Antonio Reigosa: Eu acabo de coñecelo. Sei que é Cronista oficial, Fillo predilecto do Corgo.
Jesús Abuín Arias: Si señor.
Antonio Reigosa: E,e,e quere decir que ademais por méritos de traballo,o,o como historiador do Corgo,o,o como,o,o especialista en xenealoxía dalgunhas parroquias e das, das (...)
Jesús Abuín Arias: Dezaoito parroquias.
Antonio Reigosa: Dazaoito parroquias.
Jesús Abuín Arias: Tiña, tiña (posto) pero está todo amontonao, xa non tiña, non teño tempo a facer nada.
Antonio Reigosa: Non ten tempo?
Jesús Abuín Arias: Non tuven tempo porque eran moitos papeles que había alí. (Incomprensíbel) Son dazaoito parroquias, de cada parroquia hai, hai os seus, os seus veciños (Incomprensíbel)
Antonio Reigosa: Home, claro!
Jesús Abuín Arias: (Un montón delas) e,e,e.
Antonio Reigosa: Pero, por exemplo, cales foron os apelidos así, máis, da xente de, de poderío, de pazos e demais que houbo por aquí?
Jesús Abuín Arias:(Non lle podo decir)
Antonio Reigosa: Era por se había o meu, aparecía o meu por algún sitio, e reclamaba algo.
Jesús Abuín Arias: Non me acordo.
Antonio Reigosa: Non se acorda.
Jesús Abuín Arias: Non me acordo.
Antonio Reigosa: Tu intervén, Mario porque tu conócelo.
Jesús Abuín Arias: Tu sabes algo máis ca min.
Mario Outeiro: Bueno, e,e,e aquí, Suso, exactamente, desde o 2018 é Fillo Predilecto e,e,e i ademais é o Cronista oficial. No? E,e,e el é mui humilde e,e,e (...)
Jesús Abuín Arias: Bueno.
Mario Outeiro: I el é como unha formiguiña porque, efectivamente, el non estudiou, non tivo a oportunidade de estudiar Historia nin, pero foi, foi estudiando; foi estudiando pola súa conta, foi aprendendo e foi desenvolvendo un traballo de formiguiña que,e,e vaia! se o pensamos hoxe é inconmensurable porque, eso, estudar a xenealoxía de dezaoito, dezanove parroquias, eu creo que eran dezanove parroquias, desde o século XVII, son moitas, son moitos nomes. Son moitos arquivos os que hai que visitar para, para localizar toda esa información e para, e para unila.
E,e,e falábache Antonio, así de familias importantes aquí no Corgo, os Neira i os Valcárcel que os estudaches moi ben.
Jesús Abuín Arias: Os Valcárcel i os Neiras. (Incomprensíbel) Os Neira, veu unha señora, un señor de,e,e a casarse p'aquí, pa, pa casa de Neira (Incomprensíbel). Os Neira e os Valcárcel son da misma raza pero distinta, distinta cousa (Incomprensíbel) E despois, claro, fun rematando pouco a pouco pero non (Incomprensíbel) (Son todos a misma cousa).
Mario Outeiro: É que hai tres casas, non? mui importantes aquí na, aquí na capitalidade que son: A casa de Neira, O pazo do Corgo e a Casa de Resch que estaban relacionadas.
Jesús Abuín Arias: A Casa de Resch que é a que desapareceu, ahora que é donde está (Incomprensíbel) que foi a casa, a casa original; ese tiña un escudo que ese si que desapareceu, ao tirar con todo desapareceu, nin quen o colleu nin quen o colleu. Bueno. E despois ese foi o que veu (Incomprensíbel), da, da Casa grande veu a Casa de Neira. A Casa de Neira veu á Casa Grande. Son da misma, da misma, da misma familia. (Incomprensíbel) I da Casa grande foi co, co Valcárcel porque veu un señor d'alá de, de, como se chama, bueno non me acordo (...)
Interveniente: De Resch.
Interveniente: De Resch.
Jesús Abuín Arias: De Resch. Veu a casar aquí a, a, a e foi cando veu (Incomprensíbel) Eu estuven averiguando aínda eso de que dicen que morreu, de que seu pegou un tiro. Eso non sei aínda a defunción que teño, téñolle que buscar na defunción a ver si, efectivamente, consta de que morreu dun tiro. Pero durou cincuenta anos, viviu cincuenta anos nada máis.
Interveniente: Pero eso foi o de Resch?
Jesús Abuín Arias: O Resch, si. O Resch, si.
Mario Outeiro: Suso, Suso debuxa mui ben, de feito foi deliniante tamén.
Jesús Abuín Arias: Si. Si.
Mario Outeiro: Traballou como deliniante, debuxa mui ben e ten debuxados todos os escudos que hai nas Casas grandes do concello do Corgo e non solo debuxados senón estudiada a súa xeneoloxía. Verdá? E, despós, ten unha letra gótica que o representa, el ten, e,e,e bueno, ten un libro que publicou a Deputación de Lugo, unha edición facsimilar, de historia de,e,e de Corgo que é a historia, un pouco, pos desta parroquia e deste concello tamén. E e,e,e ten estudiado pois, practicamente, todo o que sucedeu a nivel municipal dende a creación do, do, do concello do, do Corgo. Quero decir, ten libros e libros e libros feitos, manualmente, con unha letra gótica fantástica que Eladio Bernabé pois citaba no seu poema, no? Que son libros de admirar, e que ese, bueno, parte dese patrimonio está,á,á está xa escaneado e,e,e e teno o Concello, digamos, a disposición de investigadores, quero decir que (...)
