Roberto Besteiro Doval: Boas tardes a todos e a todas. E,e,e como ben dice Mario hoxe en día son o,o,o o presidente da asociación por, levo,o,o como dice meu pai, meu pai era o anterior presidente entonces é un cargo familiar, practicamente, o relevo.
A asociación naceu no ano,o,o 2002, a/ anteriormente era unha actividade estraescolar do colexio, e un pouquiño para,a,a intentar darlle continuidade a esa actividade pois fundaron o que é,é,é hoxe en día a Legua Dereita. Daquela eramos todos, pois nenos do,o,o colexio do Corgo de,e,e 10 anos, 12 anos, moitos daqueles que empezamos, seguimos hoxe en día, na diretiva dando relevo aos nosos pais e,e,e a función da asociación é, un pouquiño, dar a coñecer o,o,o a música e o baile tradicional de Galicia e,e,e á xente do Corgo e dos arredores, e as actividades principais son de música e baile tradicional como moitísimas outras entidades asociativas da, de Galicia e,e,e si que nos últimos anos como ben dixo Mario, pois, intentamos un pouquiño tamén diversificar actividades, sempre en torno ao que é a,a,a a cultura tradicional, pois desde ofertar outro tipo de, que non sea solo como se nos conoce, vulgarmente, gaitas e,e,e e tambores, pois tamén outros cursos de acordeón, de guitarra pois ahora mismo gustaríanos, tamén, saxofón e clarinete, bueno, un pouquiño diversificar a oferta formativa de,e,e de música e despois, tamén, outra parte importante dos grupos, non os gusta que, non nos gusta chamarnos grupos folclóricos por o, pola, por ese matiz negativo que vén de, da Sección Femenina, pero si que somos grupos folclóricos. E o que é a vestimenta tradicional, si que nestes últimos meses estamos dando, intentando dar un paso máis adiante en recoller o que é a,a,a a vestimenta que se garda aínda nas, nas huchas das casas, cada vez menos porque cando refacemos a casa pos esa roupa normalmente vai para, vai para o lume ou vai para, para a basura.
Entonces, si que é un proxecto que ultimamente estamos con moita ilusión porque parécenos que é algo, bueno, falo a nivel personal, parecíanos algo que xa non habría nada no concello pero daste cuenta que, ao final, o teu veciño pos,s,s ten unha peza impresionante que moitos, moitas entidades gustaríalles ter, pos o veciño da outra porta pos tamén ten algo, bueno, pois ao mellor non tan excepcional pero que ten un valor etnolóxico tamén excepcional e,e,e e intentamos pos recoller esa, ese patrimonio.
En canto ao patrimonio,o,o musical e de baile do concello si que, lamentablemente, non hai practicamente nada recollido; as recollidas, pos, empezaron alá polos anos 80, bueno, xente desinteresadamente iba polos pobos e polas cidades recollendo a, a,a,a persoas maiores. O concello do Corgo está un pouquiño entre dúas augas, está entre a cidade e o, e a montaña, entonces, as recollidas, sinceramente, empezaron nas cidades nos grupos folclóricos, os Montes de Lugo e,e,e bueno, grupos dese estilo. Despois os compiladores déronse conta que na montaña, pos na Fonsagrada e Cervantes, había e hai un patrimonio brutal, entonces deuse ese salto de, de cidade a montaña, i os concellos un pouco periféricos fumos quedando un pouquiño,o,o no olvido, e,e,e e así é que no Corgo non hai practicamente nada recollido.
Lois, entre Lois e,e,e e nós estuvemos intentando rescatar que houbese algunha compilación (dalgún ano) pero moi pouquiño hai. E,e,e i así está sendo o noso traballo hoxe. Centrámonos moito no, nos, na xente nova sin esquecernos do, da xente máis adulta que tamén ten dereito a, pero si que nos gusta,a,a centrar a actividade na, na xente moza.
E un pouquiño é así o resumen do, do que somos e do que facemos.
Antonio Reigosa: Seguramente si se intentara recoller inda se podía con máis dificultade (...)
Roberto Besteiro Doval: Si.
Antonio Reigosa: E tempo.
Roberto Besteiro Doval: De feito, volvemos ao que comentaba antes. Cando eu tiña,a,a 16 anos, 20 anos, decías, bueno, no Corgo xa non hai nada.
Antonio Reigosa: Xa.
Roberto Besteiro Doval: Hai catro ou cinco anos falaba con xente de,e,e 100 anos decíame: Pois si, nas ruadas! Que, bueno, polafía nesta zona o nombre equivalente sería as ruadas. -Si que se bailaba o solto e,e,e. Me cago na hostia! Trinta anos tarde chego pero na memoria si que hai o,o,o bueno.
Antonio Reigosa: Nunca é tarde de todo pero si que claro, máis opciós había aí que hai 30 anos, claro.
Roberto Besteiro Doval: Hoxee,e,e de músicos non temos moitas referencias, si que Lois conseguiu,u,u ter unha referencia dun clarinetista que Pablo creo, bueno, non me, non me vou tirar á piscina pero si que hai referencias dun clarinetista,a,a d'aquí do concello. Si que algún tamborileiro que acompañaba a gaiteiros da coma/ da comarca si que hai referencias pero bueno, pouco e cada vez menos. Por eso tamén da importancia de que o Proxecto Corgoral sexa xa. Cada ano é un ano que se perde moita memoria.
Antonio Reigosa: Pois non sei se queres comentar algo máis, se non agradecervos os vinte anos, polos menos, de mantemento da tradición aínda que non houbera traballo de campo nin de recollida pero mantedes vivo o que é o,o,o a música e o baile tradicional.
Roberto Besteiro Doval: Si.
Antonio Reigosa: Eso é importante.
Roberto Besteiro Doval: Nestes últimos anos pos intentamos acotar tamén á provincia de Lugo, anteriormente pos tíñamos repertorio de toda, todo Galicia, ahora pos intentamos xa (...)
Antonio Reigosa: Centrarvos.
Roberto Besteiro Doval: Un pouquiño centrarnos no máis prósimo ao noso e,e,e e,e,e aí seguiremos dando batalla.
Antonio Reigosa: Moi ben. Pois moitísimas gracias.
Roberto Besteiro Doval: Gracias a vós.
Autor/a da transcrición: e~xenio