Margarita Lamela Louzán: Moi boas tardes e benvidos, benvidas e benvidos a este auditorio Baldomero Cores. Da man da Asociación de Escritores en Lingua Galega, aquí representada por Lois Pérez como responsable da organización desta pola/ polafía, e tamén do noso poeta mariñeiro Xosé Iglesias, presenta, presentamos Atrás da balea, unha xornada que contribuirá a difundir unha parte da historia da baleeira de Caneliñas da man dalgúns dos seus antigos traballadores.
Caneliñas foi a pranta de aproveitamento de baleas máis grande da península ibérica e a derradeira de Europa en, en pechar a súa actividade. No seu último período convivíu con, coas outras dúas factorías que existiron en Galicia: a baleeira dos irmáns Massó en Cangas do Morrazo, Pontevedra, e a factoría de Morás en Xove, Lugo.
As tres pertenceron a IBSA (Industria Baleeira SA) pero a historia da pranta de Caneliñas rematou, rematón, remóntase a 1924 cando a Compañía Baleeira Española mercou aquí unha fábrica de salación, salazón e tres hectáreas de terreo. Este foi o comezo dunha historia que con diferentes etapas rematou no ano 1985.
Hoxe están con nós Manuel Caamaño Martínez, Manuel Trillo Fidalgo, Vitorio Caamaño Vázquez e Jesús Manuel Blanco Costa. Eles contaran as súas vivenzas e experiencias na época dourada desta factoría alá polas décadas dos anos sesenta e setenta, especialmente a partir de 1972, cando despois de establecer unha relación comercial con tres empresas xaponesas para a exportación de, da carne da balea a aquel país, comenzaba a última e máis produtiva etapa da compañía.
Vai ser unha tarde de lembranzas e emocións. Moitas gracias, e déixovos cos protagonistas.
((Aplausos))
Lois Pérez: A ver si non rompemos nada xa no minuto un. Ben e,e,e moi boa tarde e,e,e a todas e todos. Moitas grazas por vir e,e,e grazas á,á,á á alcaldesa pola, polas súas palabras, pola súa benvida. Eu chámome Lois Pérez, pertenzo á,á,á como ela ben dixo, á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e,e,e antes ca nada quería un pouco esplicar e,e,e un pouco a natureza i a motivación desta, desta actividade, deste encontro que hoxe,e,e vai ter lugar, non? aquí cos, cos compañeiros ceenses e con, con Xosé Iglesias a que llen agradecemos tamén moito a súa, a súa participación.
As polafías son e,e,e unha iniciativa que na súa palabra, porque realmente a polafía como tal é un neoloxismo, non esiste, pero si mestura o que o, o que tradicionalmente eran ese, as palabras que se refiren a eses encontros e,e,e normalmente despois do,o,o nas pausas do traballo ou nos momentos de festa ou nos momentos de, de cobrar folgos onde e,e,e a xente se encontraba e,e,e fundamentalmente no, no ámbito rural e contaba, cantaba, e,e,e i aí tiñan e,e,e lugar unha serie de intercambios e manifestación, non? do noso folclore, da nosa literatura de tradición oral. Chamábaselles e,e,e fiadas ou filandón, filandóns, polavilas, non? E,e,e i esto de polafía pois é unha mestura, é unha homenaxe a todas esas palabras. Non? E,e,e o que a AELG fixo a través do,o,o de compañeiros nosos como Antonio Reigosa que é un dos outros compañeiros da sección de Literatura de Tradición Oral da nosa asociación, tamén da man do finado, do poeta Isidro Novo, outro compañeiro que estivo moi directamente implicado neste tipo de actividades, foi percorrer Galiza enteira e,e,e de arriba pa baixo, dende o Baixo Miño ata a Mariña lucense; dende,e,e a,a,a dende outros lugares da Costa da Morte atá a montaña de Ourense, case ata O Barco e,e,e por todo, por todo o país, foi ir mantendo este tipo de encontros pero, ademais, valéndonos das novas tecnoloxías que, que hoxe nos acompañan, tamén, e,e,e que nos permitiron gravar moitísimas horas de testemuños, de cantos, de contos, de bailes, de,e,e e dentro diso, e,e,e anécdotas, sucedidos, esperiencias de vida e,e,e co fin de que non se perdesen coas, pois, coas súas propietarias e propietarios, ca, cos nosos concidadáns senón que quedasen rexistradas e,e,e esas imaxes, ese, ese caudal de esperiencia, esa esperiencia de vida pra despois poder subila á web onde está dispoñible pra,a,a pra todo o mundo, onde se, onde está transcrito, e hai horas i horas de, de, de encontros deste tipo. Non? Que entendemos que é fundamental pra conservar vivo o noso patrimonio inmateiral, a memoria colectiva, a memoria tamén individual pero a memoria colectiva do, do país, do, do noso pobo. Non?Entón, baixo esta,a,a baixo esta intención é e,e,e pola que vimos, chegamos hoxe a Cee, e,e,e pois, obviamente, a falar de todo o que ten que ver coa, coa balea, do impacto que tivo na súa xente e, a este respecto, aínda que hoxe están eles catro, e,e,e dicirvos que é probable ou é o noso desexo que haxa algunha polafía máis dado que xa observaredes que hoxe somos aquí na mesa todos homes pero non significa que non haxa un importante caudal de esperiencias, tamén, das mulleres e de mulleres que por distintas razóns (...) Estou a pensar no caso de Fina, no caso de,e,e de Lidia pero,o,o dalgunhas outras e,e,e persoas que teñen a súa, tamén a visión da factoría e,e,e non puideron, non puideron estar hoxe malia que era a nosa intención que, que estivesen. Tamén, tamén contactamos coas compañeiras, mulleres moito máis novas, como María e Paula que fixeron un docu/ un documental precioso sobre, sobre esta cuestión, e tampouco puideron estar hoxe pero non significa que non, non vaiamos a seguir indagando i a seguir gravando e,e,e vir no futuro en breve a rexistrar máis testemuños i dende outras ópticas. Non? E,e,e tiña interese en aclararvos, en aclararvos isto.
E,e,e e dito isto, pois, quérolle dar paso a,a,a a Xosé Iglesias, o poeta do mar e darlle a benvida aos compañeiros, a,a,a a Vitorio, a,a,a a Manuel i aos, i aos outros dous compañeiros que están hoxe aquí con nós e,e,e e nada. Vai, vai ler Xosé un, un, un breve texto pra, pra comezar antes de, de entrar a,a,a escoitalos a eles. Moitas grazas.
Xosé Iglesias: Bueno, grazas a todos por vir. Á alcaldesa polas súas palabras e a Lois por, por traer estas polafías á Costa da Morte. E,e,e bueno, empezo, en primer lugar, un pouco, pois, un pouco doído como, como todos os habitantes da Costa da Morte, supoño, por non ser capaces de, de manter viva esa memoria baleeira como si foron outros, outros pobos e,e,e pero bueno, hoxe estamos aquí para gravar toda, toda a palabra deles, e esperemos que Cee no futuro sexa un pobo relacionado directamente ca balea, donde a balea esté presente por, por todas as rúas e a xente veña aquí a saber de, de, da nosa tradición como cazadores de baleas.
Todos os pobos que algún día cazaron cetáceos intentaron manter a través do tempo toda a memoria, tanto material como inmaterial, dos seus ancestros para situar o seu pobo no transcurrir da historia. Non temos que ir moi lonxe, mesmamente, a toda a franxa cantábrica onde poñen en valor por medio de museos cada unha das súas poboacións que algún día se adicou á caza das grandes baleas.
Envexable, é o proxecto Albaola donde eu estuven este ano do que me chamaron no Encontro de Embarcacións Tradicionais que se está a desarrollar en Pasaia, Euskadi, nada máis e nada menos, que están a construír unha réplica da nao San Juan, un baleeiro que afundeu en Canadá no ano 1565. Unha historia de película que está a encher, día tras día, o seu asteleiro de xente apaixonada do mar e dos cetáceos.
Un dos maiores museos flotantes que pusee hoxe en día Noruega é un baleeiro antiguo, o Southern Actor. Pouco antes de reconvertirse en museo, estuvera atracado nos peiraos de Cee, chamábase IBSA I, o seu destino era o temible soplete.
Nas Illas Azores, o mundo da balea é un dos motores económicos máis importantes, tanto pola musealización como polo avistamento direto de enormes cachalotes.
Norteamérica foi o berce mundial dos grandes navíos veleiros adicados á caza, e manteñen intactos os museos na gran illa de Nantucket. Desa illa parteu o imaxinario Pequod co capitán Ahab no seu interior, e con un aprendiz, Ismael, chamado Ismael. A súa obsesión, cazar a gran balea, a balea das baleas: O terrible Moby Dick.
Unha vez pregunteille a un carpinteiro da Costa da Morte como se chamaba esa superficie onde delineaba as distintas cadernas dos seus deseños, pensei que me iba responder como faría un enxeñeiro naval mais non me dixo: (Incomprensíbel) de gálibus. A súa contestación foi simple e rotunda: "Chámase o chan de (Incomprensíbel)".
Neste contesto literario aprendín dos baleeiros da Costa da Morte que o noso Moby Dick, realmente, chámase Chimán. A gran balea, o gran chimán.
Estou ahora pensando, por exemplo, ahora, cando entramos en Dum/ en Dumbría que hai un letreiro que pon e,e,e Territorio Vákner, eu creo (...) Territorio Chimán. Estaría ben, non? Facer algo así. Territorio Chimán. E,e,e A gran balea, o gran chimán, así se titula tamén unha historia de libro memoria escrito por un biólogo catalán chamado Álex Aguilar onde recolle por medio de documentos e fotografías a caza da balea na Península Ibérica, co acento especial en Caneliñas, e os baleeiros galegos que foi onde el traballou durante moitos anos.
Hoxe, despois de tanta perda patrimonial baleeira tanto da Costa da Morte (coa factoría de Caneliñas) como en Cangas do Morrazo ca factoría Balea, ambas as dúas en lame/ lamentable estado de abandono e deterioro, xuntámonos neste día para recuperar en primeira persoa catro biografías en torno ao arpón, un pequeno avance para situar o noso concello na cartografía dos vellos pobos cazadores de baleas a nivel mundial.
