
Lugo, 1956. Ceramista. Veciño de Anseán. Coñecido popularmente como Lolo da Vila. Posúe unha importante colección de olaría tradicional e doutras moitas pezas singulares de interese etnográfico.
Grande coñecedor do territorio e do patrimonio cultural municipal.
Antonio Reigosa: Eu simplemente,e,e decirvos aquí hai obra de,e,e Lolo, este prato e,e,e por encima da,a,as estanterías dos libros hai algunhas pezas máis que agora non se ve moi ben, outro prato alí ao fondo. E supoño que son unha pi/ bueno, son unha mostra, unha pequenísima mostra de, do traballo de artista de Lolo. Pero Lolo, (que despois eu) doulle a palabra a el e que fíe por onde queira e como queira, ademais é un colecionista, se se pode chamar así, de olaría tradicional, é decir, polo que a min me dixeron tes unha coleción importante en número de pezas e de procedencias de olaría tradicional. Tu empeza pola parte que queiras e acaba pola outra i,i,i moitas gracias por estar aquí.
Manuel Férnandez López "Lolo da Vila": Gracias. Bueno, a min, a min me chamou Lois para falar do meu, vamos (Incomprensíbel) da miña obra. Vamos a ver, a miña obra, bueno, o que teis aí i,i,i bueno, eu traía unha peza que, bueno, son as pezas que eu fago. Pero, vamos, eu non teño interés de falar, digamos, das miñas pezas hoxe. É decir, bueno, que as miñas pezas, inda, supoño son veño, pero aínda teño tempo para falar delas.
Eu a, o que teño, o que teño interés é, digamos, de falar da alfarería tradicional. Eu, eu en principio non me considero alfareiro; bueno, algúns por aí che poñen que eres alfareiro, que eu alfareiro non me considero porque eu, vamos, as pezas que eu fago non teñen unha tradición, quero decir, aquí non hai tradición alfareira nin no meu pobo nin na miña familia nin no concello do Corgo que eu sepa, non hai tradición alfareira. Eu fago pezas de ispiración personal, pezas sen utilidade, digamos, aparente, é decir, a contemplación, a belleza, bueno, pero digamos que non teñen utilidá.
A min me interesa falar, digamos, da alfarería tradicional; alfarería tradicional, quero decir, esto se facía en centros alfareiros, en moitos centros alfareiros que se facía por Galicia e por toda a península e por todo o mundo. Non? Quero dicir. I estas pezas, eran pezas que tiñan unha utilidade quero decir, que foron usadas quero decir, no caso da ola, unha ola, esto é unha ola de Bonxe, quero decir, que seguramente foi muitas veces á fonte a buscar a auga; é decir, estas pezas facíanas os alfareiros ca terra que sacaban alí, no, no, ao lado do, do, do obradoiro, facían estas pezas; estas pezas se cocían i logo, digamos que, se empleaban no uso cotidiano. Estas pezas tuveron utilidá durante muito tempo, (quero decir), i hoxe estas pezas están en desuso, o plástico, outros materiales, digamos, foron facendo que esto desaparecera. Entonces eu me, me interesa especialmente datar estas pezas; eu non sei, vamos, non sei donde estará, teño unha colección, ao mellor, de tres ou catro mil pezas (Incomprensíbel) de pezas que fun encontrando, comprando nos anticuarios, conseguindo ao mellor nun contenedor da basura de xente que a tiña chea de grasa e que a iba tirar. I, entonces, bueno, para min esto é patrimonio material. Entonces, creo, creo que é neste, neste sitio me parece que é conveniente reinvindicar esto.
Esto é cultura, quero decir, estas pezas, eu non sei si, si a maneira que as teño eu, amontonadas alí pois é (...) Pero, quero decir, aparte de, de amalas profundamente, quero decir, teñen, eu teño un traballo de, de investigación; buscas, encontras unha peza, quero decir, quero saber a que centro alfareiro pertenecía, quero decir, o uso que tiña cada peza. I eso ten un traballo importante de, detrás de todo esto. Non? I bueno, quero decir, neste caso, aquí, digamos, no contesto de, do Corgo, maiormente a alfarería que viña aquí era a alfarería que se facía en Bonxe, máis ben era das alfarerías da Terra Chá, no entorno de Bonxe i, i de Mondoñedo, algo, pero moi pouco chegou aquí. É decir, algunha peza de Gundivós que viña aquí tamén pero maiormente eran pezas de Bonxe.
Estas pezas, quero decir, bueno, ves fotos antiguas de por san Froilán, na Mosquera se ven, se ven montós de, de, de fotos de, de pezas alí de olas que a xente compraban, que tiña que levar pa a súa casa pois para coller a auga, para todo esto. No?
