María Consuelo Vázquez Castro: Está composta tamén por socios o que pasa que os socios son, son socios que non aportan economicamente pero aportan a súa intelectualidade, que son os que escriben os artigos, ten tres ti/, catro tipo de socios: socios numerarios, primeiro, ten os socios arumes, a xunta directiva de Arumes en canto formen parte da xunta directiva, sempre, pertenecen a,a,a son socios arumes; logo ten socios numerarios, que eses pasan, eses son cando xa,a,a cando xa fan tres artigos que é cando pasan a ser socios numerarios, e logo os socios xuvenís que é toda a xente que ten menos de 18 anos. Pero o que aportan son, pois eso, os seus traballos, i a estrela do Centro de Estudos do Corgo, a estrela é a revista Corga. En realidade,e,e vamos, según os estatutos, a,a,a a intención era que saíra unha revista anual, a verdade é que hai un ano que non puido salir, bueno, polo que falábades antes tamén, estuvemos aí tres anos un pouco parados, despois do pasamento de Enrique Casanova, e,e,e e bueno, procuramos, ahora parece que estamos outra vez un pouquiño máis centrados para que vaia salindo, dicía que,e,e e,e,e como dicía Mario antes Arume foi o titor do Centro de Estudos do Corgo, estuvo sempre aí, o Centro sempre estuvo aí apoiado por Arumes, e,e,e levamos sacado oito números; neste momentos estase elaborando o,o,o a Corga número 9. E nada máis, o que pretendíamos, fundamentalmente o que pretendíamos era dinamizar a cultura do concello do Corgo, pensábamos que a cidadanía estaba, así, como un pouco apática de, en canto a ter actos culturais, e bueno donde puidera participar todo o mundo porque o Centro de Estudos do Corgo é unha entidade participativa, aberta inda que os artigos soen, bueno, adoitan ser relacionados co concello do Corgo ou ca súa contorna, pero bueno tamén admitimos artigos que teñan algo que ver co Corgo pero que tamén falen doutros concellos ou que (...) I, sobre todo, pois eso, investigar sobre o patrimonio material e inmaterial, sobre, bueno sobre a economía, xobre xeografía e historia, bueno sobre todos os eidos que se poidera. E,e,e bueno, máis ou menos era eso; promover diferentes estudos e, e divulgalos, sobre todo divulgalos. Dar a coñecer todo o patrimonio,o,o a riqueza patrimonial que ten este concello. Non sei que máis decir.
Mario Outeiro: Nada, que estas revistas que sacamos todo,o,os os,s,s ou bueno, practicamente, todos os anos que nun primeiro momento estaban financiadas pola área de cultura da Deputación de Lugo e que hoxe lle debemos ao Concello,o,o. Hai que darlle as grazas que, que financie a,a,a a edición das, das revistas.
María Consuelo Vázquez Castro: Si. Agradecer tamén a tódolos autores que levan escrito hasta o de agora porque todo o mundo é de forma desinteresada e, fundamentalmente, eso, á Diputación e ao Concello do Corgo por apoiarnos economicamente.
Autor/a da transcrición: e~xenio