E temos que darlle gracias á Aelg e, sobre todo, a Lois Pérez, polo o seu empeño en levar a cabo esta polafía para recoller en directo e para ser (Incomprensíbel) nos seus baleeiros. Ao concello de Cee por prestar para este acto este gran edificio da cultura, e como non, gracias anticipadas, aos protagonistas deste encontro en torno ao mundo do cetáceo. Hoxe, os protagonistas serán eles, os baleeiros da Costa da Morte: Manuel Caamaño Martínez, Manuel Trigo Hidalgo, Victorio Caamaño Vázquez e Jesús Manuel Blanco Costa.
Abrimos, entón, o caderno de bitácora, escribimos, escomenzamos esta nova singradura atrás da balea.
((Aplausos))
Lois Pérez: Bueno, pois a,a,a a primeira pregunta que eu llos, vos quería facer, talvez podemos comezar por Vitorio xa que, ademais, ademais sen el non, non tivésemos chegado a bo porto en ningún caso, non? Sería un naufraxio en toda regla. Así que e,e,e vamos comezar por ti pero tamén lle preguntaremos despois a,a,a a,a,a a Manuel, a Jesús, a Manuel tamén por (...)
Que significa, Vitorio pra ti, o chimán? Que, que significa,a,a esa palabra pra, pra ti? Que, que che, que che trae á cabeza, así, de,e,e de primeiras?
Interveniente: Mira, cando, cando salimos de (...) Era a última ballena que íbanos coller (...) Era a última ballena que íbanos coller (...) Era a uni/ a última ballena que iba, que faltaba pa [fa]ser o cupo. No? Entonses e,e,e dixemos: "A que vamos coller vai ser o chimán". Unha ballena grande, en, en cambio era de desasete metros, desasete e pico a que collemos. Salíamos de Vigo e dixemos nós, xa había gana de ir pa casa tamén, e xa, a primeira que vimos xa, xa a matamos, xa a collemos. E foi así. Foi a maneira de poñerlle chimán ao, ao libro.
Lois Pérez: Que significa pra ti o, o, o chimán?
Interveniente: O mismo. O mismo.
Lois Pérez: Pero chamádeslle pequena. Cantos metros dixestes que tiña?
Interveniente: Desasete e pico.
Lois Pérez: Pequeniña. Vamos!
Interveniente: O chimán, o chimám chamábaselle cando era mui, cando era ghrande.
Lois Pérez: Cando era ghrande.
Interveniente: Pero só podíamos cazar ballenas de desasete, desasete metros pa riba. Bueno, o normal eran, a empresa (Incomprensíbel) a medida máis ben desasete e así por culpa, que se non eran sansionados se a ballena era máis pequena.
Interveniente: Si non che multaban. Si as collías máis pequenas, multábante. A comandancia pasaba todos os días pola factoría pa medir, claro.
Lois Pérez: Vitorio, ti? (...)
Interveniente: Eso, claro, pasou desde que se meteron os biólogos a bordo. Entendes? Desde que empesaron os biólogos había máis control, non cabe duda. Antes collíase o que, que cadraba. Collíase de desasete, de catorse. E por un lado está moi ben que haxa un control pa todo. Eu véxoo perfecto porque se non é un caos.
Lois Pérez: I eu teño curiosidade pos que somos de,e,e bueno, de onde eu veño porque eu veño de Lugo i aló é sempre é marea baixa, da Terra Chá. No? Baleas non vimos moitas e,e,e e,e,e teño curiosidade un pouco saber como foi esa primeira toma de contacto corpo a corpo no, no interior dun baleeiro pero, ou que sentistes ao ver por primeira vez unha desas baleas enormes. Que sensaciós tivestes?
Interveniente: É unha impresión bastante forte. Si. Eu embarquei a prime/ a primeira vez nos baleeiros no,o,o no ano 64. En marzo do,o,o. O 28 de 1964. Ben, aí xa foi unha campaña corta que en noviembre xa a deixei, e fun busquei outros, outros (faceres). E volvín no 74, des anos despois. E,e,e a ver, a primeira vez que vin a balea unha impresión tremenda, digo: Buah! Nun (Incomprensíbel) Ves xurelos e xardas e buah! Tremendo!
Lois Pérez: Co fío non, co fío non ía.
Interveniente: Alí non había ansuelo que valera.
Lois Pérez: Ma/ Manuel, a túa sensación foi parecida á de, á de Vitorio?
Interveniente: Bueno, eu xa,a,a probara porque estaban os meus ermáns antes, un ermán, o maio/ o do medio, Moncho. Xa estaba antes e entonses iba a velos e xa sabía como iba a cousa. Eu entrei aos catorse anos e medio de axudante de cosiña, de marmitón. E eí pois non, non entraba tanto en maniobras como os mariñeiros. Iba axudar algho pero non era o mismo cun mariñeiro. Entonses aí aprendín, e a coller a impresión lévala sempre. Ver un bar/ un bicho tan ghrande e calcular os metros cando salía o, o espolón, p'atrás os metros máis ou menos; nós fallábamos máis ou menos nun metro, desde vinte metros fallabas un si fallabas. Era o que tíñamos ben.
Lois Pérez: Jesús e Manuel, i a vosa sensación ao ver (...)
Interveniente: A min a impresión máis grande é cando leva o tiro, ca velosidá que marcha porque a pesar de frenarlle a maquinilla e as pastecas empesan a baixar porque vai a uns amortiguadoes, leva varios, leva un muelles que son os que (...)
Interveniente: Fumeaba.
Interveniente: Porque se fora todo fijo, rompería todo. Hai veses que ao frear de máis aínda...
Interveniente: (E) cando fumeaba nos frenos de madeira que levaba de carballo. Os frenos da maquinilla eran de carballo, as, as, as sapatas, e fumeaba, mi madre!
Interveniente: Había que tirarlle agua.
Interveniente: Eh! Había que meterlle aghua, empesaba a arder aquelo.
Interveniente: Velosidá criminal. En cambio o cachalote, nada. Non leva.Lois Pérez: Jesús e Manuel, i a vosa sensación ao ver (...)
Interveniente: A min a impresión máis grande é cando leva o tiro, ca velosidá que marcha porque a pesar de frenarlle a maquinilla e as pastecas empesan a baixar porque vai a uns amortiguadoes, leva varios, leva un muelles que son os que (...)
Interveniente: Fumeaba.
Interveniente: Porque se fora todo fijo, rompería todo. Hai veses que ao frear de máis aínda...
Interveniente: (E) cando fumeaba nos frenos de madeira que levaba de carballo. Os frenos da maquinilla eran de carballo, as, as, as sapatas, e fumeaba, mi madre!
Interveniente: Había que tirarlle agua.
Interveniente: Eh! Había que meterlle aghua, empesaba a arder aquelo.
Interveniente: Velosidá criminal. En cambio o cachalote, nada. Non leva.
Interveniente: O cachalote non. O cachalote xa, xa (...) Ai, tamen aínda tiraba! Eh!
Interveniente: No,o,o.
Interveniente: Tamén tiraba de carallo.
Interveniente: Nada. Nada.
Interveniente: O que pasa é que non tiraba tantas tachas pero había veses que...
Interveniente: O cachalote era mui duro. E ao millor había que tirarlle tres, catro tiros pa que morrera. A ballena ao mellor morría dun tiro.
Interveniente: Eso dependía (...)
Interveniente: Dun tiro solo.
Interveniente: Dependía do arponero.
Interveniente: Depende como, depende o tirador.
Lois Pérez: Bueno, aquí xa fala/ ademais xa fala/ estades falando,o,o. Manuel, ti entraches de cociñeiro pero (...)
Interveniente: No, no. De axudante de cosiña.
Lois Pérez: De axudante de cociña.
Interveniente: Marmitón.
Interveniente: Marmitón, chamábanlle.
Lois Pérez: Bueno, como a precisión é importante ao millor podemos profundar un pouco na,a,a no escalafón. Non? Porque xa, xa vexo que non son, son cousas parecidas pero non son iguais.
Interveniente: Non é igual.
Lois Pérez: Que función desempeñabades cada un de vós no, a bordo do baleeiro?
Interveniente: Os mariñeiros e/ Eu estaba de mariñeiro e entonses montaba ghuardia, na maniobra, cofa, e era rotando seghido. Unha hora de timón, outra hora de cofa e despois de noite eran dúas horas de ghuardia.
Interveniente: De noite, si.
Interveniente: Así, así rotando todos os días o mismo. Desde que salía o sol hasta que se poñía. Non había horario.
Lois Pérez: Rezando pra non vela ou (...)
Interveniente: Ou pa velas. Pa velas, pa velas pero había veses que era millor non velas pa durmir sinón non durmías. Cantidá das veses era millor durmir.
Interveniente: Si, pero,o,o (...)
Lois Pérez: Jesús, ti, ti cal era? Tamén de mariñeiro.
Interveniente: Si. Pero o que quería ser é ver bichos. Non? Ver para,a,a para distraerche porque se non, vas sentado alí no puente e,e,e quedas a durmir. E o que (ques) é moverte.
Lois Pérez: Vitorio, e ti?
Interveniente: Eu de,e,e empecei como o meu primo de axudante na cosiña. E, despós, ao ano siguiente (...)
Lois Pérez: O axudante de cociña non gobernaba no menú. Non? Simplementes (...)
Interveniente: Iba axudar ás maniobras.
Interveniente: Si.
Interveniente: Ás maniobras iba axudar.
Lois Pérez: Vitorio, e ti?
Interveniente: Eu de,e,e empecei como o meu primo de axudante na cosiña. E, despós, ao ano siguiente (...)
Lois Pérez: O axudante de cociña non gobernaba no menú. Non? Simplementes (...)
Interveniente: Iba axudar ás maniobras.
Interveniente: Si.
Interveniente: Ás maniobras iba axudar (...)
Interveniente: (Incomprensíbel) Á maniobra da,a,a (...)
Interveniente: Da ballena.