Estas pezas, e,e,e vamos a ver, no siglo,o,o XIX, principios do XX, foron, digamos que atacadas ferozmente por unha alfarería que viña da zona de León. A zona, a alfarería que se facía en Jiménez de Jamuz, quero decir que a maioría das pezas que encontras nas casas son precisamente d'aí. Aquí a, a, a Lugo chegaban vagós cargados desas alfa/ desas pezas; eran unhas pezas de millor calidá, qu'eran unhas pezas millor vidriadas incluso millor decoradas, i todo eso fixo que alfarería que se facía en Bonxe que eran uns barros ao mellor máis porosos tiña máis dificultá. I, entonces, as pezas que empezaron a vir de Jiménez de Jamuz foron desplazando esa peza, i, i hoxe, digamos que en, en, na alfarería que hai na Terra Chá queda Pepa i, bueno, xa está desaparecendo. No? I, i quero decir, pero bueno antes de Pepa, quero decir, todo eso fixo, todo esto fixo que, que foran muitos alfareiros, o pai de Pepa mismo tuvo que emigrar i estar fóra porque claro non era rentable producir es/, producir esas pezas e facer i vivir, digamos, de, do traballo de alfareiro.
I, entonces, quero decir, o surtido de pezas que se facían é,é,é é grande, quero decir, esto é unha peza d'aquí de Galicia. Eu, bueno, me interesan as pezas en general. No? Quero decir, estas, este tipo de pezas, é decir, eu donde (maiormente) estou centrao ahora.
Este tipo de peza non sei si sabéis que utilidá ten esta peza? ((Intervén o público)) Un bebedeiro. Claro, esta é unha peza que se facía en barro, que se facían para beber as, os paxaros, as, as, as aves, os, os; esto se enchía de auga, quero decir, i eso, quero decir, a xente,e,e a xente nova pos non sabe para qu'é. Hoxe, incluso, hai modelos que imitan un pouco a estos, non? Quero decir que hai uns bebedeiros, i todo esto. Non?
I todo esto, quero decir, que se parecen. Esta peza aquí en Mondoñedo é un, en Mondoñedo fixéronse algunhas pezas de,e,e para bebedeiros e comedeiros para aves pero non é unha peza habitual. Estas pezas son da zona de, do Levante, quero decir, toda a zona de, de Valencia hasta Andalucía pois se facía este tipo de pezas para, porque,e,e o barro mantiña, mantiña a auga máis fresca que o plástico que todo esto. I entonces, bueno, pois eu teño a manía esta de, de comprar, de acumular, non sei, é decir, de ir, de ir buscando pezas e logo despois, bueno, facer un traballo de,e,e de ver a que centro alfareiro (...) porque tu comprar esto i, bueno, pois eu, eu, normalmente, póñolle unha etiquetiña donde vou, vou mi/ mirando (hai) pezas que non sabes a que centro alfareiro son, quero decir, para min é un dato importante. Saber onde se fixeron, a zona de distribución porque, claro, normalmente as pezas se facían, despois había que vendelas. É decir, normalmente, esceto, por ejemplo, o caso de Jiménez que falábamos antes, non? Normalmente, as pezas, o alfareiro ao millor xa era o que as levaba ás, ás feiras a vender e todo esto. Non? Pero había, ás veces, había outros canales de comercialización en donde as pezas pos se distribuían doutra maneira. I, entonces, bueno, pos todo eso a min me interesa i,i,i i eso é o que estou facendo.
Esto é alfarería; o que fago eu é cerámica. Non sei, non se si, si se sabe, vamos, a diferencia que hai. Non? Quero decir, estas pezas son feitas de barro rojo, un barro que aparece por aí ás veces nos camiños, un barro que está cocido a 1000 grados, 950 ou menos. O qu'eu fa/ o qu'eu fago é outra cousa, é decir, é outra cousa porque é un gres. Eu traballo a 1260 grados, 1280; traballo con esmaltes, é decir, aquí, a estas pezas normalmente se lle poñía un vidriau, unha cousa moi sencilla, estas pezas eran para usar pero aparte para usar, tiñan que ser baratas. Entonces, canto menos decoración, canto menos tempo invertira aquí o alfareiro en facer aquí filigranas, pintar e tal, é decir, o importante era que servira para eso, pa ter agua, nada máis. Entonces, estas pezas eran, pois eso, (Incomprensíbel) Algunhas pezas están mui decoradas, había pezas que as farían por encargo i entonces si que se traballaban i se facían máis, máis se, se invertía máis tempo nelas. I entonces, no meu caso, a min non me importa o tempo, eu invirto, invirto o tempo que me, invirto o tempo que teño porque me apetece, me gusta i distruto faigo estas cousas; facendo esto, as pezas que eu fago. I entonces, eu, vamos, para min eso é cerámica porque eso supón e,e,e un traballo de,e,e de investigación de esmaltes, eu os esmaltes prepároos eu cas terras i entonces, bueno, me (...) Eso ten un traballo constante de gasto de tempo no sentido de que tes que facer centos de pruebas, plaquiñas, tal; bueno, entonces, eso é outra cousa diferente. I,i,i i é no que estou embarcado i levo xa un montón de tempo, así, facendo estas cousas pero sobre todo fágoo porque disfruto.
