A Xesús Abuín
Este home de letras artesáns
construídas unha a unha da súa man,
redondiñas e góticas soberanas
plasmaron a historia desta terra.
Con acougo de anos incansables
levado do seu puño e letras solidarias,
adxuntando historias e debuxos lexendarios
con escudos de nobres e vasalos.
Nada somos sin historias e legados
só iso nos queda dos devanceiros,
eses seres que levaron o pasado
creando un corredor de nostalxias.
Por eso, el puxo a súa man
(aos) vestixios desa heráldica,
deixando que voe polo tempo
como notas e apuntes esculpidos.
Como cal legado de palabras
hilvanando casariños e linaxes,
aí queda para todos a súa entrega
como obras vitalicias dos lugares.
Cousas de Bernabé Castedo
Autor/a da transcrición: e~xenio