Interveniente: Da ballena. Era obligatorio. E,e,e falando de todo un pouco, tamén quería falar un pouco que se cobráramos por hora, as horas que fasíamos (...)
Interveniente: Ah!
Interveniente: Estábamos supermillonarios (...)
Interveniente: Mi madre!
Interveniente: Todos. Supermillonarios. O mínimo que traballa/ traballábamos por día eran quince horas.
Interveniente: Si pero (...)
Interveniente: Mínimo.
Interveniente: Ahora ultimamente xa che pagaban por, por remolque.
Interveniente: Por remolque.
Interveniente: Si. E cada, e cada tres (...)
Interveniente: De sol, de sol a sol.
Interveniente: E cada tres meses quinse días de descanso.
Lois Pérez: Cada tres meses? Quince días.
Interveniente: Quinse días de descanso. E ao (...)
Interveniente: Pero eso xa víñamos (...)
Interveniente: Si hombre! Teño eu aquí o convenio e,e,e
Interveniente: Pero quinse días de descanso cando? Era de cando víñamos a terra cada mes un, un día.
Interveniente: Cada tres meses, quinse días de descanso che pagaban.
Interveniente: Viña no convenio pero non se fasía.
Interveniente: Como non? Como che paghaban?
Interveniente: Eu nunca estiven quinse días de descanso.
Interveniente: Ti non podías quedar na, na casa porque che despedían. Tiñan un acuerdo como o lavado de roupa, a roupa tamén cha paghaban; a roupa da cama e eso paghábancha aparte.
Interveniente: Si, paghaban.
Interveniente: Eu non me acordo pero podía ser.
Interveniente: Si. Paghábanche os quinse días.
Interveniente: Pero quinse días eu nunca estuven de descanso.
Interveniente: Pero paghábanchos. Coño!
Interveniente: Ah, bueno! Si iba na nómina non me acordo.
Lois Pérez: Pero velos no convenio consolaba. Non?
Interveniente: Podía ser que se fixera así.
Lois Pérez: Xosé, eu creo que nesta, nesta cuestión que, que tiñas, bueno, creo, por facerlle honra, digamos, ao traballo,o,o escrupoloso que fixeches, si queres profun/
Xosé Iglesias: Eu preguntaría, antes de nada, e,e,e que nos contaran desde o principio. Non? En que (...) Como era salir ao mar? En que consistía a vida a bordo dun baleiro? Atoparse cun baleeiro porque, claro, ti viñas da pesca como imaxino que todos víñamos da pesca, de pescar salmonetes e xardas, xurelos e, de repente, nos poñíamos a pescar os mamíferos máis grandes do mundo.
Interveniente: Si.
Xosé Iglesias: Entón e,e,e a miña pregunta é: Como era a,a,a a vida? Cantos iban na máquina, por exemplo? Como era o motor, o motor tiña que ser un motor especial, creo. Os baleeiros son barcos mui especiais.
Interveniente: Sobre todo (Incomprensíbel) por eso era a,a,a fuel, iban a fuel porque si o motor facía muito ruído.
Intervenienta: E xa marchaban.
Intervenienta: E que non quedaba unha ballena.
(Incomprensíbel)
Interveniente: A ver, a hélice. Dimo a min que durmía a popa, e menudo, menudo tinglao ca hélise. Non había quen durmira.
Xosé Iglesias: Canta tripulación consistía cada, cada baleeiro?
Interveniente: Ao último éramos seis.
Interveniente: Como que? Ho!
Interveniente: Desaseis.
Xosé Iglesias: Tiñan bastantes homes porque os barcos tampouco eran mui grandes. Eran barquiños máis ou menos de vintecinco metros.
(Incomprensíbel)
Xosé Iglesias: E dormíades en camarotes.
Interveniente: Catro. Cada, a un lado e outro, catro e catro. Mariñeiros solo había seis.
Interveniente: E lavarse cun balde de, de. Non había lavabo, nin ducha, nin nada.
Xosé Iglesias: E canto duraban as mareas unha vez que salíades, por exemplo, cargábades víveres (Incomprensíbel) O fuel onde o cargábades?
Interveniente: (Incomprensíbel) (Ou Vigo) A ver, tiñan unha autonomía de másimo quinse días, os barcos, como muito.
Xosé Iglesias: Pero estábades quince días (...)
Interveniente: Había que repostar víveres porque non había congeladores nin nada.
Xosé Iglesias: Pero non facíades quince días no mar, tíñades que vir cada día, claro, máis ou menos.
Interveniente: Cada vez que pescábamos, había que traela.
Xosé Iglesias: Porque unha vez que se mata unha balea, en menos de vintecatro horas ten que estar (...)
Interveniente: Esacto.
Xosé Iglesias: Na factoría.
Xosé Iglesias: Si non, se empezan a descompoñer.
Interveniente: Non, se descompón. E antes máis aínda que inyectábamos aire e se descompoñía antes, claro, pero hasta que os frigoríficos (Incomprensíbel) Foi avanzando.
Xosé Iglesias: Eso de inxectarlle aire que era, pa que quedaran flotando? Non?
Interveniente: Esactamente. Pa balizar (...)
Xosé Iglesias: Porque, por exemplo, si íbades e,e,e varios espiráculos, matábades unha e a deixábades balizada con unhas, con unhas boias.
Interveniente: Cunha boia, a boia era de dous, tres metros.
José Iglesias: I lle metíades aire no interior?
Interveniente: Si. Si.
José Iglesias: E había veces que se igual se perdían tamén.
(Incomprensíbel)
Lois Pérez: Dixo, oíches Xosé! Dixo ahora Jesús mentras falabades, dixo: "Os japoneses aprendéronnos moito."
Interveniente: Si.
Lois: Por, que foi?
Interveniente: Xa viñan eles pa enseñarnos.
Interveniente: Pois si.
Interveniente: Antes, para poder poñer a balea ao costado, tíñamos que darlle aire. Traía pa o costado e se perdía aire, había que darlle (a proa) e darlle aire outra ves. Entonses o aire, eso era mui malo para, para a carne. É como se matas un peixe no vran e se non o limpase (Inconprensíbel). Entonses os japoneses enseñáronnos como se poñía no (Incomprensíbel) para (Incomprensíbel) e despois (Incomprensíbel) darlle o alto ao barco para que flote que se non ao non ter o aire queda en vertical.
Lois Pérez: Pero os xaponeses (...)
Interveniente: E despois, ao darlle avantía, a ballena flota, entonses cunhas, cunha cuchilla espesial que, que trouxeron os japoneses, cravábamosllela na,a,a no aquel e íbase dando no molinete, entonses abríalle a barrigha e xa aquelo quedaba todo atrás. As tripas quedaban todo atrás e quedaban limpias. Entonses a carne non se estropeaba.
Interveniente: Vasiábanse.
Xosé Iglesias: E,e,e me pregunto e,e,e porque todo esto é como, traballar nun baleeiro pa min parece unha novela (Incomprensíbel) Vale, vale. E unha pregunta porque me parece interesante cal era o berro, o berro de loita de cando vías unha?
Interveniente: Toda.
Xosé Iglesias: Toda. Entonces (non) decías: Balea a vista.
Interveniente: No. No. Toda. Era ver o chorro de aghua e pedías toda (Incomprensíbel).
Interveniente: Si estaba calma o chorro non o vías.
Lois Pérez: Entendo. A que distancia traballabades da,a,a da costa?
Interveniente: A 70 millas, por aí adonde máis. Ao oeste de Finisterre.
Interveniente: Desde o paralelo 41° ao 45°, ao paralelo norte 45°.
Interveniente: Pero a patrulla millor situada era esta porque a de arriba máis ben pa cachalotes.
Lois Pérez: (...) A xente nova hoxe sabe as alineaciós da, pois saberá as alineaciós do, do, do Deportivo, do Celta, se as saben, pero algúns deses nomes dos, dos baleeiros de, daquel entón, os nomes dos baleeiros lembrades algún que nos poidades compartir aquí.
Interveniente: Os nomes dos barcos?
Lois Pérez: Dos barcos.
Interveniente: O Cabo Morás, o Caneliñas, o Temerario, o Lobeiro e o Carrumeiro. E depois viñeron IBSA UN, IBSA DOUS e o IBSA TRES, os novos.
Interveniente: Non había máis.
Interveniente: Pero eses, xa, eran á par dos outros, eran barcos modernísimos, non? Porque cun barco ao mellor andábache oito millas ou así.
Lois Pérez: Xosé.
Interveniente: E máis estando o mar malo, xa,a,a a ballena xa non se collía ben e entonses traíana ao costado (Incomprensíbel) porque a ballena é blanda e rómpelle a cola. Nós temos perdido alghunha así, si. E despoise na factoría dérona por descontada, non colou. Si. (Incomprensíbel) Ao romperlle a cola, o cachalote non que ten a cola dura.
Interveniente: Pero nós perdemos unha no remolcador, en ves de poñerlle dúas cadenas puxéronlle unha, e sempre cando hai mal tempo póñenlle a seghunda cadena na barrigha pa que a cola (non), aghuante.
(Incomprensíbel)
Xosé Iglesias: Cal era a época na que os baleeiros traballan na caza das baleas? No inverno non era, era máis (...)
Intervenientes: Empesábase en maio. En maio a disiembre. Como os boniteros. Noviembre. A últimos de noviembre.
Xosé Iglesias: E as baleas que íbades a cazar levaban un rumbo determinado? É decir, iban (...)
Interveniente: Por aquí están de paso.
Xosé Iglesias: De norte a sur, de. I que rumbo era o que levaban?
Intervenientes: De sur a norte.
Xosé Iglesias: Iban nas rutas (...) Xa sabíades que, por exemplo, víades unha balea e que despois tiñades que virar pa norte para volver a ver.
Interveniente: No, no. Nós andábamos en sisás, en sisás, unha hora para un rumbo, outra, pa outro. Andábamos en sisás. Había veses que vías sinco ou seis e non collías unha.
Interveniente: Elas sempre tiraban pra o norte.
