Pois eu fixen muita, muitas veces a festa, i o campo todo adornado, papelillos e farolillos, i o palco adornado, i o campo todo, dun castiñeiro a autro, derredore había cordeles de adornos, de banderines, había de todo, farolillos, farolillos deses de papel, e fíxena muitas veces porque,e,e gustábame que houbera festa, i alí había dúas señoras se por ela fora, non lle gustaba muito a festa, e alguén lle (dixera): A culpa de que haxa festa tena Juan. Xa, xa maldita festa! Estaba medio cabreado, digo: Pois este ano non hai festa, non a fago.
Marchei, marchein cara Folgoso, marchein cara Folgoso nunha iegua, i alí no,o,o había un bare na carre/ un de frente ao outro, un en cada acera, e estaban por alí os guardias, alí pola, pola acera donde estaban os dous bares, i eu cheguein e prendín, prendín a iegua eilí do lado do bare nunha coluna destas redondas de made/ de pedra bonita, prendina e iba cara alí a un dos bares, estaban así pola acera, e dixeron: Ai, Juan, es/ sempre tuvestes festa, este ano non tedes festa. E díxenlle eue: E logo por que non, por que non temos festa? -No, este ano non a podéis tere, non vén o permiso a tiempo. E díxenlle eu: Bueno, eso aínda tá, inda está por vere, inda ta por vere, si a habrá ou non. -No, no, no, imposible non veu o permiso, non vén, non dá tempo a vir o permiso de Lugo p’aiquí.
Bueno, soltein a iegua da, xa non fun ao bare, collín carretera pa, pa Seoane, a carretera estaba chea de coios e grava, tiraba a iegua as pedras a coarenta metros pa tras cas patas d’atrás, cheguei a Seoane nun, nun soplo, daquela había pouquiños coches, era igual que os houbera eu iba pola direita, donde mais pedras había, á direita, e tirábanas os coches pa dire/ pa fóra, formaba un tropel a iegua, pero como estaba ben ferrada, ferrábaa eu. Bueno, era o Pombo, que Dios lo tenga en el cielo, daquiles, era, era, era republicano, socialista, republicano auténtico, e tiña un ollo, así, medio malo, e tiñan bare, e daban comidas, e está aberto hoxe inda, e dixo, díxelle: Señor Manuel, mire, veño de Folgoso que me pasou esto cos guardias. -E logo? Dixéronme, est’ano xa non podéis facer festa, e normalmente tiñaila sempre, e bomba, bueno, ho, e dice el, eu iba enfadado, me cahgo en diola, pero cheguei nun, trece quilómetros, cortei pola ferrería arriba e cortein dous quilómetros, once quilómetros, e dixo: E logo que che pasou? -Pasoume esto cos guardias en Folgoso. Claro, eu era o que me encargaba de que houbera unha festa, unha orquesta, os do Incio ou os do Caurel, i houbo muitas, máis, un pouco máis floxas pero… Entonces, ahora, gustaríame tela, pa jodelos, e (dixen): Nada, non te preocupes, nada, non te enfades home. Esto arréglocho eu, nada, esto arréglocho eu. Tiña un ollo chosco de todo, esto arréglocho eu. Sacou dunha lacena, dunha que había así empotrada nunha parede, papel i o bolígrafo, e púxose a escribire, e dice: E vas traer bombas? -Hei traer un feixe de bombas, hein ir a Monforte hein encargar un ran rover de bombas. Bueno, pois vanche ir, vanche ir, van alá, van alá se tras bom/ iríanche de todas formas por si acaso pero si traes bombas, xa, ao sentir as bombas, xa, seguro, seguro, seguro…
Lois Pérez: Que os tes aquí.
Xan de Vilar: Que van. Claro. Presentáronse. -Eh! Quen se encargou da festa? -Eu. -Permiso? Estaba eiquí, hasta as catro da mañá, hasta as catro da mañá que suelían parare ás tres da ma/ ás tres e media ou ás tres, puxo hasta as catro; había dúas cantinas na festa, ou tres. Muito llo agradecín, eh, que Dios lo (tienga) en el cielo, eh. Eran tempos mui bonitos, hombre.
Lois Pérez: Si.
Xan de Vilar: Había festas, todos os pueblos facían festas, todos, todos, en todos os pueblos había fes/ festa, non fallaba, pero dous días, eh, había dous días de festa, tiñamos dous días, i eu, os do, os de Paderne, houbo varias épocas, chegou haber dúas, dous grupos, eh, estaban á competencia, pero do Incio tamén había, eu, algún ano, trouxen trece do Incio, sonaban as penas do outro lado.
Autor/a da transcrición: e~xenio