A historia que sei é que alí había un matrimonio que tiña tres fillas que se chamaban Laurena, Aureana e Ana. Levábanse moi ben, todo era marabilloso, pero unha vez, un día morreu a mai, o pai quedou viúdo e volveu a casar, xa sabedes cando se casa de segundas, a segunda muller como é non?: a madrastra trataba mal as fillas, pegáballes, non lles daba de comer, en fin, un desastre. Fixádevos se era mala, mala, que convertiu as tres fillas, ás tres irmás en queixo. Era maga, era unha maga, que sabía maxia e incluso lle chegou a botar unha dentada a un dos queixos que xa hai que ser...eh! Tela!
O caso é que cando botou a dentada a un deses queixos un raio que caeu do ceo fendeu un carballo que había por alí e o carballo claro, levantouse no aire e das raíces do carballo naceron tres cabalos: dous sanos cos catro pés, escaparon e un coxo, que viña sendo o que correspondía co queixo que lle botara a dentada e que polo visto viña sendo que o queixo correspondía coa irmá maior, con Laureana, por eso fonte de Laureana, eso é o que eu sei, se alguén sabe algo máis porf avor que o diga, que é o momento e senón que chame.
- Ou que o diga ahora ou que cale para sempre.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro