel) San Juan tamén inda era grandote/ Esas, esas máis grandes non i/ non me gustaban. Eu gustábanme as festas máis pequenas como Vidallón, Villamor, Vilare.
Lois Pérez: Eran as túas preferidas esas?
Xan de Vilar: I alborada pola mañá. O máis bonito da festa é o alborada de porta en porta.
Lois Pérez: Por que?
Xan de Vilar: Eu tamén teño feito varias, varias alboradas con varios qu’eu, eu toquein cos do Carballal, eran dous irmaos, un xa morreu, o que tocaba, como remexía a batería! Un tambor i un bombo, como tocaba aquelo! Xa tocaba o pai del! E nacería do ano nove tamén. Un tocaba a batería i o outro a gaita, facían unha festa. Eu (tamén) toquei con varios.
Lois Pérez: Que tocabades, lembras?
Xan de Vilar: Eu toquei con varios, ho! I ahora onda,a,a hai dous alá arriba na montaña alta que tocan os sasos, e un empezou, empezou ca trompeta, e tocábaa bastante ben, i ahora non a quere coller nunca, e digo eu, fumos tocar a, a Miraz, non sei, non sei si foi o día, era o día cinco de setiembre, me parece, qu’era sábado. E viñeron dous da montaña alta cada un dunha aldea, trouxeron os sasos, e trouxeron con iles, un tiña o,o,o sogro i a muller i a filla en Lugo, pero il máis ben para na aldea, no Seixo, o Seixo, e,e,e e tocou a trompeta unha vez que veu onda min, proba/ pobramos, sonaba aquelo de marabilla no comedor, me cagho en Dios! Uf! E depois non había forma de que tocara a trompeta. (Dixen eu): Si non tocas a trompeta algunha vez, eu, igual, igual non toco máis contigo. Díxenlle eu, desta vez, desta festa que tocamos en Mi/ en Mostaz, é onde torce a carretera pa Vesuña, arriba do camping, e trouxo un ruso, trouxo un ruso desde, xa o dixen eu: Se non, se non tocas a trompeta, é a última vez que toco contigo. Trouxo un ruso ca trompeta. Si.
Lois Pérez: Que tocabades?
Xan de Vilar: Levantaba a mau pa parare, eu nunca, eu nunca vin eso de levantar a mau pa parare! Hai que saber parare.
Lois Pérez: Hai que saber parar.
Xan de Vilar: Eu nunca tuven poblema á hora de parar. Nunca tuven poblema. I muitas das veces, muitas das veces, marcábaa eu. Si, si. Toca/ tocamos en Villamore.
Lois Pérez: Que tocabades? Lembras algunha?
Xan de Vilar: Os da montaña alta traian dous sasos, i un como para en Lugo a veces...
Lois Pérez: Pero que pezas, que pezas tocabades? Lembras algunha?
Xan de Vilar: As que, as que se poden sacar, cada un saca unha ao millor. Pero eu, eu non toco a gusto, eu non toco a gusto con eles.
Lois Pérez: No?
Xan de Vilar: No,o,o. Non saben as pezas que sein eu. Eu, eu estou desde a mañá á noite se hai que, quen me acompañe, e non as acabo. I eles, algunha peza que tocamos aq’abaixo cas gaitas e clari/clarinete e non as dá, e non as dan collidas. E (se puxo) cos vellos, e non toco a gusto con eles. Pero o Suso, o Ruso, suelen ser bos músicos, os rusos, levantaba a mau, eu, eu podo estar mirando pa outro lado, nunca tu/ eu nunca tuven poblema jamás pa parare, e teño tocado con muitos, con muitos, de muitos sitios, da Galicia e da nosa zona, nunca tuven poblema pa parare. Cando tocaban as rapazas, as veciñas as gaitas, normalmente, o remate facíao eu, facíao eu co clarinete. Teño aí, pasein o outro día, vinme negro, trouxéronme os das, os das Pontes de Ferrol.
Lois Pérez: Que che fixeron unha canción.
Xan de Vilar: E, i eu vinme negro, toquei mal a ghusto con el nesa festa. Foi entoxo dun quinto meu, de ter unha festa depois de cincuenta anos, e viñeron, viñeron os dous sasos i a trompeta, i o, i o da caixa iba d’aiquí, fun eu con el, entonces, faise unha música mui bonita, pero,o,o os clarinetes, porque o, un estrumento de madeira entre o estrumento de metal, dálle muita gracia á música; que sea unha gaita, que sea un clarinete, que sea unha flauta traversal, ten, ten outra gracia a música que o metal solo.
Lois Pérez: Xa o creo.
Xan de Vilar: Pero o clarinete, tócao o Foxo da banda de Orense.
Autor/a da transcrición: e~xenio