(Incomprensíbel)
Interveniente: O patrón de pesca sempre che cambiaba de hora en hora de rumbo. Dun lado pa o outro, dun lado pa o outro aparecía. Ao salir de Fisterra xa temos visto (Incomprensíbel) Na Lobeira (...) Si non a collíamos aí pero, dentro da ría de See, de See non, de Fisterra e de Corcubión, pero fomos capás de collela.
Interveniente: Indo/ Se van dous barcos ou máis, ahora ultimamente (éramos) dous solo, non? Entonses collen unha distansia un do outro. E ve aquelas, para vere o que pode ver un a distansia e o outro, entre un e outro
e levan esa sona, e despois cambian de rumbo e (Incomprensíbel) a distansia. Tan pronto cambia un de rumbo pois avísalle, o primeiro que vea bichos pois xa, xa lle avisa tamén.
Interveniente: Tamén había, había algún arponero que primeiro, antes de avisar, collía unha ou dúas e despois avisaba. Eh, que hai ballenas!
((Risas))
Interveniente: E con e/ con eso de, con eso porque se fasían trampas uns aos outro, entonses, entonses puxeron, a empresa puxo un aquel de, se pescaba un ou outro, cobraba igual. Eh! (Incomprensíbel)
Lois Pérez: E cal era o,o,o cal era o,o,o o Ronaldinho dos arpone/ arpoeiros locais? Cal era o,o,o?
Interveniente: Era o do Temerario.
Interveniente: Rico.
Interveniente: Rico.
Interveniente: Rico.
Interveniente: Rico sería un dos millores.
Interveniente: Un de Cadis.
Interveniente: Un andalús.
Interveniente: O andalús. Aquel tiraba ben. Anduvo comigho.
Interveniente: Tiraba moi ben.
Lois Pérez: Era andaluz o Rico?
Interveniente: Si, era. Era andalús.
Interveniente: Era d'alá, viñera d'alá.
Lois Pérez: E eso que por alí abaixo métense menos. Non? Polo Mediterráneo, creo. (Incomprensíbel)
Interveniente: O Carrumeiro e o Lobeiro andaban mui ben. Eu acordo unha ves que salimos (aviso) de cachalote da Coruña, os, os catro barcos, salimos, e,e,e nós (aí) estábamos bastante afora e mais, e mailo Temerario con aviso de cachalotes aquí na praia (Incomprensíbel) e,e,e e nós íbamos bastante diante, o Caneliñas e o Temerario pero o Carrumeiro que aínda estaba en terra veu e pasou por nós como por unha pedra. (E o Morás xa de todo) O Morás xa non se movía.
Xosé Iglesias: (Incomprensíbel) Queremos aprender de vós un pouco. Como era o bufo das distintas baleas? Porque e,e,e cada balea bufa dunha maneira distinta. Non? O soplo é dunha maneira distinta. (Incomprensíbel) Si, a balea azul, son todas distintas.
Interveniente: A ver, a balea azul ten un chorro máis potente. Tamén é a máis grande que existe, claro; despois está o cachalote que ten o soplo pero para un lado que non é, non é vertical.
Interveniente: Pra o lado esquerdo.
Interveniente: Entendes? Esa, xa é máis complicado vela.
Interveniente: Porque a ballena ten dúas fosas nasais.
Interveniente: Un pouco menos, bastante menos ca,a,a ca azul, o soplo.
Xosé Iglesias: E a balea máis común que cazábades casi sempre era rorcual común (...) Baleas azuis poucas, e despois estaba prohibido, creo. Non?
Interveniente: Nós colléramos unha ves. Nós colléramos unha asul. Non te acordas? Estabas ti.
Interveniente: Si.
Interveniente: Colléramos unha asul equivocados.
Interveniente: De equivocados nada.
Interveniente: Vaia follón! Pero era ghrande, eh! Canto, vintecatro metros tiña, vintesinco, non?
Interveniente: Sabíamos ben que era asul.
((Risas))
Interveniente: O que pasa é que poñíanlle o (Incomprensíbel) ao alerón, ao alerón. Como tiña o alerón distinto. Tamén, tamén casábamos (gubartes), ese que ten unhas alas. Pero a ballena non era fiera como o rorcual común.
Xosé Iglesias: Había algún momento que víades unha balea, esperábades por ela (Incomprensíbel) A esperádabes?
Interveniente: Si, claro.
Xosé Iglesias: Esperábades?
Interveniente: (Incomprensíbel)
Interveniente: O cachalote ultimamente non cubría andar a el porque unha ballena ghanabas cinco mil e o cachalote non ghanabas nada. O aseite non daba ghanancia. O aseite non daba ghanansia e,e,e a ballena, a carne, si.
Interveniente: O que, o que. Cando ves unha ballena e estás serca dela o,o,o o arponero está na co/ está no cañón e o que vai na cofa é o que lle (dita) porque a ballena vai entre aughas vai verdeando, e o da cofa vaina vendo, vai verdeando e vaille desindo cando vai xurdir. Entonses, entonses está preparado pa tirarlle.
Lois Pérez: Cando vai xurdir.
Interveniente: Claro. Si. Porque vai sol e (...)
(Incomprensíbel)
Xosé Iglesias: Normalmente, cando lle disparades o arpón, canto tarda en morrer unha balea?
Interveniente: Aseghún como lle dea. Se (Incomprensíbel) na espiña é morrer no acto.
Interveniente: Si o tiro é na aleta, na aleta, empesa a botar chorrear polo respiro e xa,a,a.
Interveniente: Si lle das no lombo, leva sinco ou seis tiros.
Interveniente: No.
Interveniente: Xa ten levao.
Interveniente: Non leva seis tiros.
Interveniente: Eh! Alghuna ves...
Interveniente: O cachalote si pero a ballena
Xosé Iglesias: E acertaba sempre á primeira ou?
Interveniente: No.
Xosé Iglesias: Era difícil?
Interveniente: Fallaba.
Interveniente: Fallaba. Ten fallado moitas veses porque o barco,o,o móvese.
Xosé Iglesias: Claro.
Interveniente: Entonses, queres darlle pero ao mellor pasas por baixo ou por riba.
Interveniente: Cando fallaba cambiábamo-lo arpón.
Interveniente: O que pasa é que si tes o arpón ao momento, ao lado (...)
Interveniente: Desía Miguel: "O arpón este non vale. Outro."
Lois Pérez: Era o arpón.
Xosé Iglesias: E houbo un momento que,e,e polo que lin, que tirábades un arpón de ferro que pesan uns oitenta quilos. Non?
(Incomprensíbel?
Xosé Iglesias: E houbo un momento que (Incomprensíbel) os arpóns distintos. Unhas cabezas que son cabezas de,e,e...
Interveniente: Quente.
Xosé Iglesias: Quente. Non? (Podías explicarnos un pouco, e más parece que non eran efectivas.
Interveniente: Estropean a carne.
Xosé Iglesias: Si. Esplícanos un pouco.
Interveniente: Estropeban a carne, claro, porque (antiguamente) mandaban meter o arpón de cabeza quente na, na punta do arpón, na (carnada) que lle metían á pólvora pero claro se ao entrar na carne da balea, rebentaba dentro, estropea moito a carne. Entonses, acabaron por prohibila porque, porque non lle era rentable.
Xosé Iglesias: Pero eso era pa matar a balea antes?
Interveniente: Morrera primeiro pero era igual, eso dependía dun arponero. Entendes? Dependía do arponero, si lle daba na cola, miña pobre, non lle quedaba nada. Claro. Eso dependía del, ahora, si lle daba na aleta, por suposto.
Xosé Iglesias: E a balea que máis costaba cazar sempre, era o cachalote. Non?
Interveniente: O cachalote é máis duro. A carne é máis dura entonses había que darlle dous ou tres tiros.
Xosé Iglesias: E máis tiraba máis. Resistíase máis, non? Ou non?
Interveniente: No.
Interveniente: O que pasa é que o cachalote tiraba pa o fondo sempre, e a ballena tiraba de... Amillaba.
(Incomprensíbel)
Lois Pérez: E pregunto, pregúntovos eu como profano do mar porque están falando aquí de ir aga/ amarrados á balea como se... Eu tiraríame pa a auga e volvería nadando pra a casa. Como era? Había esa sensación de,e,e nalgún momento de,e,e medo? Nada? Ou sexa.
Interveniente: Ves que embiste pero nada.
Interveniente: Non pasa nada.
Interveniente: A plancha era así de ghorda. Eh! Dos balleneros.
Lois Pérez: Xa.
Interveniente: Non era dun barco normal, era ghorda. Podía levar gholpes. Bueno! Aghuantaba ben os gholpes.
Interveniente: Sobre todo dos cachalotes, da ballena nada.
Lois Pérez: Os, cos cachalotes, si, máis respeto.
Interveniente: Porque o cachalote queríano matar a base de aire moitas veses por non lle dar máis tiros e traíano pra proa e estaba ca cola peghando gholpes no barco.
Interveniente: Peghaba cada (...)
Interveniente: Queríano matar a base de aire, dáballe tiros non fasía nada a ver se morría a aire.
Lois Pérez: Entendo. Xosé.
Xosé Iglesias: Unha vez que xa tiñades a, a balea cazada. Hasta cantas baleas podíades cazar?
Interveniente: Catro.
Interveniente: Catro, o másimo.
Interveniente: Máis ou menos catro. E vir polo camiño e coller outra.
Xosé Iglesias: Pero, falades de catro, matábades unha, a fondeábades...
Interveniente: Amarrada xa ao costado e si andaba ben a ballena, sin soltala; si andaba mal a ballena, tiñas que soltala pa poder (Incomprensíbel) Catro, e no camiño coller outra.
Interveniente: Bueno, cando foi dos remolcadores, había un, había un cupo de ballenas e estábamos os barcos no mare, e tan pronto, tan pronto se fasía o cupo que eran dúas para (Incomprensíbel) e catro pa Caneliñas, diario. Caneliñas non podía faser máis que catro. E (Incomprensíbel) dous.
Xosé Iglesias: Esplicade un pouco o dos remolcadores. Non o sabemos. Os remolcadores traballaban (...)
Interveniente: Eles casábanas.
(Incomprensíbel)
Interveniente: Viñeron os remolcadores por eso.
Interveniente: Quedou o IBSA TRES e despois dous barcos que estaban pa o desguase, o Lobeiro e mais o Carrumeiro houbo que preparalos e, e salir con eles. Entonses foi cando se (Incomprensíbel) os remolcadores, se non, non se fasía campaña.
Interveniente: Aquí na, na, na, en Marín, na base naval de Marín, tiñamos os barcos en frente. E cando íbamos ir pa o barco, o día antes fora. Non? Cando fixeron dous a pique, púxeronlle unha bomba, puxéronos a pique, e despois como non había barcos. Que fixeron? Trouxeron dous, dous remolcadores, eran, de, de Bilbao, preparáronos para carrexar as ballenas pa terra, pa a factoría. E o barco estaba sempre no mar, os outros dous, pescando, porque si non quedaba a campaña sin, sin poder traballar. Si non, antes, non había remolcadores, viñamos cos balleneros hasta terra.
Interveniente: E nós no mare.
Interveniente: Pescabas de día, á noite naveghabas pola noite xa, xa pescabas unha distansia pa poder cheghar a terra á aquela hora ás nove da mañá. Non sabes? Por iso non ibas máis de 70 millas, 80 millas, depende da zona que estuveras, e ese remolcador foi por ese caso, antes non había remolcadores.
Lois Pérez: Eran os propios baleeiros.
Interveniente: Esato. Pero como cuando fora o das bombas, ao meter os barcos a pique despois querían aproveita- la campaña, que era prinsipio de campaña era un día antes de irmos pa, que, que nos íbamos ir pa (Incomprensíbel) e entonses xa foi cambiaron o sistema. Se non, non o había.
Xosé Iglesias: E cantas baleas podíades cazar por día ou por campaña? Eso ao principio (...)
Interveniente: Ao prinsipio collíamos as que quixéramos.
Xosé Iglesias: As que quixérades.
Interveniente: Pero ultimamente tíñamos un tope ao ano.
Xosé Iglesias: E chegou a ser de noventa.
Interveniente: Noventa.
Xosé Iglesias: Noventa baleas.
Interveniente: Ultimamente.
Interveniente: E mais iba controlar, a marina tiña unha persona e mandaban ir pa controlar todas as ballenas. Cheghaban (...)
Lois Pérez: Por embarcación?
Interveniente: Non. Cada ballena pa mirar (...)
Interveniente: No,o,o. Empesamos por noventa que cada ano iba baixando. (A nós) deron, cada ano, o último ano foran trinta, me parece. Non? Fora cando viñera a moratoria. Entonses houbo, puxéronos tantos pa cada ano entonses iba coller o cupo pero non me acordo cantas empesaron (Incomprensíbel) trinta me parese ou unha cousa así.
Xosé Iglesias: De todas maneiras xa nos últimos anos non había límite
Interveniente: En prinsipio, non.
Xosé Iglesias: A moratoria foi no ano 85 cando se prohibíu cazalas xa quedaban poucas ou inda había?
(Incomoprensíbel)
Interveniente: Pa trinta, mi madre!
Interveniente: Pedimos un tope pa poder seghir pero non os deron. Pero ao non dar a cuota, pumba, fóra! Pero bueno, eso foi un acordo entre o ghobierno e os, os verdes, e todo que non se pescara. Déronlle unha cuota de calamares.
Interveniente: Eso foron os americanos.
Interveniente: Pa ir a pescar os calamares e sacaron a ballena. Un acuerdo ao que chegharon eles, en vez de darnos unha cuota a nós, cerraron.
Lois Pérez: E,e,e bueno eu tiña curiosidade por, de entre todas esas vivencias, do,o,o de canto estábades embarcados e,e,e supoño que haberá algunha, algún momento ou algunha anécdota, algunha situación que polas características da mesma quedasen aí,í,í gravadas. Non? Eu téñolle escoitado a algún que no golpe de mar desparece/ desaparecera un compañeiro, veu outro golpe de mar, e volveu aparecer na cuberta.
Interveniente: (Ese se caíu ao mar)
Lois Pérez: Quen?
Interveniente: En Chile.
Interveniente: Pero non foi na ballena. Foi pescando ao peixe espada.
Lois Pérez: Que pasou, Manuel, en Chile?
Interveniente: Estábamos pa coller un marrajo de seis metros ou sete, e entonses estás pa collelo cun maquinillo e un ghancho. Veu un gholpe de mar e pum! De cabesas! Xa estaba meu ermán sacando a roupa toda cando subín pa riba. E nada, tiráronme un salvavidas, pero co vento alá vai o salvavidas, e tiráronme un gharampín así e casi me dá na cabesa, e agharreime a el e tira pa (Incomprensíbel) Traghei máis aghua que (...)
Interveniente: O asturiano aquel.
Interveniente: Tiroume o gharampín así! Si me dá na cabesa!
Interveniente: O asturiano que era o contramaestre foi o que tiroulle o gharampín e o colliu.
Interveniente: Claro (e púxose) a tirar por min que o barco iba en marcha, e ao tirar, e,e,e (traghén) aghua abonda. E meu ermán, meu ermán, uns que viñeron que xa,a,a eran espesialistas en peixe espadas, e andaban, e en vez de durmir, que había catro horas, tres horas pa durmir, pasaban no comedor bebendo viño, e [des]pois iban a traballar, e o anzuelo en vez d'ir pa o mar, iba pa terra, pa o, pa o barco e colliu o meu ermán por aquí (...)
Interveniente: Ai, si, carallo!
Interveniente: E entroulle o anzuelo por aquí, e houbo que cortar polo outro lado, e o capitán non era capaz de cortar, hubo que cortar o mariñeiro, e todos aghuantando pa sacarlle o anzuelo polo outro lado. Sacarlle a,a,a o anzuelo porque p'atrás non podía sacalo, había que (Incomprensíbel) polo outro lado.
Interveniente: E o barco en marcha.
(Incomprensíbel)
Interveniente: E tardábamos tres días en ir a terra a levalo.
Lois Pérez: Si.
Interveniente: E curou no, no mar.
Lois Pérez: Tiñades que intervir alí, se non.
Interveniente: Alí. E houbo un capitán, creo que se desmayou de, de ver (...)
((Risas))
Interveniente: E xa están preparados pa, pa eso, pois nada.
Lois Pérez: Jesús, ti, ti, ti, cal é esa anécdota ou momento no que estás pensando? Que te vía agora. Eh?
Interveniente: Estuven pensando neso, pero eu non estaba alí nese momento, eu estaba na máquina. Eu estaba na máquina.
Interveniente: E operárono na mesa do comedor, arriba, na cosiña era a sala de operasión.
Interveniente: E catro aghuantando del porque así, non se podía mover, e a operar alí.
Interveniente: E curou no barco.
Interveniente: E curou porque tardábamos dous días e pico ou tres en cheghar a puerto. E un helicóptero non cho mandan.
Lois Pérez: Vitorio, e ti, cal, que anécdota, que esoutra anécdota lembras, así, que fose algo especial?
Interveniente: D'aí poucas porque era todo traballar. (Dormías) un par de horas.
Interveniente: Un par de horas ou tres.
Interveniente: Ibas a comer e quedabas dormido co plato na mesa. Non, era tremendo. Eso era tremendo. Era puro esclavismo. Puro esclavismo!
Interveniente: Aparte, eu (Incomprensíbel) a pesca, pero eu vía que no ballenero eran vacasións no mar (Incomprensíbel)
Interveniente: Eran vacasións!
Lois Pérez: Vacacións! No?
Interveniente: No ballenero? Si, hombre.
Interveniente: Ao lado do peixe espada, Vacaciones en, en el mar!!!
Interveniente: Millor que en Chile, si. En Chile si que era duro. Aquelo non tiña xeito.
Interveniente: E tres meses sin, no mar sin ir a puerto.
Interveniente: Eu fun tres meses e non volvín.
Interveniente: Si. Tres meses sin ir ao puerto.
Interveniente: Pois aquí o chaval e mais o Antonio aghuantaron
Interveniente: Si, hasta o final.
Interveniente: Hasta o final. Cantos anos así? Tres ou catro anos.
Interveniente: Tres.
Interveniente: Eu estaba ben. Estaba na máquina.
Interveniente: Estabas na máquina, pero Antonio, non.
Interveniente: Antonio, non.
Interveniente: Antonio despois quedou alá.
Interveniente: Despois quedou no outro lado da empresa.
Lois Pérez: E como levabades porque nesas mareas, bueno, non sei se se lles chama mareas, disculpádeme de novo ou estadías longas embarcados. Como levabades, non só vós, sinón tamén a, a xente da casa? Estrañábades moito? Esa, esa ausencia, esa falta? Elas tamén, eles, a familia. Como levabades eso, esa distancia?
Interveniente: Si tardábamos ao millor unha semana en estar na casa! Unha semana másimo estábamos na casa, víñamos se fasía falta pan ou facía falta peixe, xa viñamos aquí a comprar e aproveitábamos pa ir. E [des]pos no remolcadores víñamos tódolos días. Eu viña tódolos días a casa. O capitán desía: "Faime falta tabaco." E eu: "Bueno, voucho a buscar eu." ((Risas)) Iba a Brens, iba a Brens, e en Brens o,o,o o bar non serraba nunca, e iba pa casa e despois compráballe un paquete diario, en vez de comprar un cartón, compraba un paquete diario. E eu millor! (Incomprensíbel) Todos os días viña a casa. Así que xa me diras, pasaba tres, catro horas na casa.
Lois Pérez: Bueno.
Interveniente: O capitán tamén era bo, comprábame unha quiniela que estaban xoghando, tiña a de tres.
Interveniente: O vasco?
Interveniente: No barco.
Interveniente: E tiña (...)
Interveniente: Era o vasco
Interveniente: E tiña: 1-2, 1-2 (Incomprensíbel) Douche dous millóns de pesetas. No, no que me toca máis! E van ao último minuto e vai e empata! Unha x. Alá vai o sueldo! Cobrara sincuenta mil pesetas daquela.
(Incomprénsibel)
Interveniente: Si, pero o tabaco non era ese. Era no outro, no remolcador.
