Benedicta Sánchez Vila: Teño un recordo mui, mui querido de cuando eu tiña trece, catorce anos, na carre/ na calle, na rúa Bolaño Rivadeneira, cerca da porta había u,u,un edificio que se chamaba Escola do Traballo, i en esa Escola de Traballo un día, pois houbo unha reunión i o neno duns nove, dez anos, máis ou menos, resulta que recitou a poesía e,e,e O vello i o sapo.
Antonio Reigosa: Aja!
Benedicta Sánchez Vila: Eu chorei de emoción. A verdá que non tiña, non estaba o (Incomprensíbel) non é como agora a televisión, os nenos saben moito máis do que eu. Por que non? Eso.
E,e,e e bueno, cando me falaron de,e,e dunha poesía pois eu a poesía da que me acordei pois era O vello i o sapo.
Antonio Reigosa: Mui ben.
Benedicta Sánchez Vila: Entonces, teño outra que é,é,é O caracol pero,o,o debe ser poesía de máis. Eu (...)
Antonio Reigosa: No, no, no.
Benedicta Sánchez Vila: Díganme.
Antonio Reigosa: Quere sentar? Quere estas sen/?
Benedicta Sánchez Vila: No, no. No, no.
Antonio Reigosa: Como queira, eh!
Benedicta Sánchez Vila: Quero crecer.
Antonio Reigosa: Perfecto. Gústame ese optimismo.
Benedicta Sánchez Vila: A ver, díganme.
Antonio Reigosa: (Pois) empece por onde queira. (Incomprensíbel) logo pola que primeiro a emocionou aquel día (...)
Benedicta Sánchez Vila: Si.
Antonio Reigosa: En Lugo.
Benedicta Sánchez Vila: Si. Si.
Antonio Reigosa: De quen é a poesía?
Benedicta Sánchez Vila: É de Curros Enríquez.
Antonio Reigosa: De Curros. E recitaba un neno (...)
Benedicta Sánchez Vila: De uns nove, dez anos. Ademais el, el gesticulaba, eu quedei prendada. A verdá é que no estaba (Incomprensíbel) iba do campo alí e,e,e bueno, quedei mui impresionada.
Antonio Reigosa: Aí pudo nacer a vocación de actriz.
Benedicta Sánchez Vila: Como?
Antonio Reigosa: Ese día. Puido nacer a vocación de actriz ese día.
Benedicta Sánchez Vila: No, penso que no. Máis que nada o mundo que vai...
Antonio Reigosa: Pasan cousas. Pasan cousas.
Benedicta Sánchez Vila: Pasan cousas, e un vai pois. Xa nada, xa nada espanta.
Antonio Reigosa: Cando queira.
Benedicta Sánchez Vila: O que me fastidia é a vista que (...)
Antonio Reigosa: Achéguese un pouquiño máis adiante
Benedicta Sánchez Vila: No.
Antonio Reigosa: Hai mellor luz.
Benedicta Sánchez Vila: No.
Antonio Reigosa: Dígoo por (...) Non?
Benedicta Sánchez Vila: Bueno, digo entón a poesía
Antonio Reigosa: Si.
Benedicta Sánchez Vila: De O vello i o sapo. Ai, Dios mío! Será que me sale. Quen me dera ser aquel neno! Bueno (...)
D'a aldea lexana fumegan as tellas;
Detrás d'os petoutos vay póndos' o sol;
Retornan pr'os eidos co'a noite as ovellas
Tiscando n'as veiras o céspede mol.
Un vello, arrimado n'un pau de sanguiño,
O monte atravesa de car' ó piñar.
Vay canso; unha pedra topóu n'o camiño
E n'éla sentóuse pra fôlgos tomar.
—¡Ay! dixo, ¡qué triste,
Qué triste eu estou!
Y-on sapo q' o oía
Repuxo:—¡Cró, cró!
¡As ánemas tocan!... Tal noite com' esta
Queimóusem' a casa, morréum' a muller;
Ardéum' a xugada n'a corte y-a besta,
N'a terra a semente botóus' a perder.
Vendin pr'os trabucos vacelos e hortas
E vou po-lo mundo d'enton á pedir;
Mais cando non topo pechadal-as portas
Os cáns sáyenm' élas e fánme fuxir.
Canta, sapo, canta:
Tí y-eu ¡somos dous!...
Y-o sapo, choroso,
Cantaba:—¡Cró, cró!
Soliños estamos antrambos n'a terra,
Mais n'éla un buraco tí alcontras y-eu non.
A ti non te morden os ventos d'a serra.
Y-a min as entranas y-os osos me ron.
Ti, nádo n'os montes, n'os montes esperas,
De cote cantando, teu térmeno ver;
Eu, nádo entr' os homes, dormento entr' as feras,
E morte non hacho, si quero morrer.
Xa tocan..... Recemos,
Que dicen q' hay Dios!...
El reza y-o sapo
Cantaba:—¡Cró, cró!
A noite cerraba, y-o rayo d'a lua
N'as lívidas cumes comenza á brilar;
Curisco que tolle n 'os álbores brua
Y-escóitase ó lexos o lobo ouvear.
O probe d'o vello, c'os anos cangado,
Erguéuse d'a pedra y-o pau recadou;
Viróu par'os ceos o puño pechado
E car' ós touzáles rosmando marchóu.....
C'os ollos seguíndo-o
N'a escura extensión,
O sapo quedóuse
Cantando:—¡Cró, cró!
Autor/a da transcrición: e~xenio