Non o sei, non sei si,i,i eu creo en principio, e a idea de, de, de facer cerámica, no Corgo que eu sepa non hai naide que o fixera, entonces fago, digamos que o feito de facer esto eu creo que me vén da alfarería, quero decir, eu m'acordo que eu estuven (...) alguén o sonará, en Bemposta, na Ciudá dos Muchachos, bueno, cuando era (un circo) e todo aquelo; estivera alí dous anos, i eu m'acordo que alí había uns alfareiros qu'eran de Tioira. Interveniente: De Maceda e de Tioira (Incomprensíbel)
Manuel Férnandez López "Lolo da Vila": Os Carreira esta/ estaban alí; I,i,i me acordo que, que bueno, chamaba moito a atención como manexaban cun pouco de terra alí i levantaban o torno (...)
Interveniente: Teñen un museo ahora alí.
Manuel Férnandez López "Lolo da Vila": Si, un, un dos fillos. Si. Ten. Si.
I entonces, bueno, eu creo que, ben, me vén un pouco de aí, de ver a aquela xente alí, alí no, no obradoiro facendo estas cousas. No?
I despois, bueno, pos, eu dediqueime a outra cousa pero, bueno, i traballei noutra cousa, pero sempre, sempre estuven nunha faceta importante da miña vida, é dicir, ma levou a cerámica pero, bueno, empecei facendo tallas de pedra i en madeira e tal, no? Pero, pero bueno, pois,s,s. I entonces, bueno, eu quería, un pouco, rematar no sentido de que, bueno, eu empecei falando desto que non quería falar da miña (...) logo seguín falando do, do barro i, i ahora quero decir, claro, aquí, aquí non hai nada, o sea, que eu por exemplo, a min me gusta muito ir polo campo, é decir, nas leiras e recolle-los trozos de cerámica que hai, esos che dan unha idea de que tipo de pezas se facían porque eu, bueno (Incomprensébel) Non teño ningún, pero vamos, é decir, eu m'acordo que cando nas casas se rompi/ esto é unha cousa mui frágil, se rompe, entonces o normal é que os tiraran aí co esterco despois os, os trozos esos de, de unha ola, de unha cunca todo eso iba, digamos, ao, ao campo, iba á finca; entonces eu m'acorda de andar nas patacas i andar, i recoller; teño, bueno, non sei, cantidá de cubos, alí, con trociños desto, de, de trozos de cerámica que se, se utilizaron nas casas i eso che dá unha, digamos, unha información importante de que, de donde procedían as pezas. Quero decir, bueno, para unha persona Incomprensíbel) esto non dice nada, pero a min, porque o sabes e porque viches muitas pezas, é decir, eu, simplemente, con ver este trozo, vamos a ver, se é unha peza arqueológica xa non entramos aí, pero eu me refiero pezas que se, que se, que se utilizaron, pois non sei, fai cincuenta anos, sesenta anos nos centos alfareiros que hoxe hai. É decir, eu con un trozo de cerámica pois polo color do esmalte, polo color da terra te dás conta de que, de que centro alfareiro era. Entonces, bueno, pois, eu teño obsesión de ir, de ir recollendo todos estos, estos trozos de barro. I bueno, (Incomprensíbel) acumulando alí, i bueno, volve/ indo un pouco máis para atrás a única información qu'eu que, bueno aparte da, da, da, da cerámica dos castros pois eu tamén quería acabar un pouco comentando estas pezas. Estas pezas que bueno seguramente que o señor alcalde que aquí está, nos levou (aló) atrás a un forno que se chama o forno do Minixo, que el pode, ao millor, falar do forno de Minixo, i bueno, quero decir, aí eu non teño claro que aí houbera forno pero bueno, eso chamábase, chámase o forno do Minixo. Non? Entonces, digamos, que o único orixe, si é verdá eso, que aí había o forno, pois é unha información importante, é decir, i estas pezas, estas pezas, eu non anduven escavando alí, estas pezas [es]tán aí encima da terra. Non? Estos son restos dunha, de tégulas i de cousas así. Non? Quero decir que fóramos co, co alcalde que nos enseñara aquelo i trouxen eso. I entonces eu quería acabar nese, quero decir, aí, no forno do Minixo que está ai en san Bartolomé de Chamoso. Non?