Interveniente: Nos remolcadores estuvemos os tres.
Interveniente: Pero ti, o da tabaco era no outro remolcador. No remolcador vello que había dous.
Interveniente: No, no. Eu estiven contigho, con Manolo e mais con co,o,o o de Caldebarcos.
Interveniente: Xa sen, ho!
Interveniente: E estuvemos pero eu anduven no voso igual que eu estaba de contramaestre despois quedei (Incomprensíbel) na casa.
Interveniente: O, o capitán era de Corrubedo.
Interveniente: Esato.
Interveniente: Os outros eran todos vascos o que estuven eu. E era unha marabilla, eu con eles estuven moi contento con eles, pero mariñeiros non había. Eh? Namais que éramos, dous mariñeiros e un contramaestre.
Interveniente: Bueno porque vos alí estábades xa pa naveghar.
Interveniente: Pa naveghar? Pa levar. Traer e levar.
Xosé Iglesias: Eu preguntaríalle por anédotas pero non nos barcos que (Incomprensíbel) ao peixe espada, senón nos baleeiros. Anécdotas potentes, aí, (a cada un de vós).
Interveniente: No tendes ningunha?
Xosé Iglesias: Ti tes algunha que me tes contado.
Interveniente: Cando,o,o cando salíamos de,e,e do porto da Coruña de, de, pa repostar petróleo e eso, claro, saías e daquela aínda eras bastante novo, e,e,e salías bastante cansado, claro, de terra, de terra. E claro, o primeiro que me tocou subir a cofa, ao salir dos cantiles sempre (Incomprensíbel) subir a cofa. Non? E, claro, doume o sono. E despois non sei si foi este, si foi meu primo, o ermán deste, pediume (Incomprensíbel) pero non me enterei dormindo na (cofa) do sono que tiña!
Xosé Iglesias: E unha vez, estando por Cee topáchedes unha balea (...)
Interveniente: Unha balea pola, pola Lobeira Ghrande.
(Incomprensíbel)
Xosé Iglesias: E vós que anédotas tedes, así, anédotas potentes,vividas a bordo do, dos baleeiros?
Interveniente: O único era, cando tiñamos máis medo era cando entrábamos na caixa, na bodega.
Interveniente: Si, claro.
Interveniente: Aí, íbamos cun pánico.
Xosé Iglesias: Eso que era?
Interveniente: Para recoller a estacha toda envolta. Como se fora un (Incomprensíbel) que non aumentara.
Pero os de arriba si non estaban atentos, cando tiraban que tiñan que soltar a maquinilla pero tiñan que avisar antes que marchara a xente d'abaixo. Si se atrasaba o que houbera abaixo, podía levalo. E o furado é así. (Incomprensíbel) Pasoulle a un. Un morriu deso.
Xosé Iglesias: Algo que me comentaras sobre as candorcas que vos comían os cetáceos. Non?
Interveniente: Cando iba navegando ca ballena ao costado, viñan comendo nela, na ballena. Si,i,i. Tirábanse, na vías e como pararas un pouco xa estaban aí. Eu teño visto abondas.
Lois Pérez: Esco/ escoitei porque descoñezo un pouco a, descoñezo totalmente, vaia, non un pouco, senón, un pouco as rutas porque escoitei tamén falar de varios, ao mellor, de varios, de varios días que cando eran así, pois, travesías moi longas de,e,e varios días non sei ata onde pero escoitei, dicídeme si é certo ou non, que,e,e algunha familia ou algunha compañeira,a,a desplazábase tamén por terrra acompañando un pouco a travesía do,o,o do baleeiro. Pode ser?
Interveniente: Nós, nós temos ido a Vigho ou Cangas e poñer un par de días, e a familia viña alí a pasar un par de días, as mulleres, vamos, que teñen vido a Vigho e a Cangas. Teñen vido a pasar dous, tres días ou se había mal tempo, as familias iban alí a xunto nós.
Lois Pérez: Claro.
Interveniente: E pasaban dous ou tres días. Pero, ao millor, nin levábamos des días sin estar na casa e xa iban alí, xa chamábamos nós que non viñeran. Chamábamos nós. A Coruña xa iban moitos porque ás veses viñan a cobrar elas porque ao millor namais que cobrábamos e xa marchábamos, e elas viñan a buscar o carto. Non é como ahora girar e tal, antes non girabas.
Lois Pérez: Antes non girabas.
Interveniente: Non. A min, viña miña nai. Daquela viña miña nai a busca-los cartos.
Interveniente: Si, pero despois ultimamente
Interveniente: De último si pero ao primeiro viñan as mulleres a buscar a nómina.
Lois Pérez: Porque, pregunto eu, digo, cando se daba ben en, en, en peirao alleo a, a, a caza, non? Bueno, ao millor, non cobrabades fóra do,o,o do propio (...)
Interveniente: Nós cobrábamos siempre en Coruña.
Interveniente: Na ofisina.
Interveniente: Na ofisina en Coruña. Siempre, casi siempre e tíñamos un día pa cobrar, vir a casa, pasar a noite e ir, volver para o outro día.
Lois Pérez: Porque digo, ao mellor levados polo entusiasmo de que se dera ben a xornada, quedar xa en Coruña e gastar o,o,o (...)
Interveniente: No,o,o.
Lois Pérez: O carto.
Interveniente: No,o,o. Daquela si, non viñas pa casa!
((Risas))
Lois Pérez: Ten pasao.
Interveniente: Ti quedabas co teu e,e,e o resto. Home, alghún sempre se pasaba pero é raro!
Interveniente: Pero despois xa se parou de pagar na ofisina, xa ingresaban na, no banco.
Interveniente: Xa ingresaban na cuenta.
Interveniente: E despois e,e,e a final de mes tiñas e,e,e despois de ter o barco arranchado, faser consumo e eso, tiñas 48 horas para vires a casa e despois ao faser as 48 horas collías o barco, collías o barco e,e,e pa salir.
Lois Pérez: Tamén escoitei, escoitei de,e,e vararon moitas veces baleas? Algunha vez escoitei que varasen directamente a costa.
Interveniente: Alghunhas, pero nós tamén varamos aí en Brens. [Es]tábamoslle desindo ao patrón:"Patrón, aí hai un baixo, aí hai un baixo e vai a quedar envarao". E di: "Que me vas enseñar a min, ao patrón". Pumba! Quedamos varados aí en Brens. Non sabes en Brens, separado un pouco, hai un baixo; pois aí varamos nós.
Lois Pérez: Non varaba só a balea. No?
Interveniente: E o patrón: "Vasme enseñar a min que son patrón e ti non es nada". Varou alí.
Lois Pérez: Falando de varar, esto xa é un localismo, non? Porque eu escoitei.
Interveniente: Pero ás ballenas para salir, cóstalle. Eh! Si non teñen aghua, non salen. Hai que axudarlle pa remolcar.
Lois Pérez: Había que axudarlles.
Interveniente: Si porque as ballenas non, ou non respiran ou non sei pero non salen.
Interveniente: Non sei aquí si lle chamades así pero sei, é un localismo ao mellor aquí non lle chamais. En Arzúa escoiteille a,a,a a un rapaz, Xosé da Flor, de Meira, un bo amigo noso que morreu xa, que, que varara unha vez a,a,a varara unha vez unha balea por Arzúa. E,e,e coñecedes ou? E entonces varou a balea, de noite, un sábado á noite, e chamábanlle, entonces, claro, moita xente fora, fora ver a balea e despois cando desaparecían pola noite da discoteca a xente ou tal decían: "E onde foron? Foron ver a balea". Non sei si aquí se traballaba esa terminoloxía tamén.
Interveniente: Desas, desas ghrandes non suelen, hai que axudarlle moito, e moitas xa morren. Moitas morren. Unha que hai en Bilbao no, no museo quedou varada, e sacáronlle o esqueleto pero pa o museo.
Lois Pérez: Xa.
Interveniente: Porque non sei como lle pasa pero morren, non deben respirar e hai que mollalas sempre, si non, xa morren.
E desas pequenas si, desas pequenas de sete, uito metros teñen varado así delas.
(Incomprensíbel)
Xosé Iglesias: Bueno, en primer lugar, que vos pareceu o da moratoria? Vos pareceu xusto? Era o momento en que...
Interveniente: A ver...
Xosé Iglesias: Había que facelo ou non había que facelo?
Interveniente: É xusto pero pa nós fastidiounos (...)
Xosé Iglesias: Claro.
Interveniente: Porque tíñamos a vida aí. Todo,o,o. Vivíamos deso, pero claro.
Interveniente: Eu creo que non é xusto porque Japón e Noruega seguiu pescando, e nós éramos, éramos, non éramos nada. E non debían de facelo, penso eu, porque nós con esa moratoria nós non lle afectábamos pa nada.
Xosé Iglesias: Hubo, hubo moitas protestas (...) baleeiros a pique, non? E mais en Corcubión houbera problemas. (...)
Interveniente: Fora cando puxeran as bombas alá. Antes puxeron unha en Corcubión, pero en Corcubión cando [es]tábamos porque correran o barco de noite porque viña un pesquero, entonses, se non iba a pique xa alí. E, despois a bomba cando rebentou, pola popa, non sabes? Non enghanchou ben, pero se non xa era pa poñelo alí aquel día. (Incomprensíbel) Corréramo-lo barco máis pa diante e entonses saliu de onde estaría a bomba no medio do barco posta, digho eu. E despois, xa foi cando puxeron en Marín. Os dous, a pique.
Xosé Iglesias: Bueno, chega o momento (Incomprensíbel) E que foi da vosa vida? Que, que fixestes?
Interveniente: Foron ao, a, a maioría foi ao peixe espada.
Xosé Iglesias: Adónde? A Chile?
Interveniente: Si. A Chile.
Xosé Iglesias: Pero moitos barcos, barcos de pesca.
Interveniente: Barcos de peixe espada, non no ballenero.
Interveniente: Feito pola compañía, claro.
