Bueno, o Proxecto Corgoral é unha iniciativa cultural do Concello do Corgo que foi aprobada en asamblea pola totalidade dos grupos con representación política e,e,e consiste basicamente e,e,e na tentativa de recoller todo o que ten que ver ca literatura popular de tradición oral no ámbito municipal. E,e,e o certo é que esto comezou en plena pandemia, se cadra non era o mellor momento para facer este tipo de recollas, pero bueno, e,e,e conseguimos artellar protocolos de colaboración cos centros de ensino, i a través do alumnado pos comezamos a facer as recollas no ámbito doméstico e,e,e con carácter interxeracional. Entón, e,e,e neste pouco máis que un ano e pico que levamos andando, conseguimos e,e,e recoller o adiviñanceiro tradicional do Corgo que xa o publicamos, i nestes momentos entregamos, acabamos de entregar ao prelo o,o,o refraneiro tradicional. Tamén estamos recollendo todo o que ten que ver cos contos, as lendas, a microtoponimia etcétera, etcétera. Reeditamos un traballo clásico sobre a toponimia do Corgo, explicando a orixe i os significados dos nomes das terras. E,e,e outra das liñas de traballo en colaboración ca diócese de Lugo é a recolla da, da arte relixiosa popular e o estudo das romarías, das procesións. Tamén estamos rexistrando e,e,e documentación gráfica antiga, documentación fotográfica en colecións e algúns particulares. Tamén fixemos protocolos de colaboración con intituciós e,e,e de prestixio como o Museo do Pobo Galego, ou a Real Academia Galega e,e,e con troca de arquivos i de fondos etcétera, etcétera.
I, bueno, o certo é que, pouco a pouco, vamos consolidando unha certa programación cultural aquí no concello do Corgo, e,e,e un dos resultados, tamén, bastante interesantes que ten o proxecto foi a constitución dun, bueno, dun, dun punto de atención á lectura e,e,e con unha bliblioteca que pouco a pouco estamos conformando coas doazós dos particulares i das instituciós, e nestes momentos superamos os 3000 volumes. I, e,e,e bueno, digamos que basicamente e,e,e o noso traballo consiste en facer entrevistas e gravaciós en soporte audio (e) vídeo e,e,e de todo aquelo que ten que ver tanto ca historia local como coas tradiciós do, do Corgo.
Autor/a da transcrición: e~xenio