Interveniente: A,a,a está ao lado da Vía XIX que era, non, non por donde está marcada, é da auténtica que bueno hai trozos que aínda está hoxe en día, (e) sobre uns once metros de ancho que non sei ahora ao ter a N-VI antes de darche (Incomprensíbel) no 72, entonces aí pois eu oía que pois había cerámicas, restos de barro i tal, i vamos que a simple vista pois apareceron, aparecen esas, esas pezas. I un día alí con, con Colmenero pois apuntou que, que bueno seguramente pois d´aí iba a tella pa Lugo; máis ben esos son restos de tella que iba a tella pa,a,a sería un sitio que está na (Incomprensíbel) do concello Lugo, i entonces que seguramente p'aí pois era a,a,a a tella que era cocida aí e levaríana pa Lugo.
Manuel Férnandez López "Lolo da Vila": Pa Lugo. Si. Si porque a tégula digamos que é unha, é un complemento de cubrición, o sea, a tégula despois está o ímbrice que cubriría eso. Non? É decir, i aí aparece (...)
Ahora, a min o que me parece interesante (...)
Interveniente: Eso (...)
Manuel Férnandez López "Lolo da Vila": Digamos que profundizar un pouco si aí había un forno. Si, quero decir, que si había un forno, quero decir, bueno, sería un elemento do cal podíamos partir para, para ter algo de referencia no concello do Corgo de que se facía algo de barro porque bueno...
Interveniente: Eso está claro que si,i,i a Vía XIX si se acabou no ano 11 ((d.C.)), pois claro estaremos falando de que eso, pois,s,s foi hai 2000 anos cando a,a,a existiría pois aí esas (...)
Manuel Férnandez López "Lolo da Vila": Claro, claro.
Interveniente: Esa cerámica ou (...). Ese tipo de material, barro, haino así na zona.
Manuel Férnandez López "Lolo da Vila": Si, bueno, esto aparece nos castros, incluso (Incomprensíbel) é decir, pero vamos, eu quería facer unha referencia especial ao forno ese do Mirixo.
Interveniente: Ao lado deso hai un castro celta (...)
Manuel Férnandez López "Lolo da Vila": Si, si.
Interveniente: Que tamén (vímolo) Mario e, bueno, incluso o Lois i tu, pois me parece que é un castro que está tamén moi ben conservao.
Manuel Férnandez López "Lolo da Vila": Si, si, si. Si. Bueno, non sei se, se teño algo máis que decir ou que?
((Aplausos))
Eu quería, eu, eu quería acabar porque xa que falamos de patrimonio inmaterial, eu quería, tíñalle aquí unha cousa preparada,a,a a Lois pero, vamos, non sei se é unha cousa original ou non, é decir, pero bueno. Eu recollín aquí unha hestoriña, vamos unha historia, quero decir que é un, que é un, é un refrán, o sea que, i o refrán fai, fai referencia aí a uns lugares das parroquias de, de Marei e de,e,e...
Entonces, bueno, é un refrán así corto que dice:
Lago e Laguiño
Coedo e Mariño
San Simón e Samprizón
seis lugarciños son.
Vamos a ver, aquí hai outra que non a vou a ler porque ao millor molesto a alguien pero,o,o fala desto mismo pero,o,o doutra maneira, acaba doutra maneira. Entonces, bueno, é decir, era simplemente para aportar o meu grao de area para bueno, pos, o patrimonio inmaterial. (Incomprensíbel) Eh? Bueno, é igual, é igual pero bueno, eu, eu é o que escoitei, eu non o inventei nin nada de nada. (Incomprensíbel) Claro. Dice:
Marei e Mariño,
Lago e Laguiño,
Coedo, san Simón e Samprizón
os sete pobos da fame son.
Antonio Reigosa: Non é grave.
Manuel Férnandez López "Lolo da Vila": Pois nada máis.
Antonio Reigosa: Bueno, moitísimas grazas.
Manuel Férnandez López "Lolo da Vila": Manuel Férnandez López "Lolo da Vila": Si tedes, si tedes algunha peza de barro, non a tiréis á basura; tampouco a poñais cunha planta alí,í,í fóra porque eso se deteriora, mellor ir a Maside que eu nunca (...) fágolle publicidá a Maside. Eu, si tedes algo, incluso vou a Maside, cómprovos un tiesto, e poñedes a planta alí.