Interveniente: 500 toneladas levaba. Cheo, 500 toneladas. Pero fixéronos ca idea de vendelos ao japoneses porque había unha, unhas máquinas pa traballar en dous turnos, e neses dous turnos, traballaban, seis e seis, e nós traballábamos todos e non dábamos abasto. Eles con seis xa arreghlaban (porque) esa máquina, que lle valiu daquela vinte millóns, non a tocamos. Non sabíamos pa que era! Entonses, eles xa compraran esa máquina pa eles, pa os japoneses. E, despois, non tardaron moito que a min xa me mandaron aos tres meses pa casa, de Panamá.
Queríamos un convenio pa cobrar e non nolo deron. -Pa semana, pa semana. Estuvemos así (tres) meses, e a min xa me mandan pa casa, como era delegao, pa casa. -Estás despedido. -A min non, primeiro despides a todos.
E, ao cabo de dous meses ou así, xa despediron aos demais. Venderon os barcos e todos pa casa.
Interveniente: E o barco, un, un quedou no astillero sin ir ao mar
Interveniente: Sin ir ao mar, pero o outro que saliu, vendérono pa os japones. E, e sin usar a maquinaria.
(...)
Interveniente: Tamén a factoría donde estaba, aí, era pa poñer unha piscifactoría, e se deran 500 millóns pa armar unha, pa darlle chollo á xente da, do Ésaro, do Pindo. E inda está hoxe sin, sin faser nada. Non a armaron. Pero eles cobrabron 500 millóns, e nós a velas vir.
Xosé Iglesias: E, xa que sodes cazadores de baleas, coméstedes algunha vez balea?
Interveniente: Eu, si. De ves en cando che daban si querías, si querías un cacho así, e o que pasa é que había que telas ao (Incomprensíbel) por tres días. Si o comías fresca, era mui pesada. O color tíñao millor que a carne de cucho tal, pero se a comes fresca é mui, mui pesada.
Xosé Iglesias: E chegábades ca balea a Caneliñas, eu m'acordo que alí había unha boya de ferro, deixábades alí e marchábades.
Interveniente: Amarrábamos, deixábamolo alí, e eles despois iban cunha chalana e amarábanlle uns cabos de ferro, unha estacha, e tiraban hasta arriba.
(...)
Xosé Iglesias: (Incomprensíbel) Nos podías esplicar un pouco a maniobra, como era canto se tardaba en despedazar unha balea, como se facía ca carne, pa onde iba?
Interveniente: Bueno, eu sei como a subían e todo eso, pero eu non estaba alí mirando como fasían o aquel
Xosé Iglesias: Pero cóntanos, cóntanos.
Interveniente: E despois eso cambio moito. Cando viñeron os japoneses fasían, e cando prepararon a factoría xa aquelo era, non era traballar porque antes tiñan autocables e eso iban (Incomprensíbel) era un (traballón). Atascábaselle (Incomprensíbel) Nada. E despois puxeron os (Incomprensíbel) modernos, dous, e xa estaba a nivel da, a nivel do desguase, e según aquelaban xa tiraban pa dentro. Pero, aí a ballena, estando os japoneses, non quedaba nada, xa,a,a pouco, conseguían os ósos namais porque levaban todo, levaban tousiño, levaban a carne e todo.
Interveniente: Pero dirigían, os japoneses dirigían a maniobra xa pa cortar.
Interveniente: Todo. Todo.
Interveniente: Os japoneses disíanlle á xente como tiñan que faser todo. Que levaban eles todo. Entonses, disían: "Corta por aquí, corta por aquí". Os japoneses que viñeron aproveitaban todo, hasta as tripas levaban. Levaban todo. E, en prinsipio, os dentes de cachalote había abondos, e despois levábanos os japoneses tamén. Os japoneses levaban todo. Compraban todo.
Interveniente: Hasta as tripas.
Interveniente: Si. Si. Eh?
Interveniente: Hasta as tripas.
Interveniente: Todo, non se perdía nada. E antes de vir os japoneses, estropeábanse muitas cousas, pero eles compraban todo, alí non se perdía nada.
Xosé Iglesia: E canto tempo tardaban, máis ou menos, en despedazar unha balea?
Interveniente: Non sei que eu non estiven na factoría.
Interveniente: En Caneliñas cando, cando estaban os remolcadores que viñan catro diarias, catro cada día. Máis non. Eh! Non podían.
Interveniente: Si, pero di o tempo, o tempo.
Interveniente: O tempo que lle levaba cada unha.
Interveniente: Nun día, catro nun día.
Interveniente: Pero el se refiere ás horas que lle levaba. Máis ou menos, sete, uito horas ou máis.
Interveniente: Depende como sea a ballena, depende os metros que teña.
Xosé Iglesias: A ver, eu polo que lin, en Caneliñas chegáronse a matar tantas baleas que non chegaban os, os tanques de aceite que había alí.
Interveniente: O aseite, máis ben, eran os cachalotes.
Interveniente: E mais a ballenas
Interveniente: A ballena era todo, pero era todo carne.
Interveniente: Cando viñeron os japoneses, pero antes había aseite de ballena era máis caro co de cachalote
Interveniente: Porque en prinsipio collíase moitas, ho!
Interveniente: Nós cheghamos a coller case duassentas, ao prinsipio, pero despois as 200 eran pa todos xa.
(...)
Lois Pérez: Ao mellor, como vamos ben de,e,e de tempo, ocórreseme que ao mellor alguén dende,e,e dende o público está dicindo este que nin siquera é de mar, non está preguntando o que ten que preguntar. Non sei si tedes algunha,a,a pregunta que, que facer. Alguén quere preguntar algo dende, dende o público? A ver.
Público: (Incomprensíbel)
Lois Pérez: É que eu creo que se refire ao cuspe co que se fai pa os perfumes. Non? O ámbar.
Interveniente: O ámbar é do cachalote.
Interveniente: Ese é o cachalote.
Interveniente: É o cachalote. O que estaba enfermo na cabeza tiña un líquido, e ese é o ámbar.
Lois Pérez: Como é eso, Jesús? O do, o do ámbar.
Interveniente: Eu non o vin. Eso iba pa perfumes e eso. Non?
Interveniente: Se usaba pa colonias e todo eso, pero era porque tiña unha enfermedá na cabesa e criaba como nós pus ou así, eles criaban o ámbar ese. E era caro porque aproveitaban todo eso.
Interveniente: Pero esa era unha casualidá un cachalote que tuvera eso.
Interveniente: Si. Pero viñan poucos deses.
Xosé Iglesias: Bueno, eu o que teño entendido do ámbar gris.
Lois Pérez: Ámbar gris.
Xosé Iglesias: Que solamente se dá nos cachalotes, pero non é na cabeza, é no estómago. É no estómago porque parece ser que cando tragan (...) Eles andan detrás dos calamares gigantes.
Interveniente: Tiña encontrado calamares de sete metros
Xosé Iglesias: Si. No interior. O que é a boca do calamar (Incomprénsibel) parecer ser que no dixeren e se lle queda enganchado no, nas tripas e empezan a recubrilo como si fose,e,e e,e,e un, esto,o,o unha perla, así, dentro dunha ostra, empezan a recubrilo, e despois de moitos anos pois parece ser que o vomitan, e aparece incluso flotando nas playas, pero parece ser que costa moitos cartos.
(...)
Lois Pérez: Cando, cando cesou a actividade, botastes de menos esa, botastes de menos volver a...?
Interveniente: Home!
Lois Pérez: Ir á balea.
Interveniente: E mais o compañerismo, boa xente. Prinsipalmente, os compañeiros.
Lois Pérez: Si.
Interveniente: Si.
Interveniente: E a maioría éramos familia. Eu tiña xa, mira, dous primos; despois dous ermáns, éramos tres; e os vesiños, éramos todos da casa, casi.
Lois Pérez: Menos o patrón vasco que (...)
Interveniente: Menos o patrón, que o patrón (...)
Interveniente: Era de Muros.
Interveniente: Era (...)
((Risas))
Interveniente: Si, pero tiña estudios. Non sabes? E non lle podías desir nada.
Lois Pérez: Non se lle podía toser.
Interveniente: Era o que despachaba o barco.
Lois Pérez: Claro.
Interveniente: Si, pero daqueles patróns a estes había diferensia.
Interveniente: Si, pero ese, non; ese non, o outro, cada ves que salíamos de Coruña, un tarro de bicarbonato, así, tiña que tomalo ca resaca.
Lois Pérez: Xunto co tabaco ías polo bicarbonato tamén.
Interveniente: Máis ben a bebida, a bebida fastidiaba.
Lois Pérez: Pero bebía en altamar, no mar, gobernando?
Interveniente: No mar, e donde cadraba. O, o, o de pesca non, o de pesca bebía pouco, pero... Miguel.
Interveniente: Miguel non bebía nada.
(...)
Xosé Iglesias: E unha pregunta que vos quería facer. Hai, hai cousas na Costa da Morte que, que as levamos mui interiorizadas como, por exemplo, a vaca do faro de Fisterra que non soa, pero non sei si sabedes que fai uns anos fixemos aí un, un chamamento para que a autoridade portuaria deixara que se, deixara que se utilizara algunha vez, e aínda está a cousa denegada e aí se está a apodrecer. Xa se apodreceu, por exemplo, en, no faro das Sisargas había praticamente igual no faro das Sisargas están os motores todos osidados (...)
E,e,e a vós que vos parecería, bueno, que vos parecería que Caneliñas que alí se fixera un gran museo adicado aos cetacéos. Non creedes, non credes que sería (...)
Interveniente: Eu véxoo ben.
Xosé Iglesias: Boísimo para o pobo.
Interveniente: Sería idóneo.
Xosé Iglesias: Non vos doe ver así como está.
Interveniente: Ahora xa é tarde.
Interveniente: Xa o compraron.
Xosé Iglesias: Bueno, nunca é tarde porque os edificios son de pedra.
Interveniente: Xa non tiñan que deixar marchar o IBSA I pa, para Noruega.
Xosé Iglesias: Efectivamente. Imaxinade ese barco aquí agora como (...)
Interveniente: Téñeno de museo alá.
Interveniente: Era un barco que aínda estaba mui ben.
Interveniente: E eso que se compraron xa de seghunda man.
Era un hotel de lujo. De dormir con ratos a dormir alí. Bueno!
Lois Pérez: Bueno, pois e,e,e non sei, Xosé, tiñas tamén aí, tiñas un par de pezas que, que querías compartir. Non?
Xesús Iglesias: Non sei se a xente quere preguntar algo máis.
Lois Pérez: Queredes?
(...)
Interveniente: Que as ballenas solo comían quisquilla. Abrían a boca, e ao millor tragaban unha tonelada ou dúas de, dentro da boca, e a barba serraba, e aí quedaba. E despois iban traghando pouco a pouco a quisquilla, o camarón pequeniño i aí quedaba.
Interveniente: O krill. Krill.
Lois Pérez: O?
Interveniente: Krill.
Xosé Iglesias: Me ten contado Fina que nos cachalotes atopabas tacón do zapato dunha muller.
Interveniente: Non sei. Eu sei e,e,e que calamares de sete ou oito metros (saliron). E eses están a 1000 metros de profundidade, os cachalotes.
(...)
Lois Pérez: Máis cuestiós? Ai, por aí hai!
Público: Facía, facíase algo coa,a,a facíase algo coa vértebra? Utilizábase a vértebra para algo? A espiña
Interveniente: A vértebra da, das espiñas, do ghueso.
Público: Facíase algo con?
Lois Pérez: Facíase algo? Sacábaselle algún uso aos ósos?
Interveniente: O óso do cachalote, da mandíbula do cachalote. Fasían bastóns e cousas así. (Incomprensíbel) Ademais era o que controlaba o asunto dos dentes e eso. E controlaba o aseite.
Xosé Iglesias: Dos ósos de cachalote, bueno, de calquera balea, machacábanos pa facer (Incomprensíbel) tamén. Creo.
Interveniente: Si. Tuveron aquel, moíanos.
Xosé Iglesias: Si, pero bueno, antiguamente cando se cazaban as baleas e,e,e como Moby Dick, os ósos de balea tamén se utilizaban como parte da,a,a pa facer edificacións.
Interveniente: Si.
Xosé Iglesias: Porque lembro en Malpica hai casas, ahora mismo que parte da estrutura é de pedra, pero tamén é de ósos de balea. Eu sei dunha casa que o dintel da porta é un (Incomprensíbel). Si. Pero bueno, eso xa é dos baleeiros máis antiguos.
(...)
Lois Pérez: Moi ben. Máis por aí? Ou,u,u ou se non, talvez podemos (...)
Xesús Iglesias: Rematar?
Lois Pérez: Ir... Non sei. Se non sae,e,e máis, podemos ir con esas pezas que tiñas. Ou que?
Xesús Iglesias: Si.
Lois Pérez: Non?
Xesús Iglesias: E rematamos, así, xa.
Lois Pérez: Si. Non? Eu creo que, que si. Bueno, eu quería, eso e,e,e reiterar, digamos, a,a,a a intención inicial desta,a,a. O que pasa é que o,o,o traba/ esta, esta actividade nútrese da, da memoria viva das persoas e, por tanto, da,a,a de moitas, de moitas circunstancias: do seu estado de saúde, do,o,o do que lembren, do que non, de, doutra serie de casuísticas. Non? Entón, pois sempre é unha aventura armar calquera, calquera polafía destas. Non? Entón, a,a,a a intención é, bueno, darlle continuidade no,o,o no curto prazo, pois, pra que non se perda. Hoxe foron os, os testemuños dos compañeiros aquí presentes, a quen llelo agradecemos enormemente en nome de todas as compañeiras e,e,e e compañeiros da Aelg, pero a intención é,é,é tamén ter outras ópticas. Tamén a,a,a a de algunhas mulleres que traba/ que traballasen na factoría como era o caso de, bueno, era a intención, non? De hoxe poder contar con, con Fina ou con Lidia i algunhas outras compañeiras e mulleres que teñen moito que, que dicir, tamén, desta, desta cuestión. Tamén a,a,a o,o,o o relato da,a,a da xeración seguinte. Non? Hoxe non está aquí tamén Francisco Fernández Naval, Chisco, a quen, a quen lle agradecemos tamén moito a,a,a a súa, a súa axuda i o seu asesoramento. Tiña moita ilusión tamén posta nesta, neste encontro e,e,e e bueno, insistir que, que tentaremos volver no,o,o con, na, na maior brevidade a,a,a a poder ampliar a,a,a (...)
Bueno, que foi unha tarde moi, dende logo de moito proveito pra quen descoñecemos, coma min, pois o mundo da, da balea e todo o que o rodea. No? Así que,e,e nada, darvos as grazas a, a Manuel, a Jesús, a Manuel, a Vitorio por, bueno, pois pola vosa xenerosidade de, d'estar hoxe aquí e de compartir con, con nós todo, todo o que sabedes, toda a vosa esperiencia de vida arredor da, da balea, por facernos rir tamén, pero bueno emocionarnos tamén. No? Co, co recordo, coa lembranza, e,e,e bueno, eu creo que lles podemos dar un forte aplauso pra eles.
((Aplausos do público))
Público: (Incomprensíbel) Unha anécdota da orella. Da orella.
Lois Pérez: Si.
Interveniente: Ah! Si. Si.
Público: Que é coma dunha (...)
Interveniente: A cara dunha persona.
Público: É como a cara dunha persona. E decían que se parecía o perfil a un astronauta ruso. Non sei se oístes algunha vez eso ou non. Meu pai andaba tamén ao mar e si que lle teño oído eso.
Interveniente: E contar que che cae ao chan, rompe como o duralex.
Público: Eu teño unha. Teño unha.
Interveniente: Eu teño, eu teño varias.
Público: É igual que unha persoa, máis ou menos, máis grande (Incomprensíbel)
Interveniente: Si, si, si, si. En cambio a do cachalote é pequiniña de todo. O cachalote non é nada, pero a ballena si, é bastante.
Público: E decían que era, eu téñolle oído, comentaban que era o perfil da cara dun astrounato ruso. Non sei se oístes algunha vez eso.
Interveniente: E xuntas, e xuntas, e xuntas as dúas da ballena, é a cara inteira.
Lois Pérez: Non sabía. Bueno, pois, pois moitas grazas tamén pola, polo apuntamento aí. E,e,e bueno, Xosé, entón, non sei, e,e,e gustaríanos que, pediríache que, que nos regalases, entón, ese, ese recitado. Non sei en que,e,e se o tes xa nalgunha pu/
Xosé Iglesias: Bueno, e,e,e este foi,i,i unha primeira toma de contacto, e a ver si o ano que vén podemos xuntar aí a,a,a a escritores e,e,e que realmente sean estudios potentes que nos (falen) aquí con moitos datos sobre, sobre as baleas, e que fixéramos un acto potente e,e,e hai moitos poetas que escriben sobre as baleas, sobre todo na Costa da Morte (Incomprensíbel)
Lois Pérez: Incluso ben.
((Risas))
Xosé Iglesias: Este é Chisco que vai a,a,a Chisco Fernández Naval está escribindo un libro estraordinario sobre os cetáceos, as mulleres que traballaron cas baleas, sería mui interesante. E bueno, a ver si o ano que vén non perdemos o contacto e,e,e.
Lois Pérez: No,o,o.
Xosé Iglesias: E facemos aquí un gran acto en torno ás baleas e que salga aquí o pobo de Cee como ese gran pobo cazador de baleas que. Bueno, xa para rematar, e,e,e eu aparte de mariñeiro ceense, dos últimos mariñeiros que quedan, dos últimos patróns, eu creo que son o último patrón de pesca de Cee, non sei si haberá (algún máis na historia) pero tal como vai o tema da pesca creo que serei o último e,e,e xa teño escrito cinco libros, e un deles e,e,e espresamente fala de, de baleas, titúlase Atlántico Norte. Chamádeme Ismael, así empeza Moby Dick, e bueno, vou pechar este acto lendo dous poemas, o primeiro e o último. Vale? E o primeiro é un título axeitado para, para falar de cetáceos, Anatomía dos cetáceos, en (...) Bueno, sempre penso que as baleas son coma deuses. Na Coruña estou observando o horizonte sempre a ver si as vexo. É bastante difícil, A Coruña ten unha plataforma continental mui estensa, entonces, e,e,e praticamente chegan a Cabo Prior e xa tiran pa as Sisargas e non entran, (no sitio vense golfiños e,e,e pero,o,o baleas vin unha en vinte anos que levo pescando pero bueno sempre miro para o horizonte, e seguramente que en, en ese momento paro, como para calquer persona para ollar (Incomprensíbel).
En cada balea sobrevive un Deus.
Un ser mómade,
ausente e primitivo.
Reencarnado mil veces.
Apuñalado mil veces.
Silenciado no fío
asesino dos arpóns.
Escoitei algunha vez
o fluxo do sangue da miña nai
no interior das baleas.
Lonxe, ao lonxe.
Pensei nas baleas nais.
Os brazos maternos deteñen o tempo.
Como cando unha balea
emerxe na proa
e todo deixa de esistir.
Cantan nunha linguaxe ingrávida.
Evocan a testemuña das estacións.
A fidelidade á terra,
as danzas de tribos antigas.
O seu esqueleto,
impermeable ás idades,
non morre nunca.
Insinúa os perfís dos xigantes.
Levan consigo sempre
a metaformose dos deuses.
E xa para rematar, outro poema de baleas.
Vivín un tempo no interior dunha balea.
Foi nun naufraxio do meu corpo
nas xélidas augas da desesperación.
Alí sentín as soidade das catedrais.
A humidade de toda a estrutura mística
con ese arrecendo a deus imaxinario.
A miña nai preñada de min.
Ollei un a un os esqueletos de centos
de peixes amoreados nas paredes.
Madeiras nobres, unha mesa derroteiro, tinta.
As baleas teñen bandullo de crebeiro.
Abren esa boca de animal prehistórico
e engolen nesa metamorfose en porta abisal.
Falan entre elas nunha linguaxe ingrávida.
Como os nenos coas nais na placenta.
Ao cabo duns días vomitoume.
Renacín atado o cordón umbilical
de todos os océanos.
Moitas grazas.