Despois, Suso, podríanos contar? Porque Suso é o pai tamén do, do actual escudo do concello. Poderíasnos contar, sí un pouquiño,o,o algo do escudo,o,o? Algunha anédota,a,a.
Jesús Abuín Arias: Pois, fixéronse (Incomprensíbel) porque ningún, non foran aprobados. E, e entonces, díxome o alcalde de facer un (Incomprensíbel) a ver tuven que, (Incomprensíbel) fixen dous; un tampouco foi aprobado porque eran cuatro, estaban en cuatro cuarteles pero despois fixen outro que é un solo cuartel que, e, e ten unha, unha, unha cousa, unha, no centro, donde ten posto unha raia nunha, nun (Incomprensíbel) onde ten unha catro escudos, hai catro (...)
Mario Outeiro: Catro castelos. Catro torres.
Jesús Abuín Arias: I o resto é de, é, ten unha, é a cousa de,e,e azur.
Mario Outeiro: É un ondulado de azur.
Jesús Abuín Arias: Porque, de azur porque os Valcárcel eran cinco estacas con, con un, en, en, en campo de, en campo de azur. I, entón, eu collín así azur (Incomprensíbel) aprobárono, e foi cando xa se fixo máis, máis, máis moderno (Incomprensíbel)
Mario Outeiro: (Incomprensíbel) Que é o pai do actual escudo, e houbo varias propostas quero decir, supoño que aí haberá tamén moitas anédotas, propostas que ao final non saíron adiante até que saíu adiante pos o, a proposta que hoxe (...)
Jesús Abuín Arias: Pero (Incomprensíbel) fixo outra propuesta, e tampouco lla aprobaron pero (Incomprensíbel) é un home mui, mui inteligente (Incomprensíbel) pois tampouco lla aprobaron. E despois houbo máis, e despois fixen eu unha e tampouco ma aprobaron. E despois a última foi cando (...)
Marco Outeiro: Cando saíu adiante a proposta.
Jesús Abuín Arias: E non ten casi (flor) ningunha. Namais ten, ten un campo en, en ondas, azur e blanca, e entonces ten aquela na, na, no medio ten (...)
Mario Outeiro: Unha franxa (...)
Jesús Abuín Arias: Unha franxa (...)
Mario Outeiro: Vermella onde están os catro castelos.
Jesús Abuín Arias: Os cuatro castelos. (Eso é o que aprobaron)
Mario Outeiro: Esa franxa que simboliza, un pouco, tamén a vía romana i ese pasado camiñeiro do Corgo.
Agora non sei esplicar porque non m'acordo de nada deso. (Incomprensíbel) xa perdín toda, toda a memoria e perdín (...)
Mario Outeiro: Bueno pero a memoria, a memoria está na súa casa, quero decir, un entra,a,a alí i o, a súa casa é un verdadeiro arquivo, é decir, i é inconmensurable.
E, Lois que tamén, pos eso, está tratando de, de que ese patrimonio poi,i,is saia á luz, e,e,e practicamente, eres tamén o pai deste Adiviñanceiro tradicional do Corgo. Tu fuches recollendo adiviñas.
Jesús Abuín Arias: (Incomprensíbel)
Mario Outeiro: Pero,o,o centos de, de adiviñas que, que (...)
Jesús Abuín Arias: E máis que teño porque non, non se publicaron todas, pero (...)
Interveniente: Eu non sei se entraches alí que ten un estuche feito por el, tamén, e un (Incomprensíbel) que ten, así, pequeno, onde ten os seus (linajes).
Mario Outeiro: Si, porque os papeles non están por alí ciscados, eh! Están ben encadernados, en coiro, e son eso, orixinales con, con esa letra gótica,a,a fantástica que, que só certas certas persoa,a,as como Suso pos poden, poden facer.
Interveniente: I os libros que escribiu todos, encuadernounos el todos.
Mario Outeiro: Encuadernados por el
Interveniente: Todo, como se fora...
Jesús Abuín Arias: Son, creo, quince libros. Teño.
Mario Outeiro: Quince libros.
Antonio Reigosa: Quince. Bueno, está claro que,e,e os títulos de Cronista e Fillo Predilecto tenos ben merecidos. Eh?
Jesús Abuín Arias: Non, que va! Non, non, que va!
Mario Outeiro: É humilde como ben vos dixen antes.
Antonio Reigosa: É humilde menos nunha cousa. Dice: "Teño noventa anos. Bueno, casi."
Jesús Abuín Arias: Casi.
Antonio Reigosa: Casi.
((Risas))
Antonio Reigosa: Pero,o,o cúmpreos a final de ano, me parece. É dicir, realmente, tenos que máis dá, que máis dá.
Pero,o,o en fin, eu creo que así se constrúe a historia, a nosa, a que máis nos interesa, non a que nos contan desde as grandes plataformas que normalmente vén falseada, a local, a das nosas casas, a dos nosos veciños pa eso son as polafías, pra pasalo ben e pra aprender da nosa contorna e, sobre todo, pa coñecer aquelas persoas que fan posible que saibamos o que sabemos gracias a eles; e logo veñen os do Centro de Estudos do Corgo e publican unha revista; vén o,o,o neste caso, Lois Ladra e,e,e no Proxecto Corgoral trata de,e,e reunir a información precisa pra que estes nenos que agoran están no colexio a reciban; e xente que non sei si é unha enfermidade ou non, como Lolo que xunta todo aquelo que lle parece que ten sentido e que ten vida a pesar de que veña do pasado.
Autor/a da transcrición: e~xenio