Boa tarde. En primeiro lugar preséntome porque eu no son do Corgo, logo oín por aí que hai varios que tampouco son do Corgo, pero bueno, xa os iremos aclimatando.
Eu chámome Antonio Reigosa, estou aquí en representación da,a,a da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, da súa sección de Literatura Oral, e esta actividade que imos facer hoxe aquí, chámase: Polafía. É unha palabra que aínda non demos colocado no dicionario pero todo se andará. É un neoloxismo que pretende,e,e pois tomar da tradición o que vén sendo a cultura popular tradicional pero non como algo estanco, como algo ríxido senón como algo vivo e que debe perdurar e debe modernizarse e debe actualizarse e debe ter futuro. I a actividade consiste, fundamentalmente, en convidar a unha serie de veciños que están hoxe por aquí entre vós, e incluso os que non fostes convidados, pola razón que fose, tamén a participar si así o desexades, gravalos e, posteriormente, editar os vídeos que resulten na, no arquivo que temos na páxina web da asociación para poñer a disposición de todo o mundo libremente.
Dígovos que esta polafía, este proxecto empezou no ano 2007, i esta en concreto fai o número 40. Por tanto, en quince anos, fomos, fomos recorrendo o país de norte a sur, de este a oeste, desde o interior á costa, e neste momento, alí, pódense ver mil e pico vídeos de 39 lugares nos que fixemos algo parecido ao que imos facer agora no concello do Corgo.
En primeiro lugar, agradecer ao Concello, neste caso aquí está presente o señor alcalde, e agradecerlles que nos cedesen e que nos desen facilidades pra usar este local, este magnífico local, unha antiga escola rehabilitada e tamén agradecer a quen non pode estar agora aquí e que foi quen, realmente, levou o peso organizativo i os contactos con, practicamente, todos que ides intervir que foi, que é Lois Ladra. Un problema de saúde de última hora pois impídelle estar hoxe aquí como desexaba. Agora mesmo está sufrindo bastante máis por non poder estar aquí que polo problema de saúde que ten. Eso é seguro. E pra facer o papel de Lois que fará o de Mario porque é Mario Outeiro quen está e porque vos coñece a todos e porque é veciño de aquí pois entre os dous trataremos de levar adiante, e coa vosa axuda evidentemente, de levar adiante este acto, e de ir bueno, pois, sacando, aquí xa hai que se poñer malvado, sacando o mellor de vós, non? I el que vos coñece e sabe de que pé coxeades pois tiraravos, xa, das vergoñas e desas cousas que normalmente non se contan. Esto é broma. Eh! Eso é broma. Eso non é verdade.
E imos empezar xa! Temos unha serie de,e,e persoas e,e,e que van intervir. Se hai algúen que por algunha razón teña algunha présa ou algo que avise porque a metemos antes, aquí non hai guión, non hai nada ríxido, establecido, e se non pois iremos tirando ao noso criterio. E en primeiro lugar, a min o que me gustaría, á parte de que vos saúde Mario, evidentemente, é que o que ía facer Lois ao inicio do acto que era falar do motivo polo que facemos a polafía aquí que é o Proxecto Corgoral. Un proxecto que e,e,e promove o Concello do Corgo que consiste, fundamentalmente, na recollida e posterior investigación e divulgación da cultural popular en xeral, da literatura de tradición oral, da música, da, da fotografía, en fin, dunha serie de cousas, e bueno, eu creo que procede que,e,e que ti, Mario, nos conte/ contes brevemente o que leva andando o proxecto Corgoral porque ti estabas tamén na orixe da iniciativa no seu momento. Non? Creo, creo que, que é así.
Autor/a da transcrición